Cultura castrexa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Historia de Galiza |
---|
Prehistoria |
O Megalitismo |
Idade de Bronce |
Idade Antiga |
Cultura Castrexa |
Gallaecia |
Reino Suevo |
Idade Media |
Reino da Galiza |
A Época altomedieval |
A Galicia feudal |
Idade Moderna |
Idade Contemporánea |
O Século XIX |
A Restauración |
Século XX |
A Segunda República |
A época franquista |
Presente |
Cultura protohistórica do noroeste da Península Ibérica que vai desde finais da Idade de Bronce (século IX ou VIII a.C.) até o século I d.C. A súa característica máis notábel son os poboados amurados coñecidos como castros (do latín castrum, campamento), dos que toma o nome; so receben o nome de citanias determinados castros portugueses (como, por exemplo, o de Briteiros), onde esa palabra se emprega como topónimo do castro . A súa área de extensión chega até os ríos Navia e Túa polo Leste e o Douro polo Sur.
Desenvolveuse durante a Idade de Ferro sobre un forte substrato indíxena da etapa final da Idade do Bronce. A esta compoñente precastrexa sumáronselle influencias culturais centroeuropeas, atlánticas e mediterráneas; as primeiras serían celtas e de aí a identificación popular e mítica que deu raíz ao celtismo. No lento período formativo, que duraría até o século V a.C. os castros fóronse estendendo de sur a norte e da costa cara o interior. Esta cultura desenvolveuse a continuación durante dous séculos e comezou a ser influenciada pola cultura romana no século II a.C. e continuou na forma de Cultura Galaico-romana despois da conquista e até os séculos III ou mesmo o IV d.C.
A economía castrexa tiña unha base agrícola (cereais como o trigo, o millo miúdo, a avea e a cebada, leguminosas como as fabas e os chícharos, verzas, nabos, etc.) e gandeira-pastoril (vacas, cabalos, ovellas, cabras e porcos), pero tamén se practicaban a caza (cervo e xabarín), a pesca (pescada, maragota, xurelo), o marisqueo e a recollida de froitos (abelás, landras). Existían a minaría (ouro, estaño, cobre, chumbo e ferro), a metalurxia e unha cerámica rexional, Cerámica castrexa. A ourivería ten raíces na Idade do Bronce e foi recibindo influencias centroeuropeas e mediterráneas. As alfaias máis características son os torques, as braceiras, e as arracadas. A escultura deuse máis ben na parte sur do territorio. De entre as armas destacan as espadas ou puñais "de antenas".
O panteón relixioso indíxena era numeroso, como revelan as inscricións de época galaico-romana, e completábase con cultos ou ritos relacionados con forzas, elementos ou manifestacións da Natureza. Descoñécense os ritos funerarios, xa que non se teñen atopado nin enterramentos nin incineracións.
Detalle do Castro de Troña, na parroquia de Pías, Ponteareas. |