Linköping
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Linköping é unha cidade situada ó sur de Suecia, cunha poboación de 94.298 habitantes 2001). É a capital do Condado de Östergötland con 138.000 habitantes.
A cidade de Linköping é coñecida pola súa universidade e a súa industria de alta tecnoloxía.
A cidade está situada ó sur do lago Roxen a medio camiño entre a estrada que comunica Estocolmo con Helsingborg.
Está estrada formou parte da Eriksgata, ruta pola que o rei coroado tiña que viaxar segundo as leis medievais. No sistema de estradas do século XX, foi chamada Riksettan (autoestrada nº1). Actualmente chámase a E4 e foi redirixida para pasaren fóra da cidade. Ademáis das súas boas autoestradas, Linköping está situada no nó das liñas de tren entre Estocolmo , Malmö e Copenhague, a capital dinamarquesa. A cidade tamén posúe un pequeno aeroporto.
[editar] Ligazóns Externas
- Linköpings kommun - Sitio oficial (en inglés)
- Architecture in Linköping - Imaxes da arquitectura da cidade (en Sueco).
- Universidade de Linköping