Coimbra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Coimbra é unha cidade portuguesa, capital do Distrito de Coimbra, situada na rexión Centro e subrexión do Baixo Mondego, con preto de 106 800 habitantes. A pouco máis de 200 km de Lisboa e a 100 km do Porto, está bañada polo río Mondego. Foi capital nacional da cultura en 2003.
É sede dun municipio con 316,83 km² de área e 148 474 habitantes (2001), subdividido en 31 freguesías. O municipio é limitado a norte polo municipio de Mealhada, a leste por Penacova, Vila Nova de Poiares e Miranda do Corvo, a sur por Condeixa-a-Nova, a oeste por Montemor-o-Velho e a noroeste por Cantanhede.
Índice |
[editar] Historia
Cidade de rúas estreitas, patios, escadiñas e arcos medievais, Coimbra foi berce de seis reis de Portugal e da Dinastía de Borgoña, así como da primeira Universidade portuguesa, unha das máis antigas da Europa.
Os Romanos chamaron á cidade, que se erguía no outeiro sobre o río Mondego, Aeminium. Máis tarde, co aumento da súa importancia pasou a ser sede de Diócese, substituíndo a cidade romana de Conímbriga, de onde derivou o seu novo nome. Durante o dominio mouro, Coimbra tórnase nun importante posto comercial entre o norte cristián e o sur árabe, cunha forte comunidade mozárabe. En 1064 a cidade é definitivamente reconquistada por Fernando Magno de León.
Coimbra renace e tórnase a cidade máis importante por baixo do río Douro, capital dun vasto condado gobernado polo mozárabe Sesnando. Co Condado Portucalense, o conde D. Henrique e a raíña D. Teresa fan dela a súa residencia, e foi alí onde nace o primeiro rei de Portugal, D. Afonso Henriques, que fai dela a capital do condado, substituíndo Guimarães (ademais esta mudanza da capital para os campos do Mondego virase a revelar vital para facer viábel a independencia do novo país, a todos os niveis: económico, político e social). Capitalidade que Coimbra conservará ata 1255, cando a capital pasa a ser Lisboa.
No século XII, Coimbra presentaba xa unha estrutura urbana, dividida entre a cidade alta, designada por Alta ou Almedina, onde vivían os aristócratas, os cregos e, máis tarde, os estudantes, e a Baixa, do comercio, do artesanado e dos barrios ribeiráns.
Desde mediados do século XVI, a historia da cidade pasa a xirar en torno á historia da Universidade de Coimbra, sendo no século XIX cando a cidade se comeza a se expandir alén do seu casco amurallado, que chega mesmo a desaparecer coa reformas levadas a cabo polo Marqués de Pombal.
A primeira metade do século XIX trae tempos difíciles para Coimbra, coa ocupación da cidade polas tropas de Junot e Masena, durante a invasión francesa e, posteriormente, a extinción das ordes relixiosas. Sen embargo, na segunda metade do século XIX, a cidade viría a recuperar o esplendor perdido – en 1856 xurde o primeiro telégrafo eléctrico na cidade e a iluminación a gas, en 1864 é inaugurado o ferrocarril e 11 anos despois nace a ponte férrea sobre as augas do río Mondego.
[editar] Monumentos
- Sé Velha de Coimbra
- Sé Nova de Coimbra
- Mosteiro de Santa Cruz
- Mosteiro de Santa Clara-a-Velha
[editar] Porta e Torre de Almedina
Como o propio nome indica, era a porta da Medina, entrada principal da cidade (Coimbra) intramuros.
Sita na parte máis baixa da muralla constituía o aceso de maior importancia militar e civil e o que tiña maior movemento. Foi, orixinariamente, unha porta entre dous cubos avanzados que, máis tarde, foron ligados por medio dun arco fundo e levantado o forte torreón. A Torre é probabelmente unha das torres máis defensivas de maior imponencia no perímetro da muralla, debido á vulnerabilidade do lugar.
[editar] Freguesías do Concello
As freguesías de Coimbra son as seguintes:
- Almalaguês
- Almedina (Coimbra)
- Ameal
- Antanhol
- Antuzede (Coimbra)
- Arzila
- Assafarge (Coimbra)
- Botão
- Brasfemes
- Castelo Viegas (Coimbra)
- Ceira (Coimbra)
- Cernache
- Eiras (Coimbra)
- Lamarosa
- Ribeira de Frades
- Santa Clara (Coimbra)
- Santa Cruz (Coimbra)
- Santo António dos Olivais (Coimbra)
- São Bartolomeu (Coimbra)
- São João do Campo
- São Martinho de Árvore
- São Martinho do Bispo (Coimbra)
- São Paulo de Frades (Coimbra)
- São Silvestre
- Sé Nova (Coimbra)
- Souselas
- Taveiro
- Torre de Vilela
- Torres do Mondego (Coimbra)
- Trouxemil
- Vil de Matos