Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Cleveland Cavaliers - Wikipedia

Cleveland Cavaliers

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Cleveland Cavaliers
Conferencia Conferencia Leste
División División Central
Fundado 1970
Historia Cleveland Cavaliers
(1970-presente)
Cancha Quicken Loans Arena,
antigamente Gund Arena
Cidade Cleveland, Ohio
Cores Viño, Ouro, Azul Escuro
Dono Dan Gilbert
David Katzman
Usher Raymond
Adestrador Xefe Mike Brown
Campionatos NBA None
Campionatos de Conferencia 0
Campionatos de División 1 (1976)

Os Cleveland Cavaliers (tamén coñecidos coma os Cavs) son un equipo profesional de baloncesto de Cleveland, Ohio. Xogan na División Central da Conferencia Leste da NBA.

Índice

[editar] Canchas

Cleveland Arena (1970-1974)
Coliseum at Richfield (1974-1994)
Quicken Loans Arena (antigamente Gund Arena) (1994-presente)

[editar] Historia da franquicia

Os Cavaliers comezaron a xogar na NBA en 1970 coma unha nova franquicia, sen vir doutra cidade. Baixo a dirección do adestrador Bill Fitch acadaron o peor récord da liga, 15-67. Nembargantes, o equipo comezouse a construír ó redor da elección do draft de 1971, Austin Carr, quen foi capaz de anotar 63 puntos nun só encontro.

Na tempada 1975-1976, con Carr, Bingo Smith, Jim Chones, Dick Snyder e o recentemente adquirido Nate Thurmond, Fitch liderou ós Cavs a un balance de 49-33, o mellor da División Central. Recibiu o premio ó Adestrador do Ano e os Cavs fixeron a súa primeira aparición nos playoffs.

Cleveland logrou gaña-las series contra os Washington Bullets, 4-3, e por mor dos moitos tiros anotados no derradeiro segundo dos sete partidos a rolda foi coñecida no área local como "A Milagre de Richmond". Sen embargo na segunda rolda o equipo viuse afectado polas lesións, particularmente pola de Jim Chones, e os Cavs perderon contra os Boston Celtics na final da Conferencia Leste.

Xa nos 80, o novo dono Ted Stepien asinou e despidiu toda unha serie de adestradores, fixo malos intecarmbios e unha mala política de fichaxes de axentes libres. Precisamente esta mala política no referente ó transpaso de xogadores costoulle ó equipo varias eleccións de primeiras roldas, o que levou á NBA a impoñer unha norma pola que se prohibiu ós equipos dar coma pago por un xogador elección de primeira rolda do draft en anos consecutivos, norma coñecida como "A norma de Ted Stepien". Ademáis, tamén ameazou con muda-la franquicia a Toronto, pero os irmáns George e Gordon Gund mercaronna a mediados dos 80 e decidiron mante-lo equipo na cidade. De feito, Toronto conseguiría unha nova franquicia en 1993.

En 1986, sendo os irmáns Gund os donos da franquicia, o equipo adquiriu mediante o draft ou en intercambios varios a Brad Daugherty, a Mark Price, a Larry Nance e a Ron Harper. Estos xogadores (excepto Harper, mandado ós Clippers polos dereitos sobre Danny Ferry) serían o núcleo do equipo que levaría ós Cavs a oito aparicións nos playoffs nas seguintes nove tempadas, e en tres delas con máis de 50 vitorias en tempada regular. En 1989 os Cavs xogaban contra os Chicago Bulls en playoffs, coa vantaxe de cancha e ó mellor de cinco partidos. No cuarto partido, Cleveland logrou gañar no tempo extra 108-105, recuperando a vantaxe de cancha perdida anteriormente. No quinto encontro, estaban empatados ata que Cleveland logrou anotar para liderar por un punto a tres segundos do final. Chicago pediu un tempo morto. Na reanudación, déronlle o balón a Michael Jordan, que lanzou á canastra. Craig Ehlo saltou para intentar tapona-lo lanzamento, pero Jordan parecía manterse no aire mentres Ehlo xa caía, e cando aterrou, Jordan lanzou. "O Tiro" entrou na canastra sobre a bociña, e Chicago gañou as series 3-2. Este tiro gañador é considerado un dos momentos cume da carreira de Jordan, e o propio partido como un dos mellores da historia. Pero o momento cume dos Cavaliers chega na tempada 1991-1992, cando acadaron un balance de 57-25 e chegaron ás finais da Conferencia Leste, perdendo de novo contra os Chicago Bulls por 4-2. Como se pode ver, Cleveland non tivo moito éxito nos playoffs neste período.

Despois diso, chegou o declive. Cos retiramentos e as saídas de Nancy, Daugherty e Price, o equipo perdeu o seu poder e non foi capaz de loitar ata moito tempo despois polos playoffs, onde antes soían te-lo maior problema contra os Bulls.

Durante varios anos e baixo o liderazgo do base Terrell Brandon, os Cavs convertíronse no equipo máis defensivo da NBA, sendo os que menos puntos recibían por partido e baseando a súa táctica na defensa. Pero a incapacidade ofensiva fixo que os Cavs tampouco tiveran éxito nesta época.

Máis tarde, xogadores como Ricky Davis ou Zydrunas Ilgauskas chegaron ó equipo, aumentando a calidade, pero de maneira infructuosa.

E tralos días de gloria dos Cavs chegaron varias tempadas desastrosas. Véronse ós Cavs no fondo da clasificación, converténdose nun dos equipos habituais no sorteo das posicións do draft. Tras outra tempada decepcionante, a 2002-2003, os Cavs conseguiron a elección número un no draft, utilizada para elixir a LeBron James, directamente do instituto. A condición de James coma estrela local (xogou no Instituto St. Vicent-St. Mary na cercana Akron) e cunha das meirandes perspectivas da historia da NBA conduciu a moitos a ve-la súa selección como un punto de inflexión na historia da franquicia. A tempada 2003-2004 amosou unhas grandes esperanzas para o futuro, cun James que se estaba a converter nun dos xogadores máis dominantes da liga e que gañaba o premio ó Rookie do Ano. Esas esperanzas eran aínda máis grandes para a tempada 2004-2005. James convertiuse nunha superestrela consolidada, incrementando o seu promedio de puntos, de tiros anotados, de asistencias e de rebotes. A pesares da pérdida de Carlos Boozer baixo circunstancias moi dubidosas, James formou o núcleo do equipo xunto a Drew Gooden e Zydrunas Ilgauskas. Despois dun prometedor comezo no que chegaron a ser quintos de conferencia, os Cavaliers entraron nunha espiral negativa que conduciu ó despido do adestrador Paul Silas e do general manager Jim Paxson. Os Cavs non se calificaron para os playoffs nese ano, xa que empataron cos New Jersey Nets na oitava praza, sendo estos últimos os favorecidos polo desempate.

A pretempada de 2005 foi de moitos cambios. Contratouse a un novo adestrador, Mike Brown, e a un novo general manager, o antigo ala dos Cavs Danny Ferry. Tamén asináronse ós axentes libres Larry Hughes, Donyell Marshall e Damon Jones, este último durante catro anos pos 16 millóns de dólares e ó resto con contratos de máis de un ano. Xunto ó novo dono, Dan Gilbert, a directiva dos Cavaliers era na súa meirande parte novta nos seus respectivos postos. Pero a pesares da relativa inexperiencia dos recén chegados , a franquicia depositaba-las súas esperanzas en LeBron James, comparado por moitos con Michael Jordan.

Os Cavs son o equipo con máis anos na NBA dos que nunca chegaron a unhas finais polo título.

En marzo, os Cavaliers acadaron a súa primeira aparición nos playoffs dende a tempada 1997-98, sendo cuartos na Conferencia Leste. Enfrontáronse ós Washington Wizards na primeira rolda. Despois dos dous primeiros encontros, ían empatados 1-1, pero unha canastra de LeBron James a falta de 5.7 segundos ó final do terceiro encontro deu a vitoria ós Cavaliers. Entón, os Wizards gañaron o cuarto partido, forzando o quinto partido nas series en Cleveland. Os Cavs gañaron o encontro decisivo 121-120, nun excitante tempo extra no que se viu a James anotando o lanzamento gañador a falta de 0.9 segundo para o remate do partido. O sexto partido tamén chegou á prórroga por mor dunha tripla de Gilbert Arenas. No tempo extra, nembargantes, Damon Jones anotou un tiro lonxano nos derradeiros segundos que provocou a vitoria dos Cavs no partido e nas series, avanzando así á segunda rolda por primeira vez en 13 anos.

Na segunda rolda, os Cavs perderon os dous primeiros partidos contra os Detroit Pistons, pero gañaron os tres seguintes, incluíndo un no Palace of Auburn Hills, provocando a única racha de tres derrotas consecutivas dos Pistons en toda a tempada. Pero perderon o sexto e o sétimo partido (79-61). Este derradeiro partido da serie produxo dous récords de dubidosa honra para os Cavaliers, o de menos puntos anotados nun sétimo partido e empataron o de menos puntos anotados nunha mitade con 23.

Estas dúas roldas de playoffs foron unha mostra da proxección de LeBron James, que á idade de 21 anos xa acadou moitos récords do tipo "o máis xoven en...". E o máis importante, marca o renacer dunha franquicia que unha vez estivo entre as máis fortes da liga.

[editar] Récords tempada por tempada

Nota: V = Vitorias, D = Derrotas, % = Vitoria-Derrota %

Tempada V D % Play-offs Resultados
1970-71 15 67 .183
1971-72 23 59 .280
1972-73 32 50 .390
1973-74 29 53 .354
1974-75 40 42 .488
1975-76 49 33 .598 Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
Cleveland 4, Washington 3
Boston 4, Cleveland 2
1976-77 43 39 .524 Perdida primeira rolda Washington 2, Cleveland 1
1977-78 43 39 .524 Perdida primeira rolda New York 2, Cleveland 0
1978-79 30 52 .366
1979-80 37 45 .451
1980-81 28 54 .341
1981-82 15 67 .183
1982-83 23 59 .280
1983-84 28 54 .341
1984-85 36 46 .439 Perdida primeira rolda Boston 3, Cleveland 1
1985-86 29 53 .354
1986-87 31 51 .378
1987-88 42 40 .512 Perdida primeira rolda Chicago 3, Cleveland 2
1988-89 57 25 .695 Perdida primeira rolda Chicago 3, Cleveland 2
1989-90 42 40 .512 Perdida primeira rolda Philadelphia 3, Cleveland 2
1990-91 33 49 .402
1991-92 57 25 .695 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
Cleveland 3, New Jersey 2
Cleveland 4, Boston 3
Chicago 4, Cleveland 2
1992-93 54 28 .659 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
Cleveland 3, New Jersey 2
Chicago 4, Cleveland 0
1993-94 47 35 .573 Perdida primeira rolda Chicago 3, Cleveland 0
1994-95 43 39 .524 Perdida primeira rolda New York 3, Cleveland 1
1995-96 47 35 .573 Perdida primeira rolda New York 3, Cleveland 0
1996-97 42 40 .512
1997-98 47 35 .573 Perdida primeira rolda Indiana 3, Cleveland 1
1998-99 22 28 .440
1999-2000 32 50 .390
2000-01 30 52 .366
2001-02 29 53 .354
2002-03 17 65 .207
2003-04 35 47 .427
2004-05 42 40 .512
2005-06 50 32 .610 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
Cleveland 4, Washington 2
Detroit 4, Cleveland 3
Total 1299 1621 .445
Playoffs 35 55 .389


[editar] Xogadores destacados

[editar] Membros do Hall of Fame

  • Wayne Embry (Antigo presidente do equipo, e o primeiro afroamericano en exercer ese rol na NBA. Entrou coma contribuínte).
  • Nate Thurmond
  • Lenny Wilkens (Entrou coma xogador e coma adestrador).

[editar] Outros

  • Terrell Brandon
  • Bobby Phills
  • Jim Chones
  • Brad Daugherty
  • Craig Ehlo
  • World B. Free
  • Ron Harper
  • Shawn Kemp
  • Steve Kerr
  • Andre Miller
  • Larry Nance
  • Mark Price
  • Campy Russell
  • John "Hot Rod" Williams

[editar] Dorsáis retirados

  • 7 Bingo Smith, A, 1970-79
  • 22 Larry Nance, A, 1988-94
  • 25 Mark Price, B, 1986-95
  • 34 Austin Carr, B, 1971-80
  • 42 Nate Thurmond, P, 1975-77
  • 43 Brad Daugherty, P, 1986-94

[editar] Cadro de xogadores actuais

Cleveland Cavaliers
Cadro de xogadores actuais
Adestrador xefe: Mike Brown Edit
P 15 Martynas Andriuškevičius (Lituania)
B/E 6 Shannon Brown (Michigan State)
B 21 Daniel Gibson (Texas)
AP 90 Drew Gooden (AL) (Kansas)
B 1 Stephen Graham (Oklahoma State)
AP/P 44 Alan Henderson (AL) (Indiana)
B 32 Larry Hughes (Saint Louis)
P 11 Žydrūnas Ilgauskas (Lituania)
E/A 33 Luke Jackson (Oregon)
E/A 23 LeBron James (Instituto St. Vincent-St. Mary,
Akron, Ohio)
B 19 Damon Jones (Houston)
A/AP 24 Donyell Marshall (Connecticut)
A 14 Ira Newble (Miami)
A/P 3 Sasha Pavalović (Montenegro)
B 20 Eric Snow - Capitán (Michigan State)
AP 17 Anderson Varejão (Brasil)
(AL) - Axente Libre (^) - Elección de draft non asinada Cleveland Cavaliers

[editar] Adestradores

  • Bill Fitch 1970-1979
  • Stan Albeck 1979-1980
  • Bill Musselman 1980-1981
  • Don Delaney 1980-1982
  • Bob Kloppenburg 1981-1982
  • Chuck Daly 1981-1982
  • Bill Musselman 1981-1982
  • Tom Nissalke 1982-1984
  • George Karl 1984-1986
  • Gene Littles 1985-1986
  • Lenny Wilkens 1986-1993
  • Mike Fratello 1993-1999
  • Randy Wittman 1999-2001
  • John Lucas 2001-2003
  • Keith Smart 2002-2003
  • Paul Silas 2003-2005
  • Brendan Malone 2004-2005
  • Mike Brown 2005-Presente

[editar] Medios de comunicación

[editar] Radio

WTAM (frequencia 1100 na AM) en Cleveland é a estación máis importante dunha rede de 16 emisoras dos Cavaliers [1]. O veterán locutor Joe Tait traballa como comentarista das xogadas na radio dende 1970, cun parón mentres o dono do equipo era Ted Stepien. Tait está considerado coma un dos locutores máis importantes no deporte profesional estadounidense.

[editar] Televisión

A televisión dos Cavaliers emite por cable e por satélite a través da rede de Fox Sports en Ohio, e tamén na WUAB (canle 43) de Cleveland, e é a máis importante dunha rede de sete emisoras.

Dende 2006, o locutor Fred McLeod e o analista e antigo xogador dos Cavs Scott Williams son os encargados de retransmiti-los encontros por televisión. McLeod foi nomeado en substitución do que o fora por moito tempo, Michael Reghi. A lenda dos Cavs Austin Carr é o analista da WUAB.

[editar] Ligazóns externas

NBA
Conferencia Leste
División Atlántica: Boston Celtics | New Jersey Nets | New York Knicks | Philadelphia 76ers | Toronto Raptors
División Central: Chicago Bulls | Cleveland Cavaliers | Detroit Pistons | Indiana Pacers | Milwaukee Bucks
División Sueste: Atlanta Hawks | Charlotte Bobcats | Miami Heat | Orlando Magic | Washington Wizards
Conferencia Oeste
División Noroeste: Denver Nuggets | Minnesota Timberwolves | Portland Trail Blazers | Seattle SuperSonics | Utah Jazz
División Pacífica: Golden State Warriors | Los Angeles Clippers | Los Angeles Lakers | Phoenix Suns | Sacramento Kings
División Suroeste: Dallas Mavericks | Houston Rockets | Memphis Grizzlies | New Orleans/Oklahoma City Hornets | San Antonio Spurs
NBA All-Star Game | NBA Draft | Cadros de xogadores actuais dos equipos NBA | División Medio-Oeste
Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu