Charlotte Bobcats
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Charlotte Bobcats | |
Conferencia | Conferencia Leste |
División | División Sueste |
Fundado | 2004 |
Historia | Charlotte Bobcats 2004-presente |
Cancha | Charlotte Bobcats Arena |
Cidade | Charlotte |
Cores | Laranxa, Azul, Negro e Prata |
Dono | Robert L. Johnson Nelly Michael Jordan |
Adestrador Xefe | Bernie Bickerstaff |
Campionatos NBA | 0 |
Campionatos de Conferencia | 0 |
Campionatos de División | 0 |
Charlotte Bobcats é un equipo profesional de baloncesto que xoga en Charlotte. Xogan na NBA.
Índice |
[editar] Canchas
[editar] Historia da franquicia
Cando os Charlotte Hornets mudáronse a Nova Orleáns na tempada 2002-03, a cidade e a NBA chegaron a un acordo para crear un novo equipo en Charlotte na tempada 2004-2005. Varios grupos empresariais, incluído un encabezado pola antiga estrela dos Boston Celtics Larry Bird, ofertaron polo equipo. Ó final, o grupo liderado polo fundador da Black Entertainment Television Robert L. Johnson levouse ó gato ó auga, e fíxose dono do equipo. Johnson é un dos primeiros propietarios afroamericanos dos Estados Unidos no que a deporte profesional se refire. O 15 de xuño de 2006 anunciouse que a lenda da NBA Michael Jordan convertiríase no segundo maior accionista do equipo detrás do propio Johnson. [1] Outro destacado accionista é o rapeiro Nelly.
O nome dos Bobcats foi sometido a consulta, con outras posíbles opcións coma Charlotte Dragons ou Charlotte Flights (que foi o que realmente gañou o voto público, principalmente polos Irmáns Wright, e tamén pola lenda das matrículas de Carolina do Norte que di "First in Flight"). Aínda que non gañou a consulta, ó final a voz de Johnson impúxose e deulle o seu nome preferido, "Bobcats" (lince vermello en galego). O lince vermello é un dos varios depredadores indíxenas no área do condado Charlotte-Mecklenburg County en Carolina do Norte. Eso ademáis relacionábase co feito de que Charlotte é a cidade dos Panthers da NFL facía ós felinos unha elección natural para o novo equipo de baloncesto da cidade (e aínda máis lóxico tendo en conta que o transporte público da cidade chámase CATS (gatos en galego), acrónimo de "Charlotte Area Transit System"). Tamén se di moi a menudo que outra razón para o nome do equipo é a derivación cara ó nome do dono: "a cat named Bob" (un gato chamado Bob).
Unha das ironías na formación da franquicia foi o feito que despois de numerosas tentativas falidas para financiar unha nova cancha no centro da cidade, os políticos locais decidiron ir máis aló e impoñer un novo imposto ós hoteis e ás actividades de ocio para axudar a pagala. Foi George Shinn, dono dos Hornets, quen quería que Charlotte pagara unha nova cancha da súa propiedade, pero non o conseguiu, o que motivou a saída da franquicia de Charlotte a Nova Orleáns. Johnson chegou e probablemente fixo un mellor negocio, xa que recibe os beneficios conseguidos polo Charlotte Bobcats Arena. Dende isto, os Hornets convertéronse no equipo mías odiado en Charlotte, pola mesma razón pola que os Indianapolis Colts o son en Baltimore, cidade dos Ravens.
O equipo xoga na División Sueste da Conferencia Leste, xunto a Miami Heat, Orlando Magic, Atlanta Hawks, e Washington Wizards.
O draft de expansión tivo lugar o xoves, 22 de xuño de 2004, e escolleron a xogadores con moita experiencia coma Predrag Drobnjak e xóvenes con talento como Gerald Wallace. Nembargantes, Drobnjak nunca xogou para o equipo, senon que asinou un contrato dun ano cos Atlanta Hawks. Tamén negociaron con Los Angeles Clippers para conseguir a segunda elección no draft do 2004, que usaron para escoller a Emeka Okafor, que gañou o premio ó Rookie do ano en 2005.
O seu primeiro partido foi unha derrota contra os Washington Wizards por 103-96 o 4 de novembro de 2004. Gañaron o seu primeiro encontro da historia da franquicia contra Orlando Magic por 111-100 o 6 de novembro. Despois de perde-los sete partidos seguintes, os Bobcats gañaronlle ós defensores do título dese ano, os Detroit Pistons por 91-89, provando que a pesares de ser unha franquicia nova, non ía a ser tan doado vencerlles. O 14 de decembro, os Bobcats déronlle ós seus siareiros un motivo de orgullo cando venceron ós Hornets 94-93 no tempo extra na primeira viaxe a Chalotte despois do translado. Os Bobcats lograrían un récord de 18-64 finalizando no cuarto lugar da división. Trala tempada regular, acabaron co mellor récord nunha das ligas de verán organizadas pola NBA, a Reebok Rocky Mountain Revue en Salt Lake City. No draft do ano 2005, os Bobcats elixiron a dous xogadores da Universidade de Carolina do Norte: o base Raymond Felton e o ala Sean May. Con eses dous xogadores, ademáis de Okafor, esperan construír unhas bases xóvenes e sólidas para lograr futuros éxitos. Gañaron os seus últimos catro partidos da súa segunda tempada regular para acabar cun récord de 26-56, mellorando en oito vitorias o de 2005.
[editar] Futuro
Parece que os Charlotte Bobcats teñen un futuro prometedor. Están nunha excelente situación no límite salarial e tiñan a terceira elección no draft do 2006, usada para escoller a un dos mellores xogadores do último ano da Universidade de Gonzaga, Adam Morrison.
[editar] Xogadores destacados
- Gerald Wallace
- Sean May
- Emeka Okafor
- Raymond Felton
- Adam Morrison
- Jumaine Jones
- Brevin Knight
- Primož Brezec
[editar] Récords tempada por tempada
Nota: V = Vitorias, D = Derrotas, % = Vitoria-Derrota %
Tempada | V | D | % | Play-offs | Resultados |
---|---|---|---|---|---|
2004-05 | 18 | 64 | .220 | ||
2005-06 | 26 | 56 | .317 | ||
Total | 44 | 120 | .268 | ||
Playoffs | 0 | 0 | .000 |
[editar] Plantel actual
Charlotte Bobcats Cadro de xogadores actuais |
||||
Adestrador Xefe: Bernie Bickerstaff | Edit | |||
B/A | 15 | Alan Anderson | (Michigan State) | |
AP/P | Lonny Baxter (FA) | (Maryland) | ||
P | 7 | Primož Brezec | (Eslovenia) | |
B | 12 | Kevin Burleson (FA) | (Minnesota) | |
B | 13 | Matt Carroll | (Notre Dame) | |
AP/P | 2 | Melvin Ely | (California State) | |
E | 20 | Raymond Felton | (Carolina do Norte) | |
AP/P | 24 | Othella Harrington | (Georgetown) | |
A | 33 | Jumaine Jones (FA) | (Georgia) | |
B | 22 | Brevin Knight | (Stanford) | |
AP | 42 | Sean May | (Carolina do Norte) | |
A | 35 | Adam Morrison | (Gonzaga) | |
AP/P | 50 | Emeka Okafor | (Connecticut) | |
A | 21 | Bernard Robinson (FA) | (Michigan) | |
P | 43 | Jake Voskuhl (FA) | (Connecticut) | |
A | 3 | Gerald Wallace | (Alabama) | |
P | 18 | Ryan Hollins | (UCLA) | |
(AL) - Axente Libre | Charlotte Bobcats |
[editar] Enlaces
- Web oficial dos Charlotte Bobcats (en inglés).
- Liga de verán onde os Bobcats xogarñan este ano (en inglés).
- Charlotte Bobcats Cobertura de InsideHoops.com (en inglés).
- Enciclopedia deportiva E-Cyclopedia (en inglés).
- Michael Jordan entra no accionariado dos Bobcats (en inglés).
NBA |
---|
Conferencia Leste |
División Atlántica: Boston Celtics | New Jersey Nets | New York Knicks | Philadelphia 76ers | Toronto Raptors |
División Central: Chicago Bulls | Cleveland Cavaliers | Detroit Pistons | Indiana Pacers | Milwaukee Bucks |
División Sueste: Atlanta Hawks | Charlotte Bobcats | Miami Heat | Orlando Magic | Washington Wizards |
Conferencia Oeste |
División Noroeste: Denver Nuggets | Minnesota Timberwolves | Portland Trail Blazers | Seattle SuperSonics | Utah Jazz |
División Pacífica: Golden State Warriors | Los Angeles Clippers | Los Angeles Lakers | Phoenix Suns | Sacramento Kings |
División Suroeste: Dallas Mavericks | Houston Rockets | Memphis Grizzlies | New Orleans/Oklahoma City Hornets | San Antonio Spurs
|
NBA All-Star Game | NBA Draft | Cadros de xogadores actuais dos equipos NBA | División Medio-Oeste |