Talk:Día Nacional de Galicia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
No artigo dise: As orixes desta celebración remóntanse a 1919, cando A Coruña era aínda a capital da Galiza...
É a primeira noticia que teño desa circunstancia. Non sabía que a Coruña fose capital de Galicia. Quixera que alguén me indicase o parlamento que a elixiu como tal (probablemente así fose), ou que se retirase tal afirmación do artigo por vaidosa. --Lmbuga Commons - Galipedia 21:45, 25 xullo 2006 (UTC)
A Coruña (ou Santiago) non podía ser capital de Galicia xa que Galicia non existía como entidade administrativa.--Miñato 21:47, 25 xullo 2006 (UTC)
- Eliminei referencia. A capitalidade de Galicia, dende o punto de vista legal, aparece por vez primeira en 1982. Se alguén ten outro tipo de referencia que a dea para examinala.(é posible que a confusión veña de que A Coruña si era capital da rexión militar, pero esa é outra historia)--Rocastelo(fálame aquí) 17:07, 26 xullo 2006 (UTC)