Cal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outros significados de cal, vexa cal (homónimos)
A cal, ou hidróxido de calcio, é unha substancia branca, pulverizada, obtida através da calcinación de rochas calcarias, submetidas a altas temperaturas en fornos de cal.
Normalmente utilizada na industria da construción civil para elaboración das argamasas con que se erguen as paredes e muros e tamén na pintura, a cal tamén ten emprego na industria cerámica, siderúrxica (obtención do ferro) e farmacêutica como axente branqueador ou desodorizador.
[editar] Obtención
O calcario, depois de extraído, seleccionado e moído, é submetido a elevadas temperaturas en fornos industriais nun proceso coñecido como calcinación, que dá orixe ao CaO (óxido de cálcio: cal) e CO2 (gas carbónico). A equación química desa calcinación fica así:
CaCO3 + Calor ▬► CaO + CO2
Para esa reacción ocorrer á temperatura do forno da caieira (industria produtora de cal) debe ser de, no mínimo, 850°C, mais a eficiencia total da calcinación dase á temperatura de 900° a 1000°C. Esa temperatura é garantida pola queima dun combustíbel, que pode ser leña (gasoxenio), aceite combustíbel, gas natural, gas de coqueira, carbón e material reciclado.
Para a obtención da cal hidratada é necesario promover a reacción da cal virxe con auga. As reaccións que levan á obtención da cal hidratada son representadas na Química por expresións que usan os símbolos H (hidróxeno), O (osíxeno), Ca (calcio) e Mg (magnesio).
[editar] Usos
Unha boa argamasa, alén de ser dosada, debe estar composta por materiais de boa calidade. Tradicionalmente, sempre se utilizou a cal como un dos constituintes das argamasas. Actualmente, coo uso de aditivos cada vez máis difundido, a cal ten sido abandonada en moitos casos. No entanto, sábese que esa práctica afecta a durabilidade de revestimento, como xa observado nalgúns países da Europa, como por exemplo a Francia, que ten a cal como un dos varios constituintes das argamasas.
No estado fresco, a cal propicia maior plasticidade á argamasa, permitindo mellor traballabilidade e, consecuentemente, maior produtividade na execución do revestimento. Outra propriedade no estado fresco é a retención de auga, importante no desempeño da argamasa, relativo ao sistema alvenaría/revestimento, por non permitir a succión excessiva de auga pola alvenaría.
No estado endurecido, a cal apresenta a capacidade de absorver deformacións devido ao seu módulo de deformación. Esta propiedade é de extrema importancia no desempeño da argamasa, que debe acompañar as movimentacións da estrutura. A cal posibilita a diminuición da retracción, xerando menor variación dimensional, alén de carbonatar lentamente ao longo do tempo, tamponando eventuais fisuras ocorridas no endurecimento, no caso de argamasa mista.