Cork - Corcaigh
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cork (Corcaigh en irlandés) é a segunda cidade máis importante da República de Irlanda. A cidade máis importante e o centro administrativo do Condado de Cork e a cidade máis grande da provincia de Munster, está situada preto da costa coas coordenadas 51°54′N 8°28′W.
O río Lee pasa polo medio da cidade, formando unha pequena illa onde se atopa o centro da cidade antes de que o Lee desemboque no lago Mahon e este no dique de Cork, un dos diques naturais máis longos do mundo. A cidade é un dos máis importantes portos marítimos de Irlanda, con embarcadoiros e peiraos ao longo da beira do río Lee na parte leste da cidade. A cidade en si ten 123.062 habitantes, aumentando a 186.239 se engadimos a xente que vive nos arrabaldes. O condado, excluíndo a cidade, ten un total de 326.767 habitantes (CSO 2002).
O nome da cidade deriva da verba irlandesa corcach que significa "zona pantanosa", en relación coa súa situación respeto o río Lee. Cork ten reputación de independente desde os tempos das invasións vikingas até a Guerra Civil irlandesa, que lle acadou o sobrenome de "condado rebelde". Hai moita xente de Cork que se refire a cidade como a "verdadeira capital irlandesa". (Dublín estivo baixo dominio estranxeiro a maior parte da súa historia).