Gallaecia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Historia de Galiza |
---|
Prehistoria |
O Megalitismo |
Idade de Bronce |
Idade Antiga |
Cultura Castrexa |
Gallaecia |
Reino Suevo |
Idade Media |
Reino da Galiza |
A Época altomedieval |
A Galicia feudal |
Idade Moderna |
Idade Contemporánea |
O Século XIX |
A Restauración |
Século XX |
A Segunda República |
A época franquista |
Presente |
A Gallaecia foi unha provincia romana do Noroeste da Península Ibérica que abranguía o que hoxe é a comunidade autónoma de Galicia, o Norte de Portugal e as provincias españolas de Asturias, León, Zamora. A súa capital estaba en Bracara Augusta (Braga).
[editar] Orixe
Os romanos déronlle o nome de Gallaecia ao noroeste da Península Ibérica polos callaeci, que constituían unha amálgama de pobos máis ou menos celtizados que vivían entre o Douro e o Miño, que os romanos coñecen pola primeira vez coa chegada de Décimo Xunio Bruto ao norte do Douro no 139 a.C.
Os salvaxes celtas da Gallaecia fan a sua entrada na historia escrita no seculo I d.C na épica Púnica de Silio Italico sobre a Primeira Guerra Púnica dun xeito que aínda hoxe nos é familiar, dous mil anos despois:
Fibrarum et pennae divinarumque sagacem flammarum misit dives Callaecia pubem, barbara nunc patriis ululantem carmina linguis, nunc pedis alterno percussa verbere terra, ad numerum resonas gaudentem plauder caetras. (libro III.344-7)
"A rica Gallaecia envía os seus mozos, coñecedores da adiviñanza das entrañas das bestas, plumas e chamas, os que, ben berrando bárbaras cancións nas súas linguas nativas, ben estourando o chan coas súas danzas rítmicas ata que o chan trema, acompañan a danza con sonoras gaitas"
(esta tamén é a primeira referencia histórica ás nosas gaitas)
[editar] Límites e divisións
Gallaecia, desde a reforma de Diocleciano, dividíase nos seguintes conventos:
- Conventus Bracarensis, con capital en Bracara Augusta, abranguía o norte de Portugal, o sur de Pontevedra e case todo Ourense, tiña como límite sur o río Douro.
- Conventus Lucensis, con capital en Lucus Augusti, abranguía aproximadamente as provincias actuais da Coruña, Lugo, norte de Pontevedra, un anaco de Ourense e occidente de Asturias. (Véxase o mapa).
- Conventus Asturiensis, con capital en Asturica Augusta, abranguía boa parte da actual Asturias, León, o oeste de Zamora, o leste de Ourense e o nororiente de Portugal
- Conventus Cluniensis, con capital en Clunia, que quizais chegase ata o alto Ebro e o Pisuerga
[editar] Historia
Os Callaeci ("kallaikoi" en grego) enfróntanse ás forzas romanas no 137 a.C. nunha batalla no río Douro, que resulta unha derrota para eles e Décimo Xunio Bruto volta vencedor, e recibe do Senado o título de Callaecus. Decimo Xuño Bruto non pretendeu ocupar a zona sur da Galiza para conquerir riquezas, senón que levou a cabo unha expedición de castigo contra este pobo, que se adicaba a realizar incursions bélicas e de saqueo na área lusitana.
Partiu do Portus Cale, que se corresponde co actual Porto. As súas lexións avanzaron pola costa co apoio da frota e ocuparon unha serie de castros costeiros. Estableceu unha guarnición no lugar da actual Valença e despois internouse cara a Braga. Após dunha batalla vitoriosa avanzou cara o Limia e ocupou a cidade de Lambrica, para cruzar posteriormente o rio Miño.
Estas campañas non tiveron unha grande importancia e limitáronse a unha zona xeográfica moi concreta: o sur da Gallaecia, con especial incidencia na zoa costeira.
O mesmo xuízo histórico merecen unha serie de expedicions posteriores coma as de P. Craso do 96- 94 a. C. ou a de Xulio César no 62 a. C. na que, movido polo seu desexo de obter riquezas, chegaria cunha expedición até Brigantium
Pero a conquista definitiva do noroeste da península non se realizará ata o emperador Augusto entre o 26 e o 19 a.C. no contexto das guerras cántabras
Ao primeiro, Augusto inclúe o territorio da actual Galicia na Lusitania, pero xa no 13 a.C. pasa á Hispania Citerior. Con Caracalla quizais formou parte, xa con Asturias e Cantabria, da Hispania Nova Citerior Antoniana, (214), pero non foi ata a reforma de Diocleciano -quen dividiu Hispania no 289 en sete provincias- que se constitúa a Provincia da Gallaecia.