Diatónica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Chámase escala diatónica á escala musical formada por sete notas separadas por intervalos de ton e semitón, estando os semitons alonxados. Dado que unha oitava inclui seis tons chégase á seguinte secuencia: T-T-S-T-T-T-S. Por tradición as notas teñen un nome: Do-Re-Mi-Fa-Sol-La-Si (nos países anglosaxóns comezan por La e usan letras: A-B-C-D-E-F-G). Con estes sete sons, comezando por cada un deles hai unha escala diferente ou modo, ainda que na musica ocidental utilízanse basicamente dous tipos de escalas diatónicas, a escala maior comezando en Do e a menor comezando en La.