Deus
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Se pensa que a páxina pode convertirse nun artigo enciclopédico, máis que nunha definición do dicionario, por favor, fágao e logo retire esta mensaxe.
En caso contrario, pode axudar configurándoa segundo as regras do Wikcionario antes de que se produza o traslado.
deus s.m.
- Ser superior ó home con distintas características segundo as diferentes relixións. Marte era o deus da guerra na antiga Roma.
- fig. Persoa ou cousa pola que se sente unha profunda atracción. Aquel home era un auténtico deus para os seus alumnos.
- Ser supremo que creou o mundo, eterno e absolutamente perfecto segundo as relixións que cren nun só deus. Alá é o deus dos musulmáns. OBS. Tamén se usa como nome propio referido a ese ser na relixión cristiá e neste caso escríbese con maiúscula.
- A D. dar, de D. ou a de D. En gran cantidade.
- Como D. manda. Como debe ser.
- D. cho pague. Expresión de agradecemento.
- ¡Por D.! Expresión que se usa para suplicar ou xurar.
- Queira D. Expresión que amosa desconfianza de que algo saia como se pensa.
- ¡Vaia por D.! Expresión de resignación diante dun contratempo.
- ¡Vállame D.! Expresión de desgusto, sorpresa ou resignación.
Ver tamén