Calígula
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Caio César naceu en Antium (hoxe Anzio) o 31 de agosto do 12 d. C.. Sucedeu ó seu avó adoptivo Tiberio no trono imperial romano co nome de Caio Xulio César Xermánico. O sobrenome de Calígula ven dos seus tempos mozos (significa calzado pequeno).
Acadou o poder absoluto matando sucesivamente ós seus pais, ós seus irmáns maiores e, logo de ser emperador, por se acaso mandou cortar a cabeza a Tiberio Xemelgo, o único que podía disputarlle o trono.
Porén, os seus primeiros meses de reinado foi un dirixente querido polo pobo. As continuas xornadas de xogos en Roma e os seus célebres repartos de comida ós máis necesitados volvérono querido e admirado en toda Roma.
Pero tras unha crise mental, o benquerido Calígula perdeu o control: nomeou o seu cabalo (Incitatus) senador e derrochou a fortuna estatal en absurdas campañas militares. Convencido de ser un deus en vida, mandou as lexións a Ostia a combater o deus Neptuno. Imitando a Xúpiter (Zeus), practicoulle un aborto á súa muller, Drusila (tamén era a súa irmá), e comeu o rapaz.
En xaneiro do 41 d. C., os oficiais Casio Querea e Cornelio Sabino acabaron coa súa vida, matando tamén á súa filla Xulia Drusila e á súa esposa Caesonia.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Tiberio |
Calígula (37-41) |
Precede a: Claudio |
Dinastía Xulio-Claudia |