Braga
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Braga é das máis antigas cidades portuguesas e unha das cidades cristiás máis antigas do mundo occidental, fundada no tempo dos romanos como Bracara Augusta, conta con máis de 2000 anos de historia como cidade. Situada no Norte de Portugal, máis exactamente no Val do Cávado, Braga posúe cerca de 171.000 habitantes, sendo o centro da Grande Área Metropolitana do Miño (GAM), que conta con cerca 800 mil habitantes.