Plerema
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En Glosemática, o plerema é o elemento do contido cuxa definición permite a reprodución de variantes infinitamente numerosas a partir dun número limitado de invariantes e a redución dos signos infinitamente numerosos ás combinacións dun número limitado de pleremas.
Por exemplo, un plerema do tipo "xénero-ela" (xénero natural femia, a non confundir co xénero gramatical feminino) minimiza o número de desvíos posíbeis, xa que dá conta de égua, que consiste en "cabalo + xénero-ela".
[editar] Ver tamén
- Hjelmslev
- Círculo Lingüístico de Copenhague