Dundee United F.C.
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Dundee United Football Club é un clube de fútbol nado no 1909 na localidade escocesa de Dundee coma Dundee Hibernian, pero foi refundado no 1923 xa coa denominación actual. O equipo recibe os alcumes de "The Terrors", "The Arabs" e de "The Tangerines". O clube xurdiu ó igual que nos casos do Celtic e do Hibernian trala participación irlandesa.
Xoga os seus encontros coma local no estadio de Tannadice Park cunha capacidade de 14.209 asentos.
A súa primeira equipación consta dunha camisola cor laranxa co remate das mangas en cor negra, pantalonciño negro e medias laranxas.
É o meirande rival do Dundee F.C..
[editar] Méritos
- Copa de Europa: Semifinalista no 1984.
- Copa da UEFA: Finalista no 1987.
- Liga escocesa: Campión nunha ocasión.
- Copa escocesa: Campión nunha ocasión.
- Copa da Liga escocesa: Campión en 2 ocasións.