New Immissions/Updates:
boundless - educate - edutalab - empatico - es-ebooks - es16 - fr16 - fsfiles - hesperian - solidaria - wikipediaforschools
- wikipediaforschoolses - wikipediaforschoolsfr - wikipediaforschoolspt - worldmap -

See also: Liber Liber - Libro Parlato - Liber Musica  - Manuzio -  Liber Liber ISO Files - Alphabetical Order - Multivolume ZIP Complete Archive - PDF Files - OGG Music Files -

PROJECT GUTENBERG HTML: Volume I - Volume II - Volume III - Volume IV - Volume V - Volume VI - Volume VII - Volume VIII - Volume IX

Ascolta ""Volevo solo fare un audiolibro"" su Spreaker.
CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Camilo José Cela - Wikipedia

Camilo José Cela

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Escritor galego de grande renome internacional. Escribiu en castelán algunhas das obras canónicas da literatura de posguerra (La colmena, Mazurca para dos muertos e La familia de Pascual Duarte) e recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1989.

Índice

[editar] Primeiros anos

Camilo Xosé Cela Trulock
Camilo Xosé Cela Trulock

Naceu o 11 de maio de 1916 en Iria Flavia (Padrón), na provincia da Coruña, era o primoxénito da familia Cela Trulock, e recibe o bautizo cos nomes de Camilo José Manuel Juan Ramón Francisco de Jerónimo na Colexiata de Santa María a Maior de Adina.
En 1925 a familia Cela Trulock instalouse en Madrid, donde fora destinado seu pai. Camilo José asiste ao colexio dos esculapios de Porlier. Entre os anos 1931/1932 ingresou varias veces no hospital das Navas (Guadarrama) a causa dunha tuberculose pulmonar, empregou eses períodos de repouso na lectura da obra completa de José Ortega y Gasset e as colección completas dos clásicos españois de Rivadeneira, Cervantes e Quevedo.
En 1933 Cela concliu os seus estudos secundarios.

  • 1934: Inicia a carreira de Medicina na Universidade Complutense, pero moi pronto descoida estes estudos para asistir, na nova Facultade de Filosofía e Letras, as clases de Literatura española contemporánea de Pedro Salinas, a quen confía os seus primeiros poemas. Alí faise amigo do escritor e filólogo Alonso Zamora Vicente. Tamén establece amizade con Miguel Hernández e María Zambrano, en cuxa casa da Praza do Conde de Baraxas coñece en tertulia a Max Aub e outros escritores e intelectuais.

[editar] 1936-1950

Entre os anos 1936/1939: Estoupa a guerra civil e Madrid é asediada. O escritor, integrado no exército nacional, foi ferido no fronte e hospitalizado. Dentro do ano 1936 anuncia nun xornal arxentino (A Plata) a sua novela de poesía Pisando la dudosa luz del día (que se publicaría no 1945). Tamén anos despois rexeitou a dictadura de Franco e mantivo unha actitude independente e provocativa.

  • 1940: Cela estudia dereito en Madrid. Empieza a publicar en España, entre elas unha hoxe desaparecida Biografía popular de San Juan de la Cruz que firma co seudónimo de "Matilde Verdú" e o artigo titulado Fotografías de la Pardo Bazán, que aparece no número 25 da revista Y no febreiro de ese ano. Comenza os estudios de dereito en Madrid, os cales non concluirá.
  • 1942: En xaneiro conclue La familia de Pascual Duarte (unha dura historia ambientada nun pequeno pobo extremeño: reflicte o mundo popular e campesiño e a uns seres primitivos, de instintos primarios e grandes paixóns, onde destacan o odio e a violencia) que logrou fuxir da censura. Escrita cunha prosa desgarrada e crúa, foi todo un acontecemento e deu lugar mesmo a unha corrente, coñecida como «tremendismo». Sen embargo, o autor non seguiu o camiño por él marcado. Cóstalle moito encontrar un editor, tarefa na que conta co alento e a axuda do seu amigo José María de Cossío, ó que Cela lle fará regalo do manuscrito. A finais de ano a obra é editada por Aldecoa en Burgos. Pío Baroja, que xa non quixo meter o seu prólogo, asustado por mor do como se poderia poñer-lo asunto, declara no xornal "El español" de 2 de xaneiro de 1943 que é unha novela moi boa.
  • 1943: Co éxito da familia de Pascual Duarte, as revistas literarias do momento, entre elas "El español" e "La estafeta literaria", aplauden a obra. Non obstante, é obxecto de efectivos ataques por parte de "Ecclesia", portavoz da Xerarquía católica. Isto provoca que a segunda edición, sexa prohibida en novembro. Cela deixa os seus estudos de Dereito e o seu emprego para dedicarse por completo á literatura. Fruto disto sae Pabellón de reposo (que saira publicada no folletin "El Español"), novela que fala sobre a vida solitaria dos tuberculosos internados nos lazaretos.
  • 1944: O 12 de marzo, Camilo Xosé Cela casa con María do Rosario Conde Picavea, (Charo), quen morrerá o 8 de febreiro do ano 2003. Segue escribindo e publica outra novela: Nuevas andanzas y desventuras de Lazarillo de Tormes (que se publica no semanario "A Xuventude"); nun intento de actualizar o xénero picaresco que non tivo moito éxito.
  • 1945: Non podendo facelo en España, a terceira edición da familia de Pascual Duarte editase en Bos Aires. Tamén publica, como prometera no ano 1936, a novela de poesia "Pisando la dudosa luz del día" na que se denota a influencia de Rafael Alberti e Pablo Neruda e na cal manifesta unha tendencia surrealista de fondo que mantivo o longo da súa obra. A esta séguelle o seguinte libro de poesias: "El monasterio y las palabras". Tamén neste ano publica o conto "Esas nubes que pasan" e o artigo "Mesa revuelta". Cela, visto o resultado das súas publicacións, comenza a escribir en Madrid La colmena (na que se espallará o longo de case tres dias sobre 296 personaxes imaxinarios e 50 reais, enfocándoos un a un dende varios ángulos nunha época da posguerra no café de dona Rosa).
  • 1946: O 17 de xaneiro nace o único fillo do matrimonio Cela Conde, Camilo Xosé. Entre o 6 e o 15 de xuño, o escritor viaxa a Alcarria, na compaña do fotógrafo Karl Wlasak e Conchita Stichaner. Cela escribe neste ano un guión para o cine: Consultaré a míster Brown.

1947: Ve a luz "El bonito crimen del carabinero y otras invenciones, engaños y ofuscaciones". Admirador e, en parte debedor, de Pío Baroja, no 1946 decidiu facer a aventura paisaxística da Xeración do 98 e empezou a percorrer a pé paisaxes de Castela, experiencia que materializaría en varios libros de viaxes. Cela expón a sua pintura na galería Clan de Madrid e logo na sala coruñesa de Lino Pérez.

  • 1948: Cela publica en Madrid a Viaje a la Alcarria (libro do xénero dos libros de viaxes). Cela é o viaxeiro que vai contando pequenas anécdotas e describindo as paisaxes e as xentes das poboacións da Alcarria por onde pasa. Co peto ás costas e a cantimplora suxeita ao cinto, o viaxeiro vai realizando o percorrido. Cando a viaxe remata o escritor deixa atrás a Alcarria coas suas notas a costas e un pouco de morriña. En San Sebastián saca á parte o Cancionero de la Alcarria, que a partir da edición de 1954, uniránse nunha mesma obra; tamén escribe e publica “El cuento de la buena pipa”.
  • 1949: Publica o conto fabulista "El gallego y su cuadrilla e Otros apuntes carpetovetónicos", onde se acentua a súa tendencia á esquematización psicolóxica e ó xogo formal. Segue a cultivar guións de cine: El sotano, que se estrearia un ano mais tarde.
  • 1950: En xaneiro, estrease no cine "Coliseum" de Madrid, a película de Jaime de Mayora, El sotano, na que Cela intervén como actor, do que lle queda un bo recordo (co cal escribe outro novo guión: Facultad de Letras).

[editar] 1951-1975

  • 1951: Despois de alguns forcexeos coa censura do goberno peronista arxentino, publicase en Bos Aires A colmea, é outra das novelas mais populares de Cela, que teria unha versión cinematográfica de Mario Camus, na que él mesmo participa coma actor. É unha novela coral, que reflexa moi ben a sociedade e a cultura española e na que se narra a vida malpocada dunhos seres no Madrid dos anos despois da Guerra Civil española. Por iste motivo, é prohibida en España.
  • 1952: Sae a sua primeira novela corta "Timoteo o incomprendido", tamén publica duas mais de viaxes "Ávila" e "Do Miño o Bidasoa"; e antes de que remate o ano, saca a sua segunda novela corta "Santa Balbina 37, gas en cada piso" e un guión: O cerco do demo.
  • 1953: Publica Mrs. Caldwell fala co seu fillo; un alucinado monólogo dunha muller co seu fillo morto. A que lle seguira "Café de artistas" e “Baralla de invencions” coma novelas cortas, sen contar con outro guión de cine: Manicomio.
Cela xunto a Ernest Hemingway
Cela xunto a Ernest Hemingway
  • 1954: Cela traslada a sua residencia de Madrid a Palma de Maiorca. Coñece a Ernest Hemingway.
  • 1955: Publica A catira, novela ambientada nos circulos venezolans.
  • 1956: En Palma de Maiorca, asume a dirección da revista mensual Papeles de Son Armadans, que empreza a editar no abril dese mesmo ano e donde apareceron publicacions de moitos escritores españois do exilio durante a dictadura franquista. Saca dous novos traballos "Xudeus, mouros e cristians" (novela de viaxes) e "O muiño de vento" (novela corta). Visita, con Ernest Hemingway, O Escorial e coincide de novo con él no enterro de Pío Baroxa no mes de outubro. Cela é unha das persoas que baixan o sacrego do mestre.
  • 1957: O 21 de febreiro é elixido para ocupar o sillón Q maiúscula da Real Academia Española da Lingua, vacante por finamento do Almirante Estrada. O día 26 de maio lee o seu discurso de ingreso sobre a obra literaria do pintor Solana, o que contesta o académico Gregorio Marañón. Ese mesmo ano publica "Tres poemas galegos" (libro de poesias), "Novo retablo de don Cristobita" (conto e fabulas), "Caixón de sastre" e " A roda dos ocios" (artigos), tamén escomenza a adaptar e truducir "Poema do Cid , Cantar I" que rematara dous anos mais tarde.
  • 1958: Viaxa por duas veces a Francia e visita a Picasso na Californie. Durante o veran, recibe en Palma de Maiorca a Américo Castro e Xurxo Guillén. Iste ano publica dous libros: "Historias de España", "Os cegos Os tontos" e “Don Pio Baroxa”.
  • 1959: Saen publicados varios traballos; "A Cucaña" (Libro dos cales alguns fragmentos foron xa publicados no ano 1953 de cara o publico a traves do Correo Literario); "A verdadeira historia de Gumersinda Cosculluela, moza que prefiriu a morte a deshonra", "Encarnación Toledano oa perdición dos homes, que inauguran os chamados romances do cego, "A rosa" libro de memorias e "Primeiro viaxe andaluz" (novela de viaxes; conta en notas dun vagabundo por Xaén, Córdoba, Sevilla, Huelva, e as suas terras). No mes de maio, Cela organiza e convoca dende Papeles de Son Armadans, as "Conversacions poéticas de Formentor", as que acuden destacados poetas españois e extranxeiros.
  • 1960: So nos encontramos cunha obra "Os vellos amigos" (conto e fabula).
  • 1961: Catro figuras do 98 (artigo).
  • 1962: Cela publica Tobogán de famentos (novela) e Grixo de fábulas sen amor (contos e fabulas), na cal aparecen debuxos de Picasso.
  • 1963: Aparecen publicados O solitario e os soños de Quesada, Toreo de salón e Once contos de fútbol (contos e fabulas); Garito de hospicianos e As compañías convenientes e outros finximentos e cegueiras (artigos).
  • 1964: Cela é investido Doutor Honoris Causa poa Syracuse University, primeira Universidade extranxeria quelle concede tal título (Litterarum Doctorem. en Nova York, EE.UU, o 7 xuño de 1964) O escritor trasladase a sua nova casa da Bonanova, coa vecindade de Joan Miró e Robert Graves. Ese mesmo ano aparece: Izas, rabizas e colipoterras (conto e fabula)
  • 1965: Viaxe a U.S.A. (que seria o derradeiro libro de romances de cego; publicado coas experiencias dos seus discursos na devandita Universidade); A familia do héroe e O cidadan Iscariote Reclús (tamén serían as duas últimas novelas cortas); Páxinas de xeografía errabunda e Viaxe o Pirineo de Lérida (libros de viaxes, a segunda sai publicada no xornal ABC); Novas esceas matritenses (contos e fabulas escrita en 7 series, tres primeiras neste ano, as restante no 1966).
    Cela dias antes de marchar a EE.UU.
    Cela dias antes de marchar a EE.UU.
  • 1966: Madrid (libro de viaxe).
  • 1967: María Sabina (apunte co que estrea o xenero do teatro).
  • 1968: Diccionario secreto (tomo I, catalogado coma traballo de erudición).
  • 1969: Vesperas, festividades e octavas de San Camilo de 1936 en Madrid (novela ambientada no Madrid do xullo do 1936), O servizo de algo (artigo), Homenaxe a O Bosco I. O carro do heno o o inventor da guillotina (unha homenaxe a O Bosco e no seu especial o cadro "O Xardin das Delicias", que se pode ollar no Museo O Prado; transformado en apunte de teatro); Libro de guisados, manxurros e potaxes, de maese Ruperto de Nola (traduccion e adaptacion). No transcurso dun novo viaxe a Hispanoamérica, visita a Pablo Neruda na sua casa da Illa Negra.
  • 1970: Barcelona (libro de viaxes).
  • 1971: Diccionario secreto (tomo II, catalogado coma traballo de erudición).
  • 1972: A bola do mundo (artigo).
  • 1973: Oficio de tebras 5 (no que toca unha linguaxe intelectual e tecnico, sen pautas, signos de puntuacion, sen maiusculas, defragmentada 1194 elos para non darlle respiro o lector) e O tacatá oxidado (novelas).
  • 1974: É nomeado presidente do Ateneo de Madrid, cargo que non chegou a ocupar. Ocupase en traducir e adaptar o libro Lenny.
  • 1975: A resistible ascensión de Arturo Ui, de Bertolt Brecht (adaptacion e traduccion). Ve con bos ollos que o director Ricardo Franco estrease o filme Pascual Duarte, basado na novela de 1942.

[editar] 1976-1990

  • 1976: Rol de cornudos (conto e fabula), Enciclopedia do erotismo (traballo de erudición que concliuria un ano despois); segundo Doutorado Honoris Causa da Universidade de Birmingham. Doctor of Letters honoris causa (Gran Bretaña, o 8 de Xullo do 1976).
Cela nun recibimento de Doutoris Honoris Causa
Cela nun recibimento de Doutoris Honoris Causa
  • 1977: O 27 de marzo, Cela responde na Real Academia Española da Lingua o descurso de recepción do novelista Gonzalo Torrente Ballester. Ambos disertan sobre o arte narrativo. Acontece que por designación real, Cela é nomeado Senador nas primeiras Cortes Xerais da transición democrática.
  • 1978: Toma parte activa na revisión que o Senado efectúa sobre o texto constitucional elaborado no Congreso dos Deputados. A súa emenda insiste en denomina-la lingua oficial do Estado coma "castelán ou español". Este ano tamén recibe o terceiro Doutorado Honoris Causa da Universidade de John F. Kennedy. (Bos Aires, Arxentina, o 4 de Xullo do 1978). No outono, a compañía "Lope de Vega", dirixida por José Tamaio, estrea no Teatro da Comedia A Celestina, que Cela adapta ao castelán moderno. Á fronte do reparto figuran Irene Gutiérrez Caba, Teresa Rabal e Terele Pávez.
  • 1979: Co comenzo do ano e coa convocatoria de novas eleccións xerais, Cela conclúe a súa etapa de Senador por designación real. Cunhas serenas "Breves palabras de despedida", deixa de publicarse Papeles de Son Armadans, tras vinte e tres anos de existencia. Escribe Os soños vanos, os anxos curiosos (conto e fabula, apunte ou divertimento) e A Celestina (traducida e adaptada o ano anterior, pero cuns matices un pouco máis atractivos no castelán moderno).
  • 1980: O 28 de Xaneiro é investido Doutor Honoris Causa pola Universidade Compostelá (Doutor Honoris Causa pola Facultade de Filoloxía). Asimesmo, concedeselle a Gran Cruz da Orde de Isabel A Católica. Tamén recibe outros dous Doutorados Honoris Causa polas Universidades de Palma de Maiorca. (o 22 de Xaneiro do 1980) e Interamericana. Doutor en Letras (San Xoán de Porto Rico, o 1 de Xuño do 1980).
  • 1981: Publica Os vasos comunicantes e Volta de folla (artigos); O Quixote ( que seria a súa derradeira traduccion e adaptacion).
  • 1982: O 18 de abril recibe o título de Fillo Predilecto de Padrón e o 22 é nomeado Académico de Honra da Real Academia Galega. No mes de maio, Camilo Xosé Cela recibirá o título de Fillo Adoptivo da ciudade de Torremexía, poboación pacense donde discurre acción da familia de Pascual Duarte. No Pazo de Marivent, o día 24 de agosto, é nomeado Carteiro Honorario pola Súa Maxestade O Rei. O 11 de outubro estrease en Madrid a película A Colmea, dirixida por Mario Camus e co guión de Xosé Lois Dibildos. Cela participa activamente no filme, interpretando a un dos personaxes: Matías Martí, o inventor de palabras. Este mesmo ano empeza a ter problemas co seu primeiro matrimonio, do cal decide a separación.
  • 1983: En setembro aparece a sua esperada novela Mazurca para dous mortos (novela que seria levada o cine), e O xogo dos tres albedros (artigo).
  • 1984: É nomeado "Forense de Honor" pola Asociación Nacional de Forenses, pola gran descripción dunha autopsia que fai na sua novela Mazurca para dous mortos. O 7 de decembro concedeselle o Premio Nacional de Literatura por Mazurca para dous mortos.
  • 1985: Publica As forellas do neno Raúl e Vocación de repartidor (engadidas en contos e fabulas). Neste ano, tras un tempo de distanciamento da separación do seu primeiro matrimonio, decide finalmente concederlle o divorcio a súa primeira muller.
  • 1986: No febreiro publicase o Novo viaxe a Alcarria (por contraste co orixinal, faino nun Rolls-Royce e con unha conductora de cor negra por acompañante). Recibe a Creu de Sant Jordi e o Libro de Ouro dos Libreiros Españois (CEGAL). Tamén este ano publica o artigo: O burro de Buridán e recibe outro Doutorado Honoris Causa da Universidade Hebrea de Xerusalén. Doutor Philosophiae (Israel, o 19 de Xuño do 1986).
  • 1987: O día 27 de marzo "pola elevada calidade literaria da sua abundante e universalmente coñecida obra e pola sua significación singular dentro das letras hispanas deste seculo, nas que influiu considerablemente", Cela obten o Premio Príncipe de Asturias das Letras. É nomeado Cidadan de Honra da ciudade de Tucson (Arizona), co motivo do viaxe que o escritor realizou cara ese lugar na busca de datos e notas para unha novela que foi, finalmente, Cristo versus Arizona (que publicará un ano máis tarde). Recibe, xunto a outras ilustres personalidades entre as que se atopan Gonzalo Torrente Ballester, Xosé Neira Vilas o María Casares, a medalla Castelao da Xunta de Galicia. Traballa no guión da serie que, baseada no Quixote, rodará Gutiérrez Aragón. Asume a presidencia da Fundación Cultural Rich, co obxetivo de fomenta-la educación e a cultura mediante as axudas financeiras e a investigación. Publica A bandada de pombas (conto e fabula ou apunte e divertimento).
    Cela a espera da entre do seu Premio Nobel
    Cela a espera da entre do seu Premio Nobel
  • 1988: Sae as librerias Cristo versus Arizona (novela de narración caótica, aparecen centos de personaxes que se moven no primitivismo e na desolación. A novela é un longo monólogo, sen separación de páragrafos e sen puntos. O "narrador", vai desfacendo na caótica asociación unhas anécdotas, e centos de personaxes. Todo enmarcado nun brutal Oeste americano, cunhos obsesivos ingredientes de sexo e violencia o presidido por unha falta idea do mundo).
  • 1989: Co título Eloxio da fábula, pronunciou o seu discurso o 10 de decembro en Estocolmo (Suecia), ao recibi-lo Premio Nobel de Literatura. Xa publicara neste ano: Reloxio de area, reloxio de sol, reloxio de sangue (libro de poesia), Os Caprichos de Francisco de Goia e Lucientes (conto e fabula).
  • 1990: A finais de abril comenza a rodaxe da película O Quixote, dirixida por Gutiérrez Aragón sobre os guions firmados por Cela, que cumple a sua promesa de retirarse a escribir. O 4 de novembro inicia a sua colaboración diaria co xornal O Independente, baixo o título de "O camaleón solteiro". O 22 de decembro presentase o libro Galicia (que sería o seu derradeiro libro de viaxes) en Santiago de Compostela, obra ilustrada polo pintor galego Laxeiro, con fotografías de Víctor Vaqueiro. Publica, asimesmo, O home e o mar (conto e fabula). Para Cela este foi un ano "Doutoris Honoris Causa", xa que recibiu seis doutorados polas Universidades de: Miami Doutor of letters (EE.UU., o 11 de Maio do 1990); Tel-Aviv, doutor philosophiae (Israel, o 6 de Xuño de 1990); Santo Domingo. Mestre Honorario da Facultade de Humanidades (República Dominicana, o 27 de Xuño do 1990); San Marcos (Lima, Perú, o 4 de Xullo do 1990); Dowling College Doutor of Humane Letters (Oakdale, Nova York, EE.UU., o 25 de Setembro do 1990) e Millersville Doutor of Humane Letters. (Pennsylvania, EE.UU., o 28 de Setembro do 1990).

[editar] 1991-2002

  • 1991: Arranca o ano publicando Cachondeos, escarceos e outros meneos (conto e fabula), Dende o pombar de Hita (artigo); dous Doutorados Honoris Causa polas Universidades de: Complutense. (Madrid, o 6 de Xuño do 1991) e La Trobe Doctor of Letters (Melbourne, Australia, o 16 de Decembro do 1991). O 10 de marzo contrae matrimonio con Marina Castaño, xornalista que coñecía, asegurou, dende fai anos. O día 11, na presenza dos Reis de España ten lugar a inauguración da Fundación Camilo Xosé Cela en Iria Flavia.
  • 1992: Cela recibe o premio "Mariano de Cavia" de xornalismo polo seu artígo "Soliloquio do xove artista", publicado no xornal O Independente o día 18 de febreiro de 1991. Na Biblioteca Nacional de Madrid inaugurase a exposición "50 anos de Pascual Duarte", donde presentanse 187 edicions do libro, tanto en español coma nas numerosas linguas as que foi traducido. Esta, nunha carpeta conservada na residencia parisina de Miguel Ánxo Asturias, un soneto (con toda probabilidade inédito) de éste, escrito en Palma de Maiorca e adicado a Camilo Xosé Cela. O soneto, ten de titul Don Quimero, unha adicatoria poética de Nobel a Nobel. E de novo volve a recibir dous Doutorados Honoris Causa polas Universidades de: Texas A&M Doutor of Letters. (College Station, Texas, EE.UU., o 14 de Agosto do 1992) e Saraxevo Gradus Doktoris scientiarum honoris. (Bosnia-Herzegovina, o 1 de Novembro do 1992; que recibiu en Iria Flavia, o 14 de Outubro do 1993).
  • 1993: Neste ano, o reitor da mesma Universidade de Saraxevo, Jusuf Mulic, desprazase a Galicia para facer entrega do título concedido o ano anterior nun acto que ten lugar na sede da Fundación Camilo Xosé Cela en Iria Flavia. Coa asistencia dos Reis de España, é na que se inaugura unha estatua adicada o escritor, realizada polo escultor Víctor Ochoa, na Universidade Complutense. Presentase en Madrid A sima das penúltimas inocencias, obra de contos e fabulas con ilustracions de Xosé María Subirachs. Tamén publica O ovo do xuizo (artigo) e Memorias, entendementos e vondades (tras algun achaque de saude Cela escribe este derradeiro libro de memorias).
  • 1994: Recibe o Premio Planeta pola sua obra A Cruz de San Andrés (relato minucioso da vida da protagonista, Matilde Verdú, dende os pequenos acontecementos ate os sucesos máis dramáticos da sua existencia, Matilde Verdú, é uns dos seudónimos que utilizou Cela nas suas primeiras publicacions. Por esta obra, Cela, tivo que afrontar unha demanda de plaxio formulada por unha das concursantes). Tamén recibe a Medalla Picasso da UNESCO. Tamén sae publicada O asasinato do perdedor (novela), A bote pronto (artigo), A dama páxara (conto e fábula). Recibe os Doutorados Honoris Causa polas Universidades de: Católica Fu-Jen. Doutoris in Litteratura. (Taipei, Taiwan, o 1 do Xullo do 1994) e Moderna Mestre Catedrático (Lisboa, Portugal, o 2 de Novembro do 1994; que recibiu o 19 do Xaneiro do 1995).
  • 1995: No mes de marzo sae a luz o primeiro número dunha nova revista: O Extramundi e os papeis de Iria Flavia, dirixida polo Premio Nobel e editada na Fundación Camilo Xosé Cela. O 10 de maio inaugura na Torre do Homenaxe do Castelo de Torixa (Guadalajara), o museo adicado o seu libro Viaxe a Alcarria. Neste lugar están reunidas varias edicions da obra, así como utensilios da época na que foi escrita. A produccion deste escritor comenzou a mermar e xa neste ano acusouse o seu declive nas publicacions (declive que se iria alongando ate a sua morte). Segue a recibir máis Doutorados Honoris Causa polas Universidades de: Technische Universität Dresde. Doutor philosophiae (Dresde, Alemania, o 27 de Abril do 1995) e Pontificia Católica do Río Grande do Sul. Doutor en Letras (Porto Alegre, Brasil, o 8 de Novembro do 1995). No mes de decembro, o escritor galego inscribe o seu nome na lista de gañadores do Premio Cervantes, o máis importante galardón que se otorga as letras en lingua castelá. Trala alegría inicial pola concesión do premio, o escritor declara que "o meu oficio non é levarme premios, é escribir; os premios veñen por añadidura".
  • 1996: O Rei Don Xoan Carlos concédelle, no día do seu aniversario, o título de Marqués de Iria Flavia. O lema que acompaña o escudo do marquesado é "O que resiste, gaña". O 24 de maio recibe a Medalla de Ouro ó Mérito no Traballo, xunto a nomes famosos, coma o humorista e escritor Antonio Mingote e ó poeta Rafael Alberti. O 26 de setembro Cela é nomeado académico de número da Real Academia Galega de Ciencias. Con todo e eso, Cela segue publicando; Poesía completa (sería o seu último libro de poesia), El color de la mañana (artigo). Novo Doutorado Honoris Causa pola Florida International University, Doutor of Letters. (Miami, Florida, EE.UU., o 29 de abril do 1996).
  • 1997: Participa, xunto a personalidades coma Gabriel García Márquez, no I Congreso Internacional da Lingua Española en Zacatecas (México), onde pronuncia un discurso no acto inaugural.
  • 1998: O 27 de febreiro, foi condecorado polo Xefe do Estado Maior do Exército do Aire coa Gran Cruz da Orde do Mérito Aeronaútico. O 11 de maio, coincidindo co seu aniversario, Cela é investido Doutor Honoris Causa pola Universidade de Ciencias Empresariais e Sociais de Bos Aires (Arxentina). Despois dun ano de descanso, publica: Diccionario geográfico popular de España (catalogado coma traballo de erudición coa colaboracion dun xove escritor e filólogo, Gaspar Sánchez Salas, que acode na súa axuda e, que posteriormente será o seu compañeiro e secretario de batallas ata a súa morte).
    Cela nunha recollida dos derradeiros premios
    Cela nunha recollida dos derradeiros premios
  • 1999: En xaneiro recibe o Premio Anual da Asociación de Xornalistas de Galicia e en febreiro, é condecorado coa Orde do Libertador San Martín de Arxentina. O 25 de maio inaugura o Museo Ferrocarrileiro John Trulock. Sae da súa man Historias familiares (derradeiro conto e fabula), Madera de boj (derradeira novela, que nos sitúa nun lugar que os romanos entenderon coma o fin do mundo, o Finis Terrae, e dende alí, Cela olla cara á fachada marítima galega converténdose nun puntual notario da capacidade destrutora da Costa da Morte: dando fe dos naufraxios porque "ó tempo pódeselle dar marcha atrás sempre con sabedoria e con cariño"; a novela foi levada o cine). Dous novos Doutorados Honoris Causa da Universidade de Filipinas (o 26 de xullo do 1999) e Kansai Gaidai (Xapón, o 23 de outubro do 1999) completan este ano.
  • 2000: Publica o libro-homenaxe O Bosco II. La extracción de la piedra de la locura o invención del garrote (derradeiro apunte de teatro). O 25 de maio os Duques de Lugo inauguran a aula de Macías o Namorado na Fundación Camilo Xosé Cela. O 27 de maio é nomeado Académico de Honra da Real Academia Conquense de Artes e Letras. O 25 de setembro responde o discurso de ingreso de Carmela Arias de Rábago na Academia Galega das Ciencias.
  • 2001: Presenta a reedición do libro La rosa. O 20 de abril é nomeado Sátrapa do Colexio de Patafísica. Recibe, nA Coruña, o Premio Casino Atlántico e o 24 de setembro é nomeado "Galego do Mundo". O 24 de outubro, Manuel Fraga Iribarne e José María Aznar inauguran o aula de Nicasio Pajares na Fundación Camilo José Cela. O 14 de novembro recibe unha homenaxe na Biblioteca Nacional co motivo do cincuentenario da publicación da novela La colmena.
  • 2002: Na noite do 17 de xaneiro fina na clínica Centro de Madrid a causa dunha insuficiencia cardiorespiratoria. A capela é visitada polos Reis, e o Presidente do Goberno, xunto con numerosas personalidades da vida cultural e política. A última hora do serán os seus restos mortais son trasladados pola estrada ata a sede da Fundación do seu nome, en Iria Flavia, donde é veado por familiares e veciños. O día 18 de xaneiro, tras unha misa corpore in sepulto na antiga Colexiata de Santa María (donde foi bautizado 85 anos antes), foi soterrado no cemiterio de Adina, ó pé dunha oliveira centenaria. A casualidade quixo que esa oliveira fose a mesma que pedira Rosalía de Castro para ser soterrada no ano 1885.
Wikiquote logo
Citas no Wikiquote sobre:

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu