Bugui
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pequeno vehículo automóbil, normalmente de propulsión eléctrica, que se utiliza no golf para desprazarse polo campo de xogo. É capaz de subir costas pinas, practicamente non estropea o terreo nin contamina e pode cargar con bastante peso. Nalgúns campos de golf poden alugarse e, ás veces, son réplicas de turismos clásicos. Debido a que o golf utiliza unha abundante terminoloxía en inglés en moitos idiomas, as súas denominacións están moi pouco asentadas e son moi variadas mesmo en ortografía (con u ou con oo, con g ou con gg, con y ou con ie), e este é o caso de bugui:
- portugués: buggy;
- castelán: buggy e máis raramente buggie;
- francés: voiturette, golfette;
- inglés: buggy, boogy, golf cart, cart, golf car;
- alemán: Golfmobil, Clubcar, Golfcar, Cart;
- neerlandés: handicart, golfbuggy;
- polaco: wózek golfowy;
Non debe confundirse con bogey, que no golf é a situación que se dá cando se queda a un golpe sobre par (cando se gasta un golpe máis có marcado para ese percorrido).
Termo técnico sancionado |
Este termo foi proposto provisionalmente por Termigal o día 19 de xullo de 2006 |
Tecnolecto: Deporte |
Categoría gramatical: s.m. |