Condado de Ribadeo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
No 1369, a loita polo trono entre Pedro I o Cruel e Henrique de Trastámara, marcou un cambio de rumbo para Ribadeo, que de estar baixo protección real pasou a ser un condado, en mans dun francés, Pedro Le Vesque de Vilaines (Pierre de Villaines, ou Pierre le Begue, segundo outros) compañeiro de Bertrand du Guesclin nos apoios pola consecución do trono por parte de Enrique, recibíndoo coma pago polo seus servizos o 20 de decembro de 1369. O pouco tempo, éste vendería o condado a Rui López Davalos, Condestable de Castela, que se converte no II conde de Ribadeo e, que caeu en desgraza ante o novo rei Xoán II, o cal se viu na obriga, a falta de descendencia por parte do conde, de dividi-lo condado (outra versión indica que sinxelamente, pola caída en desgraza, o condado reverquiu na Coroa). Máis tarde Xoán II volveuno a concederllo no seu conxunto (no ano 1431) a Rodrigo de Villandrando. O título levou posteriormente parello o comer co Rei o día de Epifanía e levar o traxe que puxera o Rei ese día, como consecuencia de que o conde librara ó Rei de caer en mans do Infante don Enrique. Despois dunha sucesión de condes, o condado seguiu unificado ata que co casamento de Rodrigo de Silva e Sarmiento de Villandrando e a III dona da familia de Híjar, incorporouse, no canto o título o condado da Casa de Híjar, ata o seculo XIX (1877), no que chega ó XXIV conde de Ribadeo e XVI duque de Híjar, Afonso de Silva y Fernández de Córdoba (Alfonso de Silva y Campbell). Coa morte do mesmo (no ano 1955), pasou a Casa de Alba. A herdeira foi a súa neta Cayetana Fitz-James Stuart y Silva, XXV condesa de Ribadeo. A comenzo dos tempos modernos -sobre o 1500- Ribadeo aparece, en definitiva, baixo o dominio particular dos seus condes, no que concerne o seu goberno, e dende o punto de vista económico da vila encontrabase estreitamente vinculada a economía do Atlántico, grazas as exportacions de madeira en dirección a Sevilla e Lisboa, a construción de naos e a emigración cara Sevilla e Indias.
[editar] Outros títulos nobiliarios relacionados con Ribadeo
O 25 de xuño de 2002 o Rei Xoán Carlos I de España concedeulle o título e "Marqués de la Ría de Ribadeo con Grandeza de España" a Leopoldo Calvo-Sotelo.