Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Ribadeo - Wikipedia

Ribadeo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ribadeo
Situación
Xentilicio 1: ribadense
Xeografía
Provincia: Provincia de Lugo
Comarca: Mariña Oriental
Área: 112'3 km²
Entidades de poboación: 136
Capital do concello: Ribadeo
Latitude e lonxitude: 43º 32' 17 Norte,
07º 02' 21 Oeste
Altitude máxima: Monte Mondigo, 571 m.
Altitude mínima: 0 m.
Zona horaria: 2 UTC + 1
Demografía (2004)
Poboación: 9270 hab.
Densidade: 82'5 hab./km²
Uso do galego 3 (2001)
Galegofalantes sobre o total da poboación: %
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos
Sempre: %
Ás veces: %
Nunca: %
Política (2003)
Concelleiros 4: PPdeG 6 (votos 2.597 - 42,98 %)
BNG 3 (votos 1.408 - 23,30 %)
PSdeG-PSOE 4 (votos 1.941 - 32,13 %)
Outros: - (- %)
Alcalde: Balbino Pérez Vacas (PSOE)
Eleccións municipais en: 'Ribadeo'
Censo electoral (2003)
Total electores: 8.770 - 100 %
Votantes: 6.120 - 71,20 %
Abstencións: 2.476 - 28,80 %
Votos en branco: 96 - 1,57 %
Votos nulos: 78 - 1,27 %
Orzamentos 5 (2000)
Total ingresos:
Tributos propios por habitante:
Transferencias por habitante:
Consumo público por habitante:
Gasto de capital por habitante:
Enderezos
Enderezo físico: Plaza de España, s/n
Teléfono: 982 128 650
Fax: 982 128 662
Código Postal: 27700
Correo electrónico: ayuntamiento@ribadeo.org
Sitio web oficial: http://www.ribadeo.org

Notas: 1 Véxase no Galizionario.

2 No verán: UTC + 2.
3 Datos de 2001 publicados en 2004.
4 Eleccións Municipais Maio 2003.
5 Datos de 2000, daquela non existía o Euro, convertíronse as pesetas a Euros.

Concello da Provincia de Lugo en Galicia. Pertence á Comarca da Mariña Oriental.

Limita cos concellos de Barreiros, Trabada, Castropol e A Veiga (con nome oficial Vegadeo actualmente ), estes dous últimos no Principado de Asturias, á outra beira da ría de Ribadeo, e o Mar Cantábrico.

A poboación en 2004 era de 9.270 persoas, segundo o Padrón municipal de habitantes. O xentilicio (véxase no Galizionario) : Ribadense

Índice

[editar] Xeografía

Vista da 'Illa Pancha', na parte galega da saída da ría de Ribadeo. Ó fondo, o Mar Cantábrico. Á dereita, a ría.
Vista da 'Illa Pancha', na parte galega da saída da ría de Ribadeo. Ó fondo, o Mar Cantábrico. Á dereita, a ría.

Ribadeo localízase no extremo nororiental da provincia; o norte linda co mar Cantábrico (uns 15 km de costa), ó leste coa Ría de Ribadeo, que o separa do concello asturiano de Castropol. No extremo sureste, en Porto (parroquia de Vilaosende) limita co municipio asturiano da Veiga de Ribadeo (Vegadeo). Esta beira oriental ten uns 15 km, dos que algo máis de 11 son de ría. Ó sur linda co municipio de Trabada en toda a súa extensión, uns 12 km. Ó oeste limita con Barreiros, ó longo duns 15 km. De leste a oeste, pola parte máis ancha, mide 12,75 km, e de norte a sur uns 10,5 km. As coordenadas xeográficas do Concello abranguen dos 43° 27' 40" N ós 43° 33' 46" N, e dende os 7° 01' 09" O a 7º 12' 25" O. Está asentado sobre terreos esquistosos formados por lousales uniformes, con niveis de cuarcitas e areniscas atravesados por filóns de cuarzo e un esporádico afloramento eruptivo nas proximidades do Rinlo. O seu releve, ten unha relativa suavidade e con penachos de cresterías de cuarcitas, que se resolven en duas unidades morfolóxicas, perfectamente definidas: o norte e sobre o mar, unha plataforma litoral, que corresponde a denominada rasa cantábrica; namentres que no resto do territorio presenta unha sucesión de colinas, cuia máxima altitude situase en torno os 555 metros. Este aspecto orográfico xeral queda limitado por unha primeira alineación septentrional constituida por elevacions que toman a sua iniciación cerca de Liñeira e continúa polo extremo oriental de Cereixido (308 m.), Acebedo (314 m.) o Canoíños (335 m.), entre outros e, unha segunda alineación (zona occidental e meridional), que formase cos cumes de Penalonga (509 m.), Mondigo (571 m.) e o Val das Eguas (438 m.). Estas alineacións montañosas actúan como divisoria de augas entre a cunca do Eo e os regatos que verten directamente ao Mar Cantábrico.

Vista da Pena Furada, na parte galega da ría de Ribadeo. Ó fondo, a enseada de Arnao, na parte asturiana da ría.
Vista da Pena Furada, na parte galega da ría de Ribadeo. Ó fondo, a enseada de Arnao, na parte asturiana da ría.

[editar] Situacion xeográfica da capital

43º 32' 17 Norte

07º 02' 21 Oeste

[editar] Superficie

112'3 Km2

[editar] Montes

  • Cereixido (308 m.)
  • A Coroa (367 m.)
  • Acebedo (314 m.)
  • Canoíños (335 m.)
  • Pico de Pastoriza (204 m.)
  • Fontes do Lobo (186 m.)
  • Santa Cruz (173 m.)
  • Montes Vequeixo (378 m.)
  • Penalonga (509 m.)
  • Mondigo (571 m.)
  • Montes (552 m.)
  • Foxas (198 m.)
  • A Capela (182 m.)
  • Vilar (205 m.)
  • Penedo Corvo (435 m.)
  • As Grandas (418 m.)
  • Val das Eguas (438 m.).

[editar] Hidrografía

A aba septentrional encontrase percorrida por varios regatos que teñen os seus correspondentes nacementos nas ladeiras montañosas próximas a costa; a medida que esta rede fluvial vaise separando da divisoria de augas, os regatos descenden bruscamente hacia la plataforma litoral, formando valonadas encaixadas. A rede fluvial da zona meridional está formada por ríos de maior lonxitude que, dirixindose cara o leste, verten o seu caudal no río Eo ou na propia ría, accidente xeográfico procedente dun val fluvial que rompe a continuidade da plataforma de arrasamento, encaixándose nela por unha elevación costeira, por un descenso do nivel mariño, ou ben por un mecanismo de erosión remontante o perde-la anchura a rasa polo retroceso cara terra do fronte acantilado.

[editar] Ríos

Vista da 'Punta da Cruz', na parte asturiana da saída da ría de Ribadeo, dende preto da Pena Furada, sobre a ría. Ó fondo, o mar Cantábrico. En primeiro termo, a ría.
Vista da 'Punta da Cruz', na parte asturiana da saída da ría de Ribadeo, dende preto da Pena Furada, sobre a ría. Ó fondo, o mar Cantábrico. En primeiro termo, a ría.

[editar] Regatos

  • Vilaselán
  • Moreira
  • Capela
  • San Xián
  • Perdón
  • Esteiro
  • Teixeiras
  • Noceda
  • Ferreira
  • Xallán
  • Deveiga

[editar] Clima

Ribadeo posue unas características bastantes similares as outras duas comarcas que forman A Mariña Lucense, con temperaturas suaves na costa (sendo a media de 13º C.) e precipitacions medias durante todo o ano, cunha media 1.019 mm. Xa no interior, as temperaturas van descendendo e aumentan as precipitacions a medida que nos achegamos a montaña, cunha clara influencia nas condicions climatolóxicas dos ventos cantábricos, o que ocasiona unha oscilación térmica de 11'2º C.

[editar] Flora

Na vexetación referente, temos por un lado a típica vexetación dominante das marismas costeiras atlánticas (zostera marina, zostera noltii, xuncais e canaverais), e por outra unha grande superficie forestal ocupada por eucaliptos e pinos.

[editar] Historia

[editar] Antigüidade

Ribadeo debe o seu nome o río Eo, xa que, según Isidoro Millán, procede de "ripa-de-uve", nome prelatino que significaría húmido, mollar ou bañar. O nome de Eo aparece no documento do rei Silo (ano 775), quizais o documento escrito máis antigo da Península, baixo a forma "IUBE". Nembargantes a que, como sucede na maioría das poboacions urbanas de Galicia, a vila de Ribadeo carece dunha historia actualizada e completa, podemos sinalar que grazas a os traballos de eruditos locais (San Julián e Francisco Lanza) e as investigacions dos seculos XVI-XIX, pode describirse unha estampa bastante satisfactoria do Ribadeo moderno, quedando a prehistoria, a historia antigua e a medieval un tanto descoñecidas.

Vista do Parque do Cargadoiro, en Ribadeo. Está construído na zona que antigamente (ppos. S. XX) ocupaba o depósito de mineral de ferro traído de Vilaodriz, cunha pasarela que era a ponte que actuaba de cargadoiro (de aí o seu nome).
Vista do Parque do Cargadoiro, en Ribadeo. Está construído na zona que antigamente (ppos. S. XX) ocupaba o depósito de mineral de ferro traído de Vilaodriz, cunha pasarela que era a ponte que actuaba de cargadoiro (de aí o seu nome).

Os primeiros vestixios históricos son de orixe fenicio, un asentamento mineiro-comercial alá nos seculos XX a XVI a.C. (antes de Cristo). Aínda que é probable a presenza posterior de cartaxineses e gregos, pola importancia do seu comercio en Galicia, non se dispon de datos da sua incidencia na ría de Ribadeo. Existen, eso sí, restos importantes dos celtas autóctonos, como a famosísima Diadema de Ribadeo toda ela chea de baixoreleves cunha serie de torques ademáis de espadas e fíbulas. O que fai que se discuta sobre o grupo étnico celta que poboaba a zona: segúndo alguns foron os Eosios e para outros foron os Cibarcos. Sea como fuse, o certo é que tiveron que recibi-la visita dos romanos, pero non hai achadego de restos das calzadas, fontes, templos, etc... tan so pequenas pezas de cerámica, algunhas moedas, etc.. En resumo, a existencia dalgunha mámoa testimonia un poboamento temprano, o igual que sucede cos numerosos castros e os achádegos de torques e de unha diadema, os cales evidencian unha floreciente cultura do bronce.

Vista actual dunha antiga ponte sobre a antiga vía do ferrocarril Ribadeo - Vilaodriz. O camiño actualmente forma parte do 'Camiño Norte' de Santiago
Vista actual dunha antiga ponte sobre a antiga vía do ferrocarril Ribadeo - Vilaodriz. O camiño actualmente forma parte do 'Camiño Norte' de Santiago

Dos primeiros seculos de nosa era cabe supoñer que a poboación celta-romana foi evolucionando dunha manera similar a como se fixo no resto de Galicia. Máis adiante chegarían os suevos e parece ser que o declive foi bastante importante. Falase de que un xenro de Don Pelaio, chamado Afonso o Católico, repobou Ribadeo quizáis con refuxiados cristianos que fuxían do avance musulmán. A igrexa de Ribadeo foi catedral ata o ano 918, no que Ordoño cambiou a sé a Mondoñedo, pero non duraría moito tempo.

[editar] Idade Media

Repoboada o non por Afonso o Católico, o certo é que a mediardes do seculo XII a vila asentabase na enseada da Vilavella, pois o primitivo núcleo de Cabanela e Porcillán foi abandoado fuxindo dos ataques dos hérulos e normandos nos seculos IX e X. Pero, realmente so a partir do seculo XII podese falar dunha historia de Ribadeo con fundamento. Sobre o 1128 Afonso VII levou a cabo un reordenamento territorial, amplando as tierras do realengo a costa das do bispo. Nesta data, o territorio que logo constituiría o alfoz de Ribadeo, existían xa 21 parroquias; polo que, esta zona era, conseguintemente, a principios do seculo XII un lugar densamente poboado, de ahí que Fernando II, no 1183, decidise crear unha vila; é decir, eleva-lo rango de tal a un núcleo xa existente, otorgándolle unha carta poboa con varios privilexos, entre eles o da posibilidade de celebrar un mercado. Tamén concede o obispado de Mondoñedo os dereitos sobre o territorio dependente da igrexa de Santiago de Vigo, que chegaban ata o porto de San Xulián (Porcillán), onde comenzaba Vilaselán. Os deseos da monarquía de favorece-la xoven vila apercibense tamén no feito de que no ano 1202 ampliouse considerablemente o seu alfoz: ademáis do mesmo foro, a vila recolleu, pouco a pouco, outros elementos característicos do ámbito urban: igrexa colexiata, conventos de San Francisco e Santa Clara (seculos XIII-XIV), murallas (derrubadas no s. XVIII das que queda un torreón do s. XIII) . Os traballos de investigación de Fernando Alsina espoñen - para esta data- a ruralización das suas xentes, adicadas en maior medida o aproveitamento agropecuario e na menor medida a artesanía. A paisaxe para os seculos XIV e XV era máis alentador: explotación das suas fragas, cultivo da vide e exportacions comerciais. Máis precisas son as noticias referentes a fidalguía do núcleo, feito que condicionará o governo da vila e o seu alfoz dende finais do seculo XV ata comenzos do XIX. Hai que ter en conta que neste anos posteriores produciranse cambios na sé obispal entre Mondoñedo e Ribadeo, que acabarán no ano 1270, cando Nuno II concederá a Colexiata, que chegará ata e seculo XIX.

No 1369, a loita polo trono entre Pedro I o Cruel e Enrique de Trastámara, marcou un cambio de rumbo para Ribadeo, que de estar baixo protección real pasou a ser un condado, en mans dun francés, Pierre de Villaines (Pierre le Begue, segundo outros) que a recibe coma pago polo seus servicios o 20 de decembro de 1369. O pouco tempo, éste vendería o condado a Rui López Davalos que se coverte no II conde de Ribadeo e, que caeu en desgracia ante o novo rei Xoán II, o cal se viu na obriga, a falta de descendencia por parte do conde, de dividi-lo condado; aunque máis tarde volveuno a unir, despois de concederllo no ano 1431 a Rodrigo de Villandrando. Despois dunha sucesión de condes, o condado seguiu unificado ata que co casamento de Rodrigo de Silva e Sarmiento de Villandrando e a III dona da familia de Híjar, incorporouse, no canto o título o condado da Casa de Híjar, ata o seculo XIX, no que, coa morte do XXIV conde de Ribadeo e XVI duque de Híjar, Afonso de Silva y Fernández de Córdoba (no ano 1955), pasou a Casa de Alba. A herdeira foi a súa neta Cayetana Fitz-James Stuart y Silva, XXV condesa de Ribadeo. A comenzo dos tempos modernos -sobre o 1500- Ribadeo aparece, en definitiva, baixo o dominio particular dos seus condes, no que concerne o seu governo, e dende o punto de vista económico da vila encontrabase estreitamente vinculada a economía do Atlántico, grazas as exportacions de madeira en dirección a Sevilla e Lisboa, a construcción de naos e a emigración cara Sevilla e Indias.

[editar] Idade Moderna

Frontal da igrexa parroquial de sta. María do Campo, no centro urbán ribadense
Frontal da igrexa parroquial de sta. María do Campo, no centro urbán ribadense

Ata 1660-1680 a vida comercial da vila xira en torno o comercio da madeira, como o demostran as escrituras de fletamento e outros contratos entre mercadeiros. Durante este tempo, Ribadeo aparece como cabeza de ponte entre as terras do seu traspaís a Sevilla e Indias. Dende o punto de vista social é significativo que, entre os seculos XVI-XVIII a relación entre fidalgos e comerciantes fose fluida e abierta, sen que quepa establecer distincions artificiosas entrambos grupos. Pese a que o movimento económico era intenso no seculo XVI e na primera metade do XVII, as dimensions da vila eran reducidas: uns 254 veciños no 1587, e prácticamente os mesmos -243- no 1646. Hacia mediardes do seculo XVIII o comercio da madeira deixou de te-la importancia de antes, e o tráfico do porto baseabase na importación do sal, ferro e textis. Este cambio de orientación económica produxose cando se autorizou a importación directa e con desgravacions, dende a Europa Nórdica.

No ano 1751 o condado parecia ter sete freigresías e oito vilas: Ribadeo, Vilaselán, Vilaframil (A Devesa), Vilandriz (A Devesa), Vilagüiz (A Devesa), Vilamariz (Arante) e Vilavella (Ribadeo). Dende enton, o ritmo da zona cambiou, asentándose nela unha serie de comerciantes, en particular asturianos -Ibáñez, Campoamor, Villaamil, Lanza-, a cuios almacens se acudían na busca de liño, para elaborar os panos que posteriormente se exportaban a Castela. Neste momento, despois da absorción do Condado, Ribadeo é un señorío xurisdiccional cunha serie de privilexios tributarios para os señores xurisdiccionais que non tuveron choques cos vilans, ata case o final da sua existencia no 1812. Neste mesmo ano, o dato demográfico, dos veciños do señorío era de 948, repartidos da seguinte forma: Ribadeo (280), Arante (65), Cubelas (140), Obe (91), Vilaselán (53), A Devesa (207), Rinlo (68) e Piñeira (64).

De todas formas, cando con posterioridade a 1820 se gravaron as importacions de liño e comenzaron a invadir Galicia os tecidos catalans. Xa viñase arrastrando dende o seculo XVI cinco provincias galegas (A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Betanzos, Tui e Mondoñedo). No 1822 fundense en catro, isto eralle bo a Ribadeo xa que reducia o custo dos gravámenes, pero por pouco tempo. No 1823 volven a ser de novo sete e no 1833 establecense xa, definitivamente, as catro provincias actuais, co que Ribadeo deixa de formar parte da provincia de Mondoñedo, cidade coa que sempre mantivo enfrontamentos porque a sé episcopal, recelosa da puxanza comercial da vila do Eo, gravou unha gran cantidade de impostos, que incluso fixo fuxir para Castropol a unha parte importante da burguesía comerciante. Territorialmente, no 1835, algunhas parroquias do sur do concello de Ribadeo unironse para constituir o concello de Cedofeita pero no 1843, a Xunta Provisional de Governo de Ribadeo abortou esta iniciativa e nunca máis houbo problemas coa integridade territorial do concello.

O seculo XIX marca un punto de inflexión decisivo entre o Ribadeo antigo e o Ribadeo que camiña cara a actualidade coa desaparición da muralla, ademáis de outras construccions que marcaban a vida da villa durante os seculos anteriores. O señorío de Ribadeo abarcaba as seguintes parroquias do concello: Santa María del Campo (Ribadeo), Santa María de Vilaselán, San Juan de Piñeira, Santa Eulalia (Santalla) de A Devesa, San Vicente de Cubelas, San Juan de Obe y San Pedro de Arante. O tráfego comercial e a vida económica do porto viuse seriamente afectada, aunque puido sosterse durante o seculo XIX, o permitírselle na década dos 1840 comerciar con América, e diversifica-las suas importacions con abonos e coiros e aproveitarse do florecemento agrícola, baseado no cultivo do trigo, o millo e a pataca.

[editar] Século XX e actualidade

A comenzos do seculo XX e ata mediados do mesmo, o tren mineiro de Vilaodriz deu moito empuxe a todo o entorno do Río Eo, dexde A Pontenova (donde se cargaba o mineral) ata Ribadeo, en donde faciase a descarga nos barcos. Foron aquelos uns anos de grande actividade social e cultural. Surxiron varias sociedades culturais e bibliotecas. Creouse tamen por aquel entonces a Escola Agraria "Pedro Murias" (a mediardes do seculo), sustentada por un indiano en Cuba. No 1915 construese a Torre dos Moreno, unha das obras arquitectónicas máis características de Ribadeo, edificio xa contaba con ascensor e sistemas de recollida de lixo por medio de tuberías internas.

Das sociedades que se crearon a principios do seculo, todavía existen dous con patrimonios moi importantes, aunque con pouca actividade. Unha é a Sociedade Filantrópico Dramática, propietaria do Cine Teatro, donde se organizaban unhas fenomenais actuacions con artistas ribadenses coma o cantante de ópera Manolo Cortés, os Ruiseñores do Eo e a Coral Polifónica. A outra é a Sociedade de Socorros Mutuos "A Concordia", unha especie de seguridade social para os desamparados, que recentemente chegou a un acordo co Concello para crear un Centro de Día de asistencia os maiores, a situar no antigo matadeiro cunha magnifica vista sobre a Ría. Naceron tamén numerosas publicacions, algunas efímeras, as máis destacadas "Riberas del Eo" e "La Comarca del Eo" (esta derradeira fundada no 1919 por Francisco Lanza e vicedecana dos semanarios galegos, actualmente baixo a dirección do Progreso de Lugo).

Vista do porto Deportivo de ribadeo dende o Mirador da ermida de S. Miguel
Vista do porto Deportivo de ribadeo dende o Mirador da ermida de S. Miguel

Ribadeo mantivo ata finais do século XX a cabeceira de Partido Xudicial, do que só queda como resto un xulgado de 1ª instancia.

No derradeiro tercio do seculo XX, cando xa se acercaba a democracia, creouse o primeiro Instituto de Bacharelato da zona (actualmente Instituto Dionisio Gamallo Fierros). Nun primeiro momento foi denominado "Instituto Laboral" debido a que nél se realizaban prácticas dos diferentes oficios e profesions. Tamén se construe o actual Parador Nacional de Turismo, cunhas excelentes vistas sobre a ría. O porto de Ribadeo traballaba nesos momentos a pleno rendemento, coa Aduana da provincia de Lugo e segue aumentando o ritmo ano a ano. Xa nas dúas derradeiras décadas do seculo XX, un dos acontecementos máis importantes para Ribadeo foi a construcción da Ponte dos Santos (rematada no veran de 1987), factor que provocou na vila unha concentración e o auxe do comercio e servicios. Tamén é de especial importancia a actividade económica, artística e cultural, naceron numerosas e valiosísimas iniciativas, algunhas delas en pleno funcionamento como a Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo e baixo a batuta de Carlos Alvarez Fdz-Cid, a Coral Polifónica (Decana da Provincia).

Tra-las eleccións municipais de 2003, o goberno municipal está formado polos concelleiros do PSOE e BNG (4 e 3 concelleiros, respectivamente), estando o PP (5 concelleiros) na oposición. Os anteriores gobernos municipais foron do Bloque Nacionalista Galego (antes de 1995) e do Partido Popular (1995-2003). Alcalde: Balbino Pérez Vacas (PSOE). 1º Tenente de Alcalde: Fernando Suárez Barcia (BNG).

[editar] Vestixios arqueolóxicos

Xacemento paleolítico de Louselas (Vilaselán), castros en Vilaselán, A Devesa (eiquí encontrase unha plaia con mesmo nome pola abundancia de restos que se atoparon), Vilaosende, As Anzas e Arante. As mámoas encontranse en Mondigo, restos da fortaleza de Os castros (Vilaosende); Diadema de Ribadeo; Restos de murallas e castelo en Ribadeo; Pena Furada; Carneiro alado.

[editar] Sociedade e economía

Vista dunha das típicas casa de indianos en Ribadeo.
Vista dunha das típicas casa de indianos en Ribadeo.

Literalmente podese dicir que Ribadeo pasou durante o seculo XX por varios estadios: Dende fins do XIX ata 1910 houbo un considerable aumento da poboación, grazas o crecemento vexetativo e a unha débil emigración. Entre 1910 e 1920 entramos nunha etapa de caída demográfica, debido o menor crecemento vexetativo por causas dun aumento na emigracion. Dende 1920 ata 1940 viviuse unha etapa de forte crecemento, alcanzándose na última das datas o maior número de habitantes en todo o seculo. Polo contrario, entre 1940 e 1970 e, a causa dunha forte emigración producese unha forte caída do compoñente demográfico, alcanzándose no 1970 un menor número de poboadores que no ano 1900. Xa por último, dende a década dos setenta en adiante asistese a unha recuperación demográfica polo freo da emigración. Na actualidade, a poboación asenta sobre doce parroquias, que engloban a 137 entidades de poboación, destacando os núcleos de Rinlo e Ribadeo.

Vista da Ponte dos Santos, que une as beiras galega e asturiana da ría de Ribadeo. En primeiro termo, o porto deportivo de Porcillán. A ponte é chamada así por ter dúas capelas próximas, unha a cada extremo (S. Miguel na parte galega, S. Román en Castropol, na asturiana). Vése ó fondo a saída da ría ó mar, e á esquerda, o forte de S. Damián tras o cargadoiro de mineral.
Vista da Ponte dos Santos, que une as beiras galega e asturiana da ría de Ribadeo. En primeiro termo, o porto deportivo de Porcillán. A ponte é chamada así por ter dúas capelas próximas, unha a cada extremo (S. Miguel na parte galega, S. Román en Castropol, na asturiana). Vése ó fondo a saída da ría ó mar, e á esquerda, o forte de S. Damián tras o cargadoiro de mineral.

[editar] Economía

Ó igual que sucedeu no pasado, o sector productivo dominante do municipio de Ribadeo continua sendo o terciario, na vila e o primario nss parroquias rurais, o seu antigo alfoz. Por sela localidade mellor equipada de toda a Comarca, a vila de Ribadeo, ten e conserva -dende antigo- unha importante función comercial, portuaria e de servicios, polo que exerce unha forte atracción sobre o entorno rexional e sobre o occidente asturiano. O comercio, o turismo, os servicios profesionais e as actividades de ocio confiren a economía local un marcado rango urbano. O seu porto move máis de 220.000 millons de toneladas o ano (celulosa, area de mina, magnesita, aglomerado, madeira, entre as principais cargas; millo, pulpa de remolacha, entre as descargas máis importantes). O sector primario da ocupación a un terzo da poboación activa, habendo experimentado unha considerable melloría coa concentración parcelaria, na maioría das parroquias. Coa mecanización e a modernización das labores agrícolas logrouse deixar de lado o sistema de autoconsumo, para iniciar unha producción plural de explotación forestal e gandeira, de producción láctea e cárnica preferentemente. Dentro do sector gandeiro, destaca a producción vacuna seguida da porcina e, na menor medida a cabalar e avícola; por todo elo, vese claramente como o labradío vaise convertindo nun sector subsidiario da gandeiría, verdadeira fonte da riqueza municipal. O sector pesqueiro, actualmente en crisis, ten unha importancia económica secundaria, con unhas 16 embarcacions dependentes da cofradía de pescadores e dando emprego a unhas 150 persoas. Coa construción do peirao de Mirasol, o porto da vila recuperou algo do auxe comercial de tempos atras, o fomentarse a sua adicación o tráfego comercial interior con productos minerais, madeira e os seus derivados. Polo que se refire as capturas, estas orientanse cara especies como a merluza, o peixe sapo, a sardiña, o percebe e o mexilón, entre outras, constituindose na principal fonte de ingresos para algunhas familias tanto da vila como da cercana poboación de Rinlo. Nos derradeiros anos, a exportación de algas e o cultivo de ostras e ameixas xaponesas conseguiu diversifica-lo sector. Complementan o espectro económico a construción, a que se adica o 12% da poboación activa e a pequena industria co 13'6% dos activos ocupacionais.

[editar] Industrias

Transformación madereira, agroalimentarias e conserveras.

Evolución da poboación de: Ribadeo - desde 1900 ata 2004 -
 1587  1646  1812  1900  1930  1950  1960  1981  1986  1991  1996  1998  1999  2000  2001  2002  2003  2004
  0.254.   0.243.   0.948.   8.847.   9.168.   9.364.   9.138.   9.068.   8.973.   8.761.   8.813.   8.872.   8.953.   9.034.   9.110.   9.163.   9.186.   9.270.
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
(Os datos do rexistro censal dos anos 1587, 1646 e 1812 son meramente orientativos.)

[editar] Transportes

Na actualidade a conexión principal é por estrada, con concexións con Asturias (pola Ponte dos Santos) e a costa galega (Foz, Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela) mediante a N-634, e un ramal da mesma a Lugo. A vía férrea (via estreita comunica con Ferrol e Xixón e Oviedo pola costa. Na actualidade non hai servicio de barca para cruzar a ría, qu foi tradicional ata fai poucos anos, qudando reducido a servicio de paseo turístico.

[editar] Deportes

Ribadeo dispón de instalacións deportivas de tipo marítimo (clube náutico, clube de remo, clube de piragüismo, ...) a máis do tradicional campo de fútbol (Ribadeo F.C.) no que se celebran anualmente un trofeo de fútbol con equipos visitantes, tres pavillóns cubertos, clube de tenis, dous clubes de ciclismo, clube de montaña, de xadrez, etc., que fan que a actividade deportiva ó longo do ano sexa amplia, mantida tanto pola oferta como pola demanda.

[editar] Deporte cinexético

Este deporte, máis coñecido como caza, está moi presente nesta vila, ó igual que en toda a comarca. Na actualidade existe unha sociedade, chamada Sociedade "O Faisán", composta esta por tres cuadrillas e dúas manchas ou zonas de caza. O deporte cinexético ten moitos seguidores nesta vila e na comarca, baste dicir que o número de seguidores na comarca de A Mariña son tantos como os do fútbol (sobre uns 1.000), aínda que as pezas de caza máis importantes son só o raposo, o xabarín e o corzo, (este último máis abundante). Actualmente tamén se celebra un concurso con cans atraelados de rastro de xabarín cada ano.

[editar] Arquitectura

Casa do Concello de Ribadeo, antiga casa do Marqués de Sargadelos, entre a torre dos Moreno e a Aduana (nova). A notar o escudo da fachada, que tamén o é de Ribadeo (a versión actual está modernizada), e a escultura do Marqués, recentemente exposta baixando as escaleiras do Pazo Municipal.
Casa do Concello de Ribadeo, antiga casa do Marqués de Sargadelos, entre a torre dos Moreno e a Aduana (nova). A notar o escudo da fachada, que tamén o é de Ribadeo (a versión actual está modernizada), e a escultura do Marqués, recentemente exposta baixando as escaleiras do Pazo Municipal.
mapa Ribadeo con posición das parroquias
mapa Ribadeo con posición das parroquias

A oferta artístico-cultural do concello de Ribadeo é ampla e variada e moi dificil de enumerar, pero iniciaremos polo seu patrimonio relixioso, integrado por: Igrexa de San Pedro de Arante (seculo XVIII), cunha nave central cuberta por bóveda de canón e arcos de medio punto que rematan en outra bóveda de pavillón sobre tres arcos de pedra, tamén de medio punto. No interior, tres retablos: dous deles barrocos e o outro clásico; Santa Baia da Devesa (seculo XVI), pero con reformas posteriores. Consta dunha nave con bóveda de arista a tres tramos, sobre arcos faxons. Na fachada un arco escarzano e unha torre de dous corpos rematada pola cúpula de media naranxa. No seu interior, un retablo neoclásico do seculo XIX e tres barrocos do XVIII. En canto o apartado da orfebrería posue tres cálices e un copón, de prata e ouro, respectivamente; Igrexa de Santa María de Ove (seculo XVII), con retablo rococó no presbiterio, de dous corpos. Nas naves laterais, outros dous do mesmo estilo; Igrexa de San Xoán de Piñeira coa cruz parroquial de prata rococó do derradeiro tercio do seculo XVIII, con probabilidade obra do taller compostelano; Santa Baia de Vilaosende, con imáxenes barrocas, do seculo XVIII; Igrexa de Santa María de Vilaselán (seculo XVIII), cunha nave rectangular con catro arcos faxons, capela maior co arco triunfal e bóveda de arista, duas sacristías, torre de campas sobre o frontis e pórtico adosado o muro dereito da nave. No interior, retablo maior, de estilo neoclásico e dous laterais, de similar factura; Igrexa de Santa María do Campo, coñecida como igrexa de San Francisco. Na sua reconstrucción conservaronse bastantes elementos da fábrica primitiva, como as duas portadas góticas do seculo XIV, decoradas con motivos vexetais. No seu interior destacan os arcos románicos que dan acceso a sala capitular antiga e dous retablos barrocos do XVIII; O apartado relixioso completase co convento de Santa Clara e varias capelas, espalladas por todo o térmo municipal, como son: as de Santa María Madalena e a ermida da Nosa Señora das Virtudes, achadas na parroquia de Arante; capela de San Ramón (Devesa), co retablo barroco do XVIII, o que se lle engadou un Cristo do XVII; Capilla de Santo Estevo (Ove), cun retablo barroco dun corpo e tres fornacinas; Capela da Atalaia, templo, máis antigo que se conserva na vila, que foi reconstruida durante a repoboación que Fernando II fixo en 1182. Volta a reconstruirse a principios do seculo, so conserva a porta principal gótica do XV. Está formada por unha soa nave, arco triunfal e presbiterio, e na fachada, escudo da vila. Polo que o Convento de Santa Clara se refire, decir que, levantase na praza do Campo, creéndose a sua fundación no seculo XI, sendo reconstruido entre os seculos XIII e XIV. O conxunto está formado por un edificio rectangular, cun claustro do XVIII e igrexa, cunha soa nave cuberta con artesonado e arco triunfal oxival. No seu interior destaca unha lámpara rococó (XVIII) e diversas talas e imáxes dos seculos XVII e XVIII.

Vista do edificio 'Torre dos Moreno' (situado no Cantón dos Moreno), emblemático de Ribadeo
Vista do edificio 'Torre dos Moreno' (situado no Cantón dos Moreno), emblemático de Ribadeo
Aduana vella de Ribadeo, sobre o Porto de Porcillán
Aduana vella de Ribadeo, sobre o Porto de Porcillán

A arquitectura civil presenta dous tipos de construccions, segúndo se traten de construccions civis o militares. Nas primeiras destacan: Casa Consistorial o Pazo de Ibáñez (neoclásico do seculo XVIII) que, na sua orixe, a finais do seculo XIX, foi residencia do marqués de Sargadelos. Construido sobre unha antiga edificación de 1568 e consta dun soportal de tres arcos con miradoiro isabelino, fundida en Sargadelos, e catro balcons de frontones triangulares. No seu interior conservanse valiosos lenzos de Pérez Couto, Prieto Cousent e Pérez Martínez; Torre dos Moreno, edificio construido en 1905, con ornamentacions modernistas e concepción moi avanzada polo emprego dunha estructura mixta de formigón e ferro. A sua pequena cúpula encontrase sostida por catro cariátides e tellado de cerámica vidriada; Torre-Pazo de Cedofeita, construido a finais do seculo XV ou principios do XVI. Todo o edificio está construido en lousa, cos esquinais e dinteis en granito. A sua pranta é rectangular, con dous pisos e unha torre. O conxunto compretase cun hórreo, pombar, muiño e capela; Restos do Pazo de Quinta Longa (Vilaosende), conxunto en mal estado de conservación, composto por: patio, corredor, cociña e capela. No muro oriental campea unha pedra de armas ovalada, cos emblemas dos Montenegro e Luaces; Edificio da Aduana (seculo XVIII), testimonio dun pasado económico vigoroso; Casa do Patín, construcción civil máis antiga da vila, da que tan so se conserva a fachada. O longo do casco urbano, todavía conservanse fermosas residencias burguesas finiseculares, con influencia indiana; Edificio do Mercado Municipal, construido en 1935, cunha estructura metálica e composición interesante. Finalmente, como exemplo de arquitectura militar cita-lo Castelo de San Damián construido a principios do seculo XVII polo Marqués de Cerralbo, a medio recontruir no ano 1774, foi entregado, con posterioridade a 1809, o concello para a sua definitiva rehabilitación. Son famosas as súas ""casas de indianos", construídas polos emigrados a Cuba na primeira parte do século XX. Xurídicamente pertenece ó Partido Xudicial de Mondoñedo, incluído na 8ª Rexión militar e eclesiásticamente no bispado de Mondoñedo-Ferrol.

Un tema aparte é a Diadema de Ouro de Ribadeo que se conserva no Museo Arqueolóxico Nacional, tras varios anos no de Louvre. O parecer é unha peza que pertenceu o vestimenta dunha dama ribadense do seculo V ou VI. É considerada como o achadego máis importante da orfebrería celta, con escenas de monta e doma de cabalos e figuras de guerreiros armados.

Igrexas: Santa María Madalena (Cedofeita); Coxela; Cubelas; Santa Baia da Devesa; San Xoán de Ove; Piñeira; Rinlo; Vilaframil; Vilaselán; Vilaosende; Santa María do Campo; Convento de Santa Clara (XIII).

Capelas: San Lázaro; Virxen do Camiño; San Roque; Capela e Mirador da Atalaia; Capela do Carmen en Piñeiro; Capela Maior; Capela de Santiago (Piñeiro); Da Natividade (Biso); Do Carmen (Vilela); San Sidro (Marelle); A Asunción (Las Anzas); Santa Filomena e San Ramón (A Devesa); Santo Estevo; Bon Xesús e Santa Lucía.

Castelos, Pazos e Casas: Castelo de San Damián; Pazo de Cedofeita; Torre dos Moreno; Pazo de Casa Grande; Casa e Capela de Guimarán; Hospital de San Sebastián e Cárcere; Palacio de Ibáñez, marqués de Sargadelos; Casa da Aduana; Casa do Patín; Cuartel Vello; Pazo de Quintalonga (Vilaosende); Casas da Banca.

Casas de Indianos: Torre dos Moreno, Casa do Óptico, Cuartel vello ...

[editar] Feiras, festas e tradicións

Vista de Ribadeo sobre a ría, tomada dende Castropol (Asturias). Ó fondo, a 'Ponte dos Santos'. En primeiro termo, a ría, onde se ve tamén un pouco do tesón de area, e a fronte da ría na beira ribadense, o paseo marítimo.
Vista de Ribadeo sobre a ría, tomada dende Castropol (Asturias). Ó fondo, a 'Ponte dos Santos'. En primeiro termo, a ría, onde se ve tamén un pouco do tesón de area, e a fronte da ría na beira ribadense, o paseo marítimo.

Feiras e mercados:

  • Os mércores (Ribadeo);
  • Os domingos, mercado medieval;
  • Feira do mel (mes de agosto).

Festas e Romarías: Ribadeo, con catro festas o longo do ano, é a parroquia que máis festas celebra, das doce que compoñen o concello. As Patronais de Ribadeo, que teñen como día máis importante o 8 de Setembro, celebranse na honra a Santa María do Campo (patroa de Ribadeo). O día 16 de xullo fanse as Festas da Virxe do Carme -ou do Carmo- (patroa dos mariñeiros), cunha procesión de embarcacions pola Ría de Ribadeo, levando a bordo a Virxe. Nesta procesión tirase a auga unha coroa de flores, en memoria dos mariñeiros mortos no mar. O primeiro Domingo de Agosto, celebrase a Xira de Santa Cruz, romaría campestre na hermida do mesmo nome, con concursos de gaitas, bailes, coros, etc... Non lonxe desta data, concretamente o 16 de agosto fanse as Festas de San Roque na capela de San Roque. Xa no 4 de outubro (o mesmo día que empezan as de San Froilán en Lugo) celebranse as Festas de San Francisco, na rúa San Francisco. Pero non todo queda ahi, Ribadeo tamén ten outras celebracións:

  • Mercado de Navidade (Ribadeo);
  • Semana do Cine Infantil (en decembro);
  • Milla Popular de San Silvestre (31 de decembro);
  • Antroido
  • Concurso Gastronómico de Filloas (Carnaval);
  • Gran Desfile de Carnaval;
    Vista das estatuas dos cocos e igrexa de S. Roque en Ribadeo
    Vista das estatuas dos cocos e igrexa de S. Roque en Ribadeo
  • Queimada de Carnaval;
  • Semana Santa;
  • Romería das Cruces, en A Ponte, Arante (primaveira);
  • Virxe do Carme (mes de xullo);
  • Xira de Santa Cruz e Día da Gaita Galega (primeiro domingo de agosto);
  • Feria do mel e festexos na honra a San Roque (mediardes de agosto);
  • Fiestas patronais en honra a Virxe do Campo (8 de setembro);
  • Subida o Monte Mondigo en Bicicleta;
  • Trofeo de fútbol "Emma Cuervo";
  • Marcha Cicloturística Concello de Ribadeo;
  • Semana Náutica Ría de Ribadeo;
  • Torneo Abierto de Tenis;
  • Volta Aérea a Galicia de ultralixeiros;
  • Concurso de redacción "Diadema de Ribadeo";
  • Xornadas de Cultura Galega.

Ademáis, non debemos de olvidar toda unha serie de festexos tradicionais, celebrados en cada parroquia e dotados dun ambiente festivo e familiar. Na romaría de Arante realizase unha procesión donde se levan sete cruces ou pendons das sete distintas parroquias o 31 de maio. No apartado etnográfico, cabe suliñar, que aún viven nos ribadenses rasgos da historia que lles axuda, en certa medida, a ter unha independencia cara o resto da provincia galega. De feito tamén se narraba que nos primeiros días de 1809 e, con ocasión da invasión francesa, Melchor Díaz da Rocha (alcalde maior de Sante) ofreceu unha feroz resistencia as tropas do xeneral francés François M. Fournier. O 25 de xaneiro de 1809 entraron en Ribadeo as tropas francesas, esixindo grande cantidade de alimentos as aldeas dos arredores. Polos abusos, o alcalde de Sante convocou a os veciños das parroquias de Sante, Vidal, Vilaosende, Cedofeita, Balboa e Coxela para que se negasen as esixencias do invasor; así foi como o 29 de xaneiro, Díaz da Rocha presentouse ante os franceses con 300 veciños pertrechados con trabucos, chuzos e fouces, dispostos a defende-lo camiño entre Mondoñedo e Ribadeo, infrinxindolles unha dura derrota. Sen embargo, coa chegada dos reforzos de Lugo e Ferrol, os franceses lograron entrar en Ribadeo definitivamente. A pesar do fracaso da empresa, o feito non deixa de ser significativo, xa que grazas a él foi posible que, seis meses despois, o exército francés baterase na retirada cara Astorga, abandoando definitivamente as terras galegas.

[editar] Ademais

O concello de Ribadeo é unha zona moi rica en moitos aspectos, que abarcan desde persoeiros ilustres até a gastronomía, pasando polas praias e lugares de interese (ríos, vales, a ría de Ribadeo...). Tampouco se debe de desestimar a súa achega na arte de mostrar as rutas para aquelas persoas que visitan esta zona con interese turístico; por iso desgallamos unha pequena lista a continuación.

Vista da ría de Ribadeo en marea baixa. Ó fondo, a zona da saída. En primeiro termo, a zona ZEPA. Á dereita, a costa asturiana por Castropol e A Veiga - Vegadeo. O centro urbano está cara ó fondo á dereita (non é visible na foto)
Vista da ría de Ribadeo en marea baixa. Ó fondo, a zona da saída. En primeiro termo, a zona ZEPA. Á dereita, a costa asturiana por Castropol e A Veiga - Vegadeo. O centro urbano está cara ó fondo á dereita (non é visible na foto)

[editar] Persoeiros

Moitos de diversos deles teñen cabida con este concello, ven porque naceron nel, pasaron e viviron uns anos nel, e tamen morreron nel. Aqui presentamos unhos cuantos, os que co paso do tempo se iran engadindo máis: Persoeiros de Ribadeo.

[editar] Medios de comunicación

Autobuses regulares enlazan coas principais vilas e cidades do contorno. O ferrocarril da liña Ferrol-Xixón comunícaa con toda a costa colindante. Edítanse varios medios: A comarca del Eo (semanal), e xornaleo(en formato electrónico, nos derradeiros tempos sen movemento), por exemplo, a parte de publicacións anuais, etc. Pódese chegar a este concello a través da estrada nacional 634, vindo pola costa. Hai unha estrada que a une direitamente coa capital da provincia, Lugo, sen contar cunha ampla rede de estradas secudarias. Ten un pequeno aeroporto usado por avionetas, así como portos comercial, pesqueiro e deportivo e ferrocarril da liña Ferrol-Xixón.

[editar] Centros de ensino

[editar] Tradicións:

Os cocos (o Coco e a Coca) son bonecos que saen ás rúas en días de festa, acompañados de cabezudos.

[editar] Gastronomía:

Famosa polos seus doces, entre os que o máis coñecido é o "San Honoré."

[editar] Turismo

De praia e campo ou cultural, con fermosas paraxes nos seus arredores, como a Praia das Catedrais ou a propia ría de Ribadeo e diversos lugares de importancia histórica no mesmo Ribadeo. Ten moitos lugares que poden servir de miradores, destacando o do monte de Santa Cruz sobre o pobo e o da Atalaia, do pobo sobre a ría, fronte a As Figueiras - Figueras (Asturias) e o maior dos tesos ou tesóns da ría. Tamén é destacable a avifauna da ría, asentada na lama do seu interior. Nos derradeiros anos organízanse unha serie de actos culturais, propiciando o turismo deste tipo. Destacan as xornadas 'Mar por Medio', ligazón coa cultura inglesa, as Xornadas de Medio Ambiente, etc.

Palco da Música, templete no Parque de San Francisco Ribadense.
Palco da Música, templete no Parque de San Francisco Ribadense.

[editar] Monumentos e lugares de interese:

[editar] Lugares de Ribadeo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ribadeo vexa: Lugares de Ribadeo.

[editar] Galería de imaxes

Para máis imaxes, vexa o artigo principal: Galería de imaxes de Ribadeo

[editar] Parroquias de Ribadeo

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo

Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María)

[editar] Véxase tamén

Títulos nobiliarios relacionados con Ribadeo

  Referencias relacionadas con Galicia

[editar] Direccións externas en Internet:

Dispón de varias, á parte da oficial do Concello

Blog sobre Ribadeo, entre outras cousas

Ribadeo On line con rueiros, novas, axenda de teléfonos, ...

Weblog sobre O outro Ribadeo, unha nova visión

Weblog con información sobre Ribadeo (2004/2005)

Colectivo audiovisual con videos e fotos.

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu