Enxeñaría Superior de Minas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Enxeñeiro Superior de Minas é un título universitario español. Un enxeñeiro superior de minas ten os coñecementos específicos para a súa especial aplicación no aproveitamento dos recursos naturais da Terra, aplicación dos mesmos na construcción dos materiales necesarios para o desenrolo da sociedade actual e futura; así como a creación e manexo adecuado das fontes de enerxía. Todo isto mantendo o equilibrio coa natureza, sendo o Enxeñeiro Superior de Minas un experto na creación de riqueza e desenrolo sostible, compatible co resto de actividades que a sociedade actual demanda.
A Intensificación de Enerxía e Combustibles ten asignaturas tecnolóxicas sobre enerxía eléctrica, térmica e frigorífica, hidraúlica, solar térmica e fotovoltaica, eólica, nuclear, biomasa, hidrocarburos e combustibles complementarios. Na investigación destaca o estudo e desenrolo de novas fontes de energía coa especial atención nas enexías renovables.
A Intensificación de Materiales e Metalurxia comprende metalurxia, siderurxia, mineralurxia, materiais cerámicos, plásticos e polímeros, e reciclado de metais. Na investigación destaca a bioenxeñaría.
A Intensificación Mineira e Medioambiental engloba explotacións mineiras e canteiras, túneles e taludes, infraestructuras de enxeñaría civil, sondeos, xeofísica e xeoquímica, explosivos, fotogrametría e teledetección, hidroloxía e medioambente. Nos últimos anos experimentouse un elevado interese polas rocas ornamentais no ámbito profesional.
O Enxeñeiro Superior de Minas ten competencias lexislativas profesionais para firmar proxectos de calqueira intensificación da carreira independentemente da que houbera cursado. Por isto establecese a diferenza entre intensificación e especialidade, que é unha ampliación técnica dos intereses do alumno non constatable no título. As competencias exclusivas según a lexislación española son:
- O uso de explosivos
- Os proxectos mineiros
- As obras subterráneas.
Según a historia o Enxeñeiro Superior de Minas naceu no 1777 ante a incipente chegada da primeira Revolución Industrial. Certos textos, franceses, dan nome á Enxeñaría de Minas de "nai das enxeñarías" Citado en:[1] (Web da escola de Minas de Paris). Insira aquí un texto non formatado Ligazóns relacionadas: Escolas Superiores
Escola de MInas de Vigo (PONTEVEDRA)
Escola de Minas de Oviedo (PRINCIPADO DE ASTURIAS)
Escola de Minas de Madrid (MADRID)
Escolas técnicas
...