Elitserien
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Elitserien é desde 1975 o nome da liga profesional de hóckey sobre xelo de Suecia.
A actual Elitserien contén 12 equipos, cada un xoga 50 partidos. Se persiste o empate tras 60 minutos de xogo, xógase ata 5 minutos de morte súpeta Os equipos puntúan como segue: o triunfo durante o tempo normal dá 3 puntos, triunfo en tempo suplementario dá 2 puntos, o empate ou a perda en tempo suplementario dá 1 punto, a perda en tempo ordinario dá 0 puntos.
O equipo que gaña recibe 50.000 SEK como prima.
Cando o Elitserien remata xóganse os play-off. Os oito mellores equipos compiten para gañar a medalla de ouro do campionato de hóckey sobre xelo. Os equipos 9 e 10 da Elitserien rematan a temporada e os equipos 11 e 12 xogan unha serie de calificación para permanecer na Elitserien.
[editar] Equipos tempada 2005-2006
- Brynäs IF, Gävle
- Djurgårdens IF, Estocolmo
- Frölunda HC, Gotemborg
- Färjestads BK, Karlstad
- HV 71, Jönköping
- Leksands IF, Leksand
- Linköpings HC, Linköping
- Luleå HF, Luleå
- MODO Hockey, Örnsköldsvik
- Mora IK, Mora
- Södertälje SK, Södertälje
- Timrå IK, Timrå
[editar] Ligazóns externas
- Swehockey - Swedish icehockey federation
- HockeySnack - Meetingplace for the fans