Charles Darwin
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Charles Robert Darwin (Shrewsbury, 12 de febreiro de 1809 - Downe, Kent, 19 de abril de 1882) foi un naturalista inglés, pai da teoría da evolución pola selección natural. Revolucionou a concepción do ser humano e a súa relación coas demais especies do planeta ó estabelecer unha orixe común para todas elas. Foi moi criticado polos científicos e a Igrexa católica da súa época pola súa teoría sobre a evolución, descrita na súa obra A orixe das especies.