Cannabis sativa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cannabis | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Cannabis sativa | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
O Cannabis sativa é unha especie do xénero Cannabis. É o nome científico en latín da planta do cánabo e emprégase como unha droga. Na linguaxe popular, cannabis e o término xenérico empleado para denominar as flores secas do cánabo e o aceite de THC (haxix). É unha planta anual orixinaria de Asia e trátase dunha planta dioica. Presenta talos con follas opostas na base e alternas no resto, palmaticompostas con estípulas libres ou persistentes. Flores anemófilas, monoicas ou dioicas; pequenas, en inflorescencias cimosas, as masculinas ramificadas, paniculiformes, e con moitas flores, as femeninas máis compactas e paucifloras. Flores estaminadas con 5 sépalos, 5 estambres antisépalos; polen triporado, rara vez 2, 4, 6 porado. Flores pistiladas cun cáliz tubular, membranoso, curto, pechado a o ovario, con 2 carpelos unidos formando un ovario unilocular con 2 estigmas alongados; primordios seminales solitarios, anátropos. Aínda que a principal substancia psicoactiva do Cannabis é o THC (tetrahidrocannabinol), a planta contén en total cerca de 60 cannabinoides (entre estos: cannabinol, cannabixerol, cannabichromene, cannabycyclol), que se presenta en moitas variedades, sendo a máis activa a delta-9-THC. A delta-9-THC fabrícase de forma sintética como un fármaco chamado dronabinol. Usase en investigación e en ocasións para tratar as náuseas e os vómitos asociados á quimioterapia anticancerosa. A complexidade desta mixtura produciu especulacións sobre a diferencia de efectos no organismo, ós que, en opinión de algúns, supuséronse beneficiosos. Outros alcaloides principais son o CBD o cannabidiol (narcótico) e o CBN, e os porcentaxes entre estos tres alcaloides inflúen na forma en que "coloca" cada planta.
Template:Química En progreso