Cenema
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O termo cenema ("unidade vacía [de sentido]") designa a unidade distintiva mínima no plano da expresión. Faise abstracción da natureza fónica da linguaxe, que se considera accesoria, accidental.
Este termo substitúe ao de fonema en Louis Hjelmslev e os lingüistas do Círculo Lingüístico de Praga. O cenema é unha figura de expresión que se opón a plerema, figura do contido.