Cidade autónoma
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En España teñen o rango de cidades autónomas, Ceuta e Melilla.
É unha división administrativa especial, a medio camiño entre o municipio e a comunidade autónoma.
No ano 1995 aprobouse nas Cortes Xerais (Parlamento) un estatuto específico, que aínda que non lles concede capacidade lexislativa, si que lles permite propor nas Cortes as iniciativas lexislativas que consideren oportunas.
A diferenza das Comunidades Autónomas, non teñen unha asemblea lexislativa autónoma propia.