Can
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O can é un mamífero carnívoro que pertence á familia Canidae, ó igual cós lobos, raposos e coiotes. En xeral, o termo 'cans' emprégase para referirse á raza doméstica (Canis familiaris), a cal crese que descende dun ancestro similar ó lobo. Algúns científicos sosteñen, así a todo, que o can é unha subespecie de lobo, Canis lupus familiaris.
O can foi domesticado polo menos hai uns 14.000 e posiblemente hai 150.000 anos segundo evidencias recentes. Neste tempo o can desenvolveu diferentes razas que poden variar moito en tamaño e cor. Por exemplo os cans chihuahas que miden apenas unhas polgadas e os grandes cans San Bernardo. As cores dos cans varían de branco a negro, con vermello, café ou gris. Ó igual cós humanos, son una especie moi sociable e cazan en grupo.
O promedio de vida é de 12 anos, cada ano do can semella uns sete anos humanos.
[editar] Lista de razas clasificadas como potencialmente perigosas
Diario Oficial de Galicia, 2 de abril de 2002
- American Pitt Bull Terrier
- American Staffordshire Terrier
- Bull Mastiff
- Dobermann
- Presa Canario
- Dogo Arxentino
- Presa Mallorquín
- Fila Brasileiro
- Staffordshire Bull Terrier
- Akita Inu
- Mastín Napolitano
- Rottweiler
- Dogo de Burdeos
- Dogo do Tibet
- Tosa Inu
[editar] Lista de razas ibéricas
- Bodegueiro andaluz
- Mastín español
- Podenco Ibicenco
- Ca de Bestiar
- Gos D´Atura
- Galgo español
- Podenco canario
- Mastín de los Pirineos
- Ca de Bou
- Palleiro galego
- Podenco andaluz
- Presa canario
- Perdiguero de Burgos
- Can de auga español
- Artzain Txakurra
- Majorero canario
- Sabueso español
- Alano español
- Pachón navarro.
- Vilán das Encartacións