Bracara Augusta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bracara Augusta, é o nome romano da actual cidade de Braga, no Norte de Portugal, foi construída no lugar dun povoado indíxena anterior. A cidade romana foi fundada polo Emperador César Augusto cerca de 16 a.C., despois da pacificación definitiva da rexión. Durante o período dos Flavios, Bracara Augusta obtivo estatuto municipal e foi elevada a capital do conventus, tendo tido funcións administrativas sobre unha extensa rexión. A partir da reforma de Diocleciano pasou a ser capital da recén creada província da Gallaecia. No século V a cidade foi tomada polos invasores suevos, que a elevaron a capital do seu reino.
Son coñecidos da cidade romana restos de alguns edificios. Nas escavacións efectuadas no claustro do Seminario de Santiago encontrouse unha grande sala con resto de columnas, tendo no centro unha piscina decorada con mosaicos, que foi probabelmente parte dun balneario. Na área da Fonte do Ídolo, situada na actual Rúa do Raio, fora do antigo perímetro da cidade romana, tería existido um edificio religioso consagrado ao deus Tongoenabiagus.