Democracia Galega
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Democracia Galega estivo presidida por Enrique Marfany, que permaneceu sete anos no panorama político galego ocupando o quinto posto entra as forzas a nivel autonómico, e o cuarto a nivel municipal.
O declive do partido de centro galeguista comezou tralos resultados das eleccións autonómicas do 21 de outubro de 2001 cando perderon o 40,9% do seu eleitorado, pasando de 17.000 votos a case 7.000 no 2001.
Democracia Galega acadou no 1999 o goberno municipal de Ordes e Touro (os dous en A Coruña), así como concelleiros no Corgo, Friol e A Pobra do Brollón en Lugo.
O 2 de xullo de 2002 anuncia a súa disolución como partido e a dirección pide aos seus militantes que se integren no Partido Popular de Galicia. O documento de desaparición final como formación política fírmase o 5 de xullo de 2002.