Deioces
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Deioces foi o suposto primeiro rei de Media sobre o -700. O erudito E. M. Diakonoff (e outros) suxiren como datas do seu reino aproximadamente -727 – -675 xa que se menciona un Daiukku nas taboíñas mesas neoasirias no oitavo ano do reinado de Sargón II (sobre -721 – -705), nas que se di que era un gobernante (eaknu) de Manna, que gobernaba con independencia un distrito entre o reino de Manna e Asiria, distrito que podería ser o Val de Zarrundad.
O seu nome asirio foi Daiukku, o elamita Daayaukka, e o iraniano Dahyuka.
Segundo Heródoto era fillo de Fraortes e intentou unificar as tribos medas, cada unha das cales vivía nunha cidade ou conxunto de cidades. De primeiro gobernaba só sobre a súa tribo e gañouse unha boa reputación como xuíz e gobernante, pero alegando que o cargo lle comportaba conflitos renunciou; entón prevaleceu o desgoberno e os medos reuníronse na cidade de Hamadan (Ecbatana que quere dicir ‘lugar de asemblea’) para elixiren un rei e nomearon a Deioces, que reinou uns vinte e tres anos. Segundo as taboíñas cuneiformes, había nesta época un Deioces e tiña un fillo que era refén do rei de Urartu Rusa I (sobre -735 – -713) ao que tivo que apoiar contra o rei de Manna. Sobre o -715 probabelmente apoiou unha revolta contra o rei Iranzu (sería o gobernador de Messi cuxo nome non aparece nas taboíñas), e ao ano seguinte axudou a Urartu contra o rei de Manna Ullusunu nunha guerra que non tivo éxito. Sargón II interveu, capturou a Deioces e exiliouno a Hamat en Siria. A identificación do Deioces das fontes asirias e do de Heródoto non está confirmada. O relato de Heródoto vén de lendas e fontes orais e podería estar falando do neto de Deioces, que tamén se chamou así.
Segundo Heródoto tivo dous fillos: Fraortes e Ciaxares, o primeiro dos cales o había suceder.
Reino Medo | ||
---|---|---|
Segue a: - |
Deioces (-727--675) |
Precede a: Fraortes |
[[]] |