Enrique Marfany
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Enrique Marfany Oanes (A Coruña, 26 de febreiro de 1943 - ) é un político e funcionario da Xunta de Galicia. Está licenciado en Ciencias Económicas e autor de diversos traballos e artigos xornalísticos, a maior parte referidos ó desenvolvemento rexional.
Traballou como economista na AISS, no Instituto para a Reforma das Estructuras Comerciais (IRESCO) e foi membro do Consello de Administración do Banco de Crédito Local.
En 1977 comeza no Partido Galego Independente (PGI), que logo se integraría en UCD. En 1982 é elexido presidente da UCD en Galicia e membro do seu Consello Ejecutivo Nacional. En 1979 foi elexido concelleiro na Coruña e presidente da Diputación Provincial (ocupando os dous cargos ata 1987) e, en 1986, senador pola provincia da Coruña ata o seu cese o 2 de setembro de 1989. No ano 1986 funda Democracia Galega, formación política de ámbito galego e autonomista da que foi presidente ata a súa desaparición no 2002.