Convergència i Unió
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Convergència i Unió (CiU) é unha federación nacionalista catalá composta pola liberal Convergència Democràtica de Catalunya e a democristiá Unió Democràtica de Catalunya. Foi dirixida por Jordi Pujol ata as eleccións de novembro de 2003. O seu actual líder é Artur Mas.
Fundada como coalición electoral en 1978, presenta o seu actual carácter de federación desde o 2001. A federación gobernou a Generalitat de Cataluña entre 1980 e o 2003.
CIU colabora co BNG e o PNV a través de Galeuscat para a consecución dun Estado plurinacional.