Emacs
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Emacs son unha serie de editores de textos moi populares entre programadores informáticos e outros usuarios avanzados.
GNU Emacs, que fai parte do proxecto GNU, é a versión máis popular. O seu manual descríbeo como "un editor de texto en tempo real extensíbel, pesonalizábel e auto documentado". A versión máis recente é a 21.4.
O EMACS orixinal era un conxunto de macros (daí o nome Editor MACros) para o editor TECO escritos en 1975 por Richard Stallman xunto con Guy Steele. Inspirábase en ideas de TECMAC e TMACS, dous editores de macros de TECO escritos por Guy Steele, Dave Moon, Richard Greenblatt, Charles Frankston e outros. As dúas versións máis utilizadas na actualidade son GNU Emacs, iniciado por Richard Stallman en 1984 e que ainda mantén, e XEmacs, que se separou en 1991, se ben retén a compatibilidade. Os dous utilizan unha linguaxe de extensións potente, Emacs Lisp, que lles permite desde escribir e compilar programas informáticos até navegar pola web.
Hai quen distingue entre "Emacs" (con maiúscula inicial), para referirse aos editores derivados das versións creadas por Richard Stallman (en particular GNU Emacs e XEmacs) e "emacs" (en minúsculas), para referirse a todos os demais produtos independentes.
En Unix, Emacs é un dos principais contendentes nas tradicionais guerras entre os editores frente a vi.
O Emacs e un editor de texto e máis. O seu núcleo é un intérprete para o Emacs Lisp ('elisp', pra abreviar), un dialecto da linguaxe de programación Lisp con extensións para soportar a edición de textos. Algunhas das características que o GNU Emacs inclúe son:
- Contén unha considerábel cantidade de "modos maiores" para unha amplia variedade de tipos de arquivos, desde texto plano ata código fonte de ficheiros HTML.
- Unha completa documentación en liña, incluindo un tutorial para novos usuarios.
- Unha alta extensibilidade através da linguaxe Emacs Lisp.
- Soporte pra moitas linguaxes e a su grafía, incluindo todas as escrituras "latinas" europeas, ruso, grego, xaponés, chinés, coreano, tailandés, vietnamita, laos, Etiopía e algunhas escritas indias. (como broma, din que os xeroglíficos maias non están soportados.)
- Un longo número de extensións que suman outras funcionalidades. A distribución GNU Emacs inclúe moitas extensións; moitas outras están dipoñibles separadamente-- tal coma un navegador web.
[editar] Historia
En 1974 no MIT Richard Stallman modificou TECO, un editor de texto do laboratorio de Inteligencia artificial (IA) ao que se lle engadiron direrentes macros ata 1976 cando escribiú a primeira versión de Emacs (Editor Macros).
En 1978 un dos novos editores xurdidos de Emacs, MulticsEmacs foi escrito en MacLisp, unha versión da linguaxe de programción de Lisp. Grazas a súa extensibilidade mantivéronse nos seguientes editores Emacs ata hoxe.
En 1981 Emacs comeza a funcionar nos sistemas operativos UNIX.
A finais de 1983 unha compañia esixe os seus deretios de autor sobre parte do código escrito por eles ao redor de 1980. Stallman abandona enton o Emacs orixinal e comeza GNU Emacs, agora coa licenza GPL. É o primeiro programa creado polo Proxecto GNU co obxectivo de crear un sistema operativo libre.
En 1991, naceu XEmacs como programa xurdido de versións antigas de GNU Emacs e independente dende entón de este.