Guimarães
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Guimarães é unha cidade portuguesa situada no Distrito de Braga, rexión Norte e subrexión do Ave (unha das subrexións máis industrializadas do país), cunha poboación de 52.182 habitantes, repartidos nunha malla urbana de 23,5 km², en 20 freguesías e cunha densidade poboacional de 2 223,9 hab\km².[1] É sede dun município con 242,85 km² de área e 161.876 habitantes (2004), subdividido en 69 freguesías, residindo a maioría da poboación na cidade e na súa zona periférica. O município está limitado ao Norte polo municipio de Póvoa de Lanhoso, no Leste por Fafe, ao Sur por Felgueiras, Vizela e Santo Tirso, e no oeste por Vila Nova de Famalicão e a noroeste por Braga.
É unha cidade histórica, cun papel crucial na formación de Portugal, e que conta xa con máis dun milénio desde a súa fundación, altura en que era designada como Vimaranis
Guimarães é unha das máis importantes cidades históricas do país, sendo o seu centro histórico considerado Património Cultural da Humanidade, tornándoa definitivamente un dos maiores centros turísticos da rexión. As súas rúas, avenidas e monumentos respiran historia e encantan quen a visita.
A Guimarães actual soube conciliar, da mellor forma, a historia e consecuente mantemento do patrimonio con o dinamismo e emprendedorismo que caracterizan as cidades modernas.
Índice |
[editar] Historia
A cidade foi fundada, sobre un asentamento anterior, polo magnate galego Vimara Peres, de onde tomou o seu nome (Vimaranis, logo Guimaranis), e moi logo foi centrado aquí o primeiro Condado de Portugal, en 1086. Como primeira capital lusa, é denominada "O Berce de Portugal" . En 1095, Henrique de Borgoña, que casara con a princesa Teresa, filla do rei Afonso VI, estabeleceu en Guimarães o 2º Condado de Portugal. O 25 de xullo de 1109, Afonso Henríques, fillo de Henrique de Borgoña, naceu nesta cidade; anos máis tarde proclamaría a independencia de Portugal do reino de León, logo da Batalla de San Mamede (24 de xuño de 1128), e proclamándose rei de Portugal. A conmemoración desa batalla, cada 24 de xuño, é festa local en Guimarães.
[editar] Xeografía
[editar] Orografía e hidrografía
O concello é delimitado ao Norte polos montes da Falperra e Sameiro e ao Sur polo monte da Penha.
A montaña da Penha, con 613 metros, apreséntase como o punto máis elevado do concello.
É parte integrante da bacía hidrográfica do río Ave, que ten como afluentes o río Vizela, rio Torto, rio Febras, e dentro da cidade, o rio Selho, río de Couros e a ribeira de Santa Lúzia.
Os solos tén excelente aptitude agrícola, sendo separados por algnhas zonas forestais, principalmente nas cotas máis altas.
[editar] Clima
Debido às condicionantes físicas e por se encontrar afastado do litoral, os invernos son fríos e chuvosos e o verán quente, sendo a temperatura media anual de 14º.
[editar] Economia
Ten unha intensa actividade económica, especialmente nas seguintes actividades: fiado e tecelaxe de algodón e liño, coitelaría, curtumes, quinquillaría e artesanado, (ourivesaría, cerámicas e bordados).
[editar] Patrimonio
Primeira capital do Condado Portucalense e do país, é unha das máis importantes memorias vivas, da afirmación e independencia de Portugal. Este feito, aliado á clasificación do Centro Histórico de Guimarães como Património Cultural da Humanidade en 2001, desempeña un papel fundamental na diferenciación de Guimarães como atracción turística no contexto dos circuítos de turismo cultural no Noroeste Peninsular.
Podemos salientar os seguintes locais como de particular interese:
[editar] Arquitectura religiosa
A Capela de San Miguel do Castelo é unha capela románica, construída no século XIII, onde segundo a lenda fora sido bautizado Afonso Henriques.
Capelas dos Pasos da Paixón de Cristo.
No Convento de Santa Clara, sitúase nela a actual Cámara Municipal de Guimarães.
Do primitivo edifício da Igrexa de Nosa Señora da Oliveira nada resta. Xoán I mandou edificar o actual edifício, en finais do século XIV, como paga pola sua vitoria na Batalla de Alxubarrota. Ten unha importancia crecida para os vimaranenses, xa que esta é a santa padroeira da cidade.
- Igrexa da Misericordia
- Igrexa de San Pedro
A Igrexa de San Domingos, de estilo gótico, foi mandada construír pola orde dominica.
- Igrexa e Convento das Dominicas
O Convento de San Francisco construído no inicio do século XV, foi alterada no século XVII. Apenas o portal e a cabeceira conservan o seu carácter gótico primitivo. Na capela maior ten aínda interesantes retábulos de talla dourada e azulexos historiados do inicio do século XVIII, con escenas da vida de Santo Antonio.
- Igrexa de Nosa Señora da Consolación e Santos Pasos (coñecida vulgarmente por Igrexa de San Gualter);
Na descida da Penha, inserida nun percurso de montaña, encóntrase o Mosteiro de Santa Mariña da Costa, convertida en Pousada, por proxecto de Fernando Távora.
- Igrexa de Serzedelo (Monumento Nacional)
[editar] Arquitectura civil
A cidade de Guimarães apresenta unha riquísima variedade na súa arquitectura civil, sobresaíndo o Pazo dos Duques de Braganza, construído no século XV por D. Afonso, 1.º duque de Braganza, e que debido ao seu posterior abandono sería reconstruído na década de 1930.
A Rúa de Santa María, de orixe medieval, era zona privilexiada da elite vimaranense, ligando antigamente a zona do Castelo á Colexiata de Guimarães na praza da Oliveira, mais actualmente comeza no Largo do Carmo, onde despuntan a casa onde morreu Francisco Martins Sarmento, a Igrexa do Carmo e o seu chafariz central.
Descendo esa rúa accedemos á zona central da zona histórica onde se encontran a Praza de Santiago, ladeada de casas antigas, de sacadas rematadas pelo tradicional alpendre, gardando un cuño medieval acentuado e a Praza da Oliveira, onde se pode admirar a Igrexa de Nosa Señora da Oliveira e o Padrão do Salado. Estas duas prazas son coñecidas localmente por seren o centro da movida vimaranense, debido à concentrazón de bares que se estende polas prazas e arruamentos periféricos. Como elemento de ligazón, existen os Antigos Pazos do Concello, onde se localiza o actual Museo de Arte Primitiva Moderna.
A Casa da Rúa Nova, situada na actual rúa de Egas Moniz, que alberga actualmente o Gabinete Técnico Local.
Na Casa dos Lobos Machado, sitúase a Associação Comercial e Industrial de Guimarães.
O Largo do Toural (coñecido como a "sala de visitas" da cidade e así chamado por ter sido inicialmente construído como unha feira de venda de gado), é actualmente comno conxunto das prazas da Oliveira e de Santiago, considerado popularmente como o centro da cidade. É ladeado de casas antigas con tellados de augas furtadas, xanelas enormes que ocupan toda a fachada e belas reixas de ferro forxado.
A Rúa D. João I, antiga Rúa dos Gatos, foi unha das primeiras rúas a existir fóra do perímetro amurallado e servía de ligazón à antiga estrada para o Porto.[2]
O Palacio Vila Flor, situado atá principios do século XX nos arrabaldes da cidade, foi onde primeiramente se situou a Universidade do Minho e onde actualmente se sitúa o Centro Cultural Vila Flor.
O Parque da Cidade, é o maior espazo verde da cidade.
Fora da área urbana pódese encontrar o Campo da Ataca, onde se tería iniciado a Batalla de São Mamede. Sobranceiro á cidade, o monte da Penha é um prácido sítio de onde se pode desfroitar dunha panorámica do concello e concellos envolventes. Merece aí destaque a igrexa proxectada por José Marques da Silva ou a estatua de Pio IX, situada no punto máis alto do concello. Gravado nunha rocha, obsérvase um baixo-relevo dos aviadores Gago Coutinho e Sacadura Cabral. Débese aínda referir o busto sobre pedestal de José de Pina e a imaxe de San Cristovo, encuadrada no alto dun rochedo.
[editar] Arquitectura militar
O Castelo de Guimarães foi mandado construír no século X pola Condesa Mumadona para defender a poboación dos ataques dos musulmanos, tendo aínda sido construídas posteriormente as Murallas de Guimarães.
[editar] Museos, espazos culturais e galerias de arte
A Sociedade Martins Sarmento é das máis antigas institucións vimaranenses e nacionais, dedicada ao estudo e preservazón de vestíxios arqueolóxicos. Ten sobre a súa alzada dous museos. O Museo Arqueolóxico da Sociedade Martins Sarmento situado na súa sede, é coñecido polas colecções pre e protohistóricas, albergando ainda coleccións de numismática, medallística e epigrafía latina. O Museo da Cultura Castrexa, situado na freguesía de S. Salvador de Briteiros, perto da Citania de Briteiros, dedícase á cultura castrexa.
Na cidade o Museo Alberto Sampaio, dependente do Instituto Portugués de Museos, sitúase nas antigas instalazóns do Cabido da Colegiata da Oliveira posuíndo un rico acervo, constituído principalmente por pezas dos séculos XIV, XV, e XVI e onde sobresae a laauda de Xoán I.
Nos antigos pazos municipais, o Museo de Arte Primitiva Moderna versa sobre a pintura xeralmente conhecida como Naïf.
O Museo da Vila de São Torcato é dedicado á vivencia da rexión e o seu mosteiro e máis a súa relazón com San Torcato.
O Museo da Agricultura de Fermentões expón colezóns dedicadas ás tradicionais prácticas agrícolas da rexión.
O Museo Parroquial de San Sebastián, inaugurado a 24 de marzo de 1984, ten o seu acervo constituído na súa grande maioría por pezas de arte sacra.
A Biblioteca Raul Brandão, ten a súa sede na cidade e dispón ainda bibliotecas anexas nas vilas de Pevidém e Caldas das Taipas, bibliotecas escolares, centros de día e cafés.
No ámbito da Capital Europea da Cultura, será construído un Centro de Arte Contemporánea.
O Laboratorio das Artes foi fundado por estudantes da ESAP.
[editar] Vimaranenses ilustres
Os habitantes de Guimarães son chamados vimaranenses. Destacamos algúns de importancia recoñecida, en varias áreas:
|
|