Cardiff - Caerdydd
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Caerdydd (en inglés Cardiff) é a capital e cidade mais importante de Gales. Situada en De Morgannwg- Glamorgan do Sur, na bahía de Bristol, ó suroeste de Gales e preto da fronteira con Inglaterra, expandeuse enormemente durante o século XIX debido á industria minera e ó tráfico dos seus portos. Segúndo o censo de 2001, a poboación de Cardiff era de 305.340 habitantes, sendo entón a decimosexta cidade mais grande do Reino Unido.
Índice |
[editar] Localización xeográfica
- Latitude: 51º 30' N
- Lonxitude: 003º 12' O
[editar] Historia
Cardiff foi fortificado polos romanos durante a ocupación das Illas Británicas. Durante a revolución industrial, a maioría do carbón exportado do mundo sae do porto de Cardiff e a riqueza que xenera permite a remodelación do Castelo de Cardiff e de Castell Coch. No 28 de outubro de 1905, Cardiff obten o estatuto de cidade por parte de Eduardo VII e o 20 de decembro de 1955 pasa a ser capital de Gales.
[editar] Edificios e lugares de interese
- Millenium Stadium. Tratase do campo de fútbol cuberto mais grande do Reino Unido, cun aforo dunhas 74.500 personas. Foi construido en 1999 e nel tamén celebranse partidos de rugby e conciertos.
- O Castelo de Cardiff. Foi construido en 1091 e reformado durante a época victoriana.
- Millenium Centre. É un complexo de danza e artes dramáticas situado na bahía de Cardiff. Inaugurouse en novembro de 2004.
- Museo e Galería Nacional de Cardiff. Terminado de construir en 1927, conten numerosas obras impresionistas, como El Beso de Auguste Rodin, realizado en bronce, ou La Parisienne, de Pierre-Auguste Renoir.
- Bute Park. Xigantesco parque que se extende dende o Castello de Cardiff cara ó norte, atravesando o centro urbano e seguindo o curso do rio Taff.
- A catedral de Llandaff, do século XIII.
- City Hall.
[editar] Irmanamentos
Cardiff está irmanada coas seguintes cidades:
Anteriormente estivo irmanada con Baltimore nos Estados Unidos de América pero este acordo de irmanamento expirou fai tempo.
[editar] Celebridades
Ioan Gruffudd, actor (06 de outubro de 1973).
[editar] Enlaces externos
- Cardiff Council site(en inglés)
- Cardiff Online(en inglés)