Caló
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O caló é unha xerga propia dos xitanos de España, combina o léxico da lingua romaní, de orixe indoirania moi evolucionada debido aos costumes nómades do pobo roma, e a gramática do castelán. En Galicia seguen con este hábito (ao que se lle adoita chamar "xermanía") e parte do seu léxico chegou ao do galego.