Diego Martínez Barrio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Diego Martínez Barrio (Sevilla, 1883 - París, 1962). Foi un político español
De procedencia humilde era fillo dun albanel e unha vendedora de mercado, comezou a súa vida política no anarquismo e despois moderou as súas ideas, converténdose nun dos animadores do republicanismo local, concelleiro en Sevilla e membro do Partido Republicano Radical, participou no Comité Revolucionario (1930) e foi ministro de comunicacións no goberno provisorio tras proclamarse a república española (14 de abril-15 de decembro de 1931) e voceiro da minoría radical no Congreso dos Deputados, tras entrar en crise o goberno Azaña foi ministro de Gobernación no primeiro goberno de Alejandro Lerroux, apenas un mes, xa que o 9 de outubro de 1933 foi nomeado presidente do Consello de Ministros coa única intención de convocar eleccións que deron a vitoria ao centro dereita e Martínez Barrio pasou a ocuparse do ministerio da guerra (16 de decembro de 1933-28 de abril de 1934), enfrontado coa política reaccionaria de Lerroux abandonou o partido, fundando Unión Republicana.
Posteriormente, integrada a Unión Republicana na Fronte Popular, Martínez Barrio é elixido Presidente das Cortes e exerce de forma interina como Presidente da Segunda República Española, no período comprendido entre o 7 de abril e o 10 de maio de 1936, con motivo da destitución de Niceto Alcalá-Zamora.
Na noite do 18 ó 19 de xullo de 1936, Manuel Azaña, trala dimisión de Santiago Casares Quiroga, encargoulle formar goberno para intentar deter a sublevación que daría orixe á Guerra Civil Española pero, fracasado o seu intento, presenta a dimisión, durando o seu goberno só 3 horas. É entón substituído por José Giral.
Á caída da República exíliase, primeiro a Francia, foi presidente interino da República tras a renuncia de Azana, 27 de febreiro de 1939, e logo pasa a México onde en 1945 é designado Presidente da República no exilio ata a súa morte. Finalmente volve a París onde morre. Trinta e oito anos máis tarde, no 2000, o seu restos serían trasladados a Sevilla, a súa cidade natal.
Presidentes do Goberno da Segunda República Española | |
---|---|
Manuel Azaña | Alejandro Lerroux | Diego Martínez Barrio | Ricardo Samper | Joaquín Chapaprieta | Manuel Portela Valladares | Santiago Casares Quiroga | José Giral | Francisco Largo Caballero | Juan Negrín López |