Escala menor
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Escala diatónica na que o seu intervalo entre a primeira nota (tónica) e a terceira é de un ton e meio (terceira menor), evoluiu a partir do modo eolio da música grega e as súas notas son, en Do:
La-Si-Do-Re-Mi-Fa-Sol, e os seus intervalos:
T-S-T-T-T-S-T
De cada Escala maior pódese obter unha escala menor a partir da sua sexta nota, estas son as chamadas escalas menores naturais, mas axiña se viu que o intervalo de un semitón entre a sétima e a tónica tiña pouca forza resolutiva e diminuise, pasando asi á escala menor harmónica:
T-S-T-T-S-TS-S
Esta é a escala que se utiliza para formar acordes en ton menor, pero o intervalo de un ton e meio resulta estraño e pouco prático á hora de elaborar melodías, polo que se eliminou, obtendose a escala menor melódica:
T-S-T-T-T-T-S
Ainda que tamén existen modos das escalas menores, non se usan normalmente e de feito non teñen nome.