Eliphas Lévi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Eliphas Lévi, nome de bautismo Alphonse Louis Constant, (8 de febreiro de 1810 - 31 de maio de 1875) foi un escritor francés, ocultista e cabalista.
O seu pseudónimo "Eliphas Lévi," sob o cal publicaba os seus livros, é unha traducción do seu nome "Alphonse Louis" para a língua hebraica.
Índice |
[editar] Biografía
Fillo dun zapateiro, demostrou grande inteligencia, e aos dez anos de idade foi educado na casa reitoral da Igrexa de Saint-Louis en Lille onde aprendeu o catolicismo. De aí foi encamiñado, con quince anos de idade, para o seminario de Saint-Nicolas du Chardonnet, onde realizou os estudos preparatorios. Em 1830 foi transferido para o seminario de Issy para estudar filosofía. E en 1832 ingresou no seminario de Saint-Sulpice para estudar teoloxía.
Foi ordenado diácono en 1835. Tería sido ordenado sacerdote, se non confesara o seu amor por Adelle Allenbach, con quen realizara a primeira comuñón. O suceso causa unha grande decepción na súa nai, que acaba suicidándose. Em 1838, en París, fai amizadade con Flora Tristan e retoma a do seu amigo de seminario Aphonse Esquiros.
[editar] Anos difíciles
Tres anos máis tarde, logo de certas vicisitudes publica La Bible de la liberté (1841) (A Biblia da liberdade), que sería secuestrado polas autoridades a penas nunha hora da súa aparición (aínda que se salvaron algúns) e Constant foi detido, e posteriormente xulgado e encarcerado. No cárcere comezou a ler a Swedenborg Sairía da cadea dous anos despois, en 1942. Puido conseguir un emprego como pintor.
Os anos seguintes son de dificultades, en parte derivadas da imposibilidade de escreber na prensa a causa do asunto de "A Biblia da liberdade". Durante un certo tempo mudou de nome (abbé Beaucourt: abade Beaucourt). Acaba casando cunha rapaza nova, Marie Noémi Cadiot. A instancias da dona comeza a inmiscuírse en política. Un virulento panfleto político La Voix de la famine (A voz da fame), provoca a súa condena a un ano de prisión e 1.000 francos de multa, aínda que só cumpre seis meses.
A revolución 1848 outórgalle unha maior liberdade, pasando a dirixir unha revista esquerdista "Le Tribun du peuple" (O tribuno do pobo), de curta vida. Con o seu amigo Esquiros e Le Gallois funda un clube político, o Club de la montagne (Clube da montaña), composto principalmente de traballadores. Porén a revolución trouxolle decepcións persoais, en parte ao non ver cumpridas as súas expectativas políticas. As súas ideas políticas ficaran plasmadas en Le Testament de la liberté (1848) (O testamento da liberdade). Mentres a súa muller escrebe folletíns literarios, con o seudónimo Claude Vignon. De xeito que durante certo tempo a parella vive con relativa comodidade, obtendo mercé ás influencias labradas pola dona, encargos artísticos do ministerio do Interior.
Ao tempo le sobre a Cabala, e estuda os escritos, nomeadamente, de autores místicos e esotéricos: Jacob Boehme, Louis-Claude de Saint-Martin, Emanuel Swedenborg, Antoine Fabre d'Olivet, Chaho, et Gœrres.
Cara 1850, encóntrase con o abbé Migne, fundador e director da biblioteca eclesiástica de Montrouge, que lle encarga para a súa colección un Dictionnaire de la littérature chrétienne (1851) (Diccionario da literatura cristiá), que asombra polo saber que encerra. Nesta mesma época A. Constant coñece ao sabio polaco Hoëné-Wronski, cuxa obra causoulle un impacto duradeiro, ademais de orientalo para o pensamento matemático e o mesianismo napoleónico. Comeza entón a redacción de Dogme et rituel de la haute magie (Dogma e ritual da alta maxia), e ao tempo comeza a usar o pseudónimo Eliphas Lévi, ou Eliphas Lévi Zahed (tradución en hebreo de Alphonse-Louis Constant).
Na primavera de 1854, viaxa a Londres, alí coñecerá a Sir Edward Bulwer-Lytton, autor dalgunhas novela (Zanoni, o Mestre Rosa-Cruz p.ex.), con quen fai amizade e que o presenta nos círculos rosacrucianos. Iniciado, tentará efectuar invocacións (no curso dunha delas, supostamente, aparéceselle a pantasma de Apolonio de Tiana) . Porén, salvo neste caso, Eliphas Lévi será sempre contrario a experiencias máxicas; cando posteriormente teña algúns discípulos, farálles prometer que sé se han ocupar da parte especulativa da filosofía ocultista.
[editar] Recoñecemento público
Logo da estadía breve en Inglaterra, regresa a París. Entre 1854 e 1856 acaba Dogma e ritual da alta maxia, coñecerá nesta altura a fama e o éxito. En 1855, funda con Fauvety e Lemonnier a Revue philosophique et religieuse (Revista filosófica e relixiosa) que aparece durante tres anos, e na que publica numerosos artigos sobre a Cabala. Mentre unha canción que compuxo, na que compara a Napoleón III con Calígula, lévao de novo ao cárcere, aínda que será perdoado polo monarca.
En 1859 a publicación da súa Histoire de la magie (Historia da maxia) faille gañar 1.000 francos, unha boa cantidade na época. A obra consagrao definitivamente e atrae a seu entorno á maioría dos esoteristas franceses (nomeadamente Henri Delaage, Luc Desages, Paul Auguez, Jean-Marie Ragon, Henri Favre, e o Dr. Fernand Rozier, con quen se reencontrará maís tarde no Papus). Tratará tamén ao cartomancista Edmond e o magnetizador Cahagnet. Os anos 1860 serían de grande actividade creadora para Lévi.
A rogos dos seus amigos Fauvety et Caubet, Lévi afíliase á masonería. Iniciado o 14 de marzo de 1861 na loxia "La rose du parfaut silence, da que Caubet era Venerable, a ceremonia realízase en presenza de numerosos irmáns.
En 1861, publica La Clef des grands mystères (A chave dos grandes misterios), derradeiro volume da triloxía formada por Histoire de la magie e Dogme et rituel de la haute magie.
Traballa de abondo, iniciando nas ciencias ocultas a eruditos pertencentes mesmo a alta aristocracia, e aínda ao bispo de Évreux, Mr. Devoucoux, ao que imparte leccións da Cabala. Con maiores ingresos, vive nun relativo confort material, que lle permite enriquecer sen cesar a súa biblioteca. O 29 de agosto de 1862 aparece Fables et symboles (Fábulas e símbolos), obra na que Eliphas Lévi analiza os símbolos de Pitágoras, dos Evanxeos apócrifos, do Talmud, etc... Ás veces frecuenta de incognito reunións espiritistas para documentarse sobre a materia. En 1865 publica Science des esprits (Ciencia dos espíritos), escolma de ensaios nos que volta tratar do simbolisme dos Evanxeos apócrifos, do Talmud, etc ( pero sen absolutamente nada que ver con o espiritismo). No verán de 1865, o editor Larousse pídelle que escreba algúns artículos sobre Cabala para o seu Grand Dictionnaire. Ao tempo traballa nunha obra soberba, pero de valor histórico discutíbel Livre des splendeurs (Libro dos esplendores), que trata sobretodo da Cabala do Zohar, obra que non aparecería ata despois do seu falecemento.
A fins da década dos 1860 comezou a quebrarse a súa saúde, surxíndolle unha doenza de corazón en 1871. Aínda que paulatinamente vai devecendo, oo longo de 1873 acaba o manuscrito de L'Évangile de la science (O evanxeo da ciencia) e en xaneiro do 1875 o do Le Catéchisme de la paix (O catecismo da paz). Falece o 31 de maio de 1875 nº 155, da parisina rúa de Sèvres.
[editar] Obras
- Dogma e ritual da alta maxia
- Historia da Maxia
- A Chave dos Grandes Misterios
- A Ciencia dos Espíritos -
- As Orixes da Cabala
- Os Misterios da Cabala
- Curso de Filosofía Oculta
- Fábulas e Símbolos
- O Livro dos Sabios
- O Grande Arcano
- Os paradoxos da Sabedoría Oculta