Era cuaternaria
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Era Cuaternaria, ou Cuaternario, é unha era xeolóxica que se extende desde o final da Era Terciaria, é dicir, hai 1,64 millóns de anos, ata os nosos días. Coñécese esta era tamén como Antropozoica (iniciada hai 1 millón de anos) por ser nela cando apareceron os homínidos).
O Cuaternario divídese en dous períodos, Plistoceno e Holoceno. Actualmente négaselle a cualificación de era xeolóxica, preferindo referirse ao cuaternario como un sistema xeolóxico (xunto co Terciario), dentro da Era Zenozoica.
As glaciacións son o fenómeno climático máis importante deste longo período. Considérase que se produciron catro principais, cos seus consecuentes interperíodos. Estas glaciacións foron denominadas (seguindo a escola clásica que toma como referencia Europa central) co nome dos afluentes do Danubio onde se determinaron as primeiras observacións: Glaciación de Günz, Glaciación de Mindel, Glaciación de Riss e Glaciación de Würm.
Os depósitos continentais e costeiros xunto cos fondos mariños permítennos un coñecemento dos fenómenos que ocorreron, como o desenvolvemento das formacións morrénicas, fluvioglaciais, lacustres e eólicas (loess) ou a formación dos últimos relevos alpinos.
Respecto da flora, os fósiles que quedaron ofrécennos unha curiosa similitude coa actual. Máis cambios aconteceron na fauna, onde se aprecia a desaparición dalgunhas especies como os proboscídeos, o oso das cavernas ou o megacero. Pero a grande innovación na vida animal que se produce no Cuaternario é o desenvolvemento do xénero Homo.