Carol Henning
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Carol Henning Brown, marxista radical e militante do Partido Comunista dos Estados Unidos.
[editar] Vida
Naceu o 27 de febreiro de 1902 en Salinas, Monterey Co., California. Casou con John Steinbeck en 1930 e divorciouse del en 1942. Visitou a Unión Soviética con Steinbeck en 1937. De volta en América fíxose membro do Partido Comunista a pesar das obxeccións de Steinbeck ó seu ingreso. En palabras de Janice Albert "Carol Henning era unha muller brillante e independente disposta a tipografar e asemade criticar concienciudamente a obra de Steinbeck. Era máis sociable có seu marido, que foi timido ata o final da súa vida. E de maneira máis importante, tiña consciencia social; lía os xornais e sabía de que maneira o colapso económico da nación afectaba a xente corrente". Parini, o biógrafo de Steinbeck, comenta, "O sentido de atropelo que lle dá a obras como Of Mice and Men and The Grapes of Wrath a súa calada dignidade e forza moral é en parte un testemuño do impacto de Carol". Aínda que, evidentemente, a semente da influencia de Carol fora botada pola nai de Steinbeck, Olive Hamilton Steinbeck, quen tamén posuía unha "moral intransixente" coas inxustizas sociais. Carol Henning viviu en Carmel Valley, California, e morreu o 8 de febreiro de 1983 en Monterey, California.