Termigal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Termigal é o organismo encargado da coordinación xeral das actividades terminolóxicas relativas á lingua galega, de promover e levar a cabo a elaboración de recursos terminolóxicos e de garanti-la súa dispoñibilidade, e de promove-lo desenvolvemento de produtos de enxeñaría lingüística en que a terminoloxía teña unha especial incidencia [1]. Foi creado en 1997 mediante un convenio asinado entre a RAG (coma autoridade académica encargada da normativización da lingua galega) e a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (coma organismo competente en materia de política lingüística). Actualmente está estabelecido coma un proxecto do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP) e dentro do Seminario de Lexicografía da RAG, centrándose en establecer a terminoloxía técnica en galego. Na actualidade está coordinado por Manuel González González e nel traballan ata catro bolseiros que xestionan os seguintes servizos:
- con apoio exterior, desenvolven terminoloxía específica e sistemática para determinadas áreas de especialidade, con proxectos a longo prazo moi amplos e variados (hostelaría, mundo empresarial, botánica, oficios e profesións, automoción, música);
- resolución de consultas realizadas por teléfono ou mediante o correo electrónico, principalmente procedentes de tradutores, terminólogos ou servizos de normalización lingüística.
O seu enderezo é o mesmo có do CIRP, o correo electrónico é termigal(arroba)cirp.es e o teléfono de consultas é 981542653.
Índice |
[editar] Publicacións
Conta xa con varias publicacións, agrupadas nunha colección numerada que consiste nos seguintes volumes:
- Victorino Gutiérrez Aller (1998) Formulario notarial. Santiago de Compostela: Termigal, CIRP-Xunta de Galicia. ISBN 8445322826
- Xoaquín Monteagudo Romero (1998) Regulamentos municipais. Santiago de Compostela: Termigal, CIRP-Xunta de Galicia. ISBN 8445323784
- Fernando Lahuerta Mouriño & Francisco X. Vázquez Álvarez & Xosé L. Rodríguez Villanueva (2002) Vocabulario multilingüe de acuicultura Santiago de Compostela: Termigal, CIRP-Xunta de Galicia. ISBN 844533316X
- Fernando Lahuerta Mouriño & Francisco X. Vázquez Álvarez (2000) Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos Santiago de Compostela: Termigal, CIRP-Xunta de Galicia. ISBN 8445329138
- Edith Pazó Fernández (2005) Dicionario galego de televisión. Santiago de Compostela: Termigal, CIRP-Xunta de Galicia. ISBN 844534062X
Previamente xa existían publicacións sen estar adscritas específicamente ó Termigal, entre as que destaca:
- Pedro Benavente Jareño (1995) Guía de alimentación. CIRP-Xunta de Galicia. ISBN 8445313010
[editar] Termigal e a Galipedia
Na galipedia, os termos propostos provisionalmente por Termigal están marcados con esta caixa:
Termo técnico sancionado |
Este termo foi proposto provisionalmente por Termigal o día + a data na que se propuxo |
Tecnolecto: a área á que pertence ó termo |
Categoría gramatical: categoría gramatical do termo en cuestión |
Debe terse en conta que estas declaracións son provisionais e poden modificarse ó longo do tempo, ata que pasen pola validación definitiva dunha comisión oficial de terminólogos e sexa autorizada pola RAG e o ILG.
[editar] Véxase tamén
- Didáctica, Metodoloxía e Materiais
- Terminoloxía
- Normativización lingüística
- Normalización lingüística
- Planificación lingüística
- Lingua galega
- Normativa
[editar] Notas
- ↑ Folleto de publicidade do propio Termigal