Erik Satie
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Eric Alfred Leslie Satie (Honfleur, Calvados , 17 de maio de 1866 - París, 1 de xullo de 1925) compositor e pianista francés.
Entre outras cousas, Satie:
- Presentábase a si mesmo como "gimnopedista" (en 1887, pouco antes de escribir a súa composición máis famosa, as Gimnopedias)
- Colaborou con artigos en varios periódicos
- Chamábase a si mesmo "fonometrógrafo" (alguén que mide e escribe sons), prefirindo definirse asi antes que coma "músico"
- Poder ser considerado un procursor do serialismo, moito antes do século XX
- Foi unha das primeiras persoas en aparecer no cine, en 1924, nunha película de René Clair (véxase [1])
É máis coñecido como 'Erik Satie (cambiou, trala súa primeira composición en 1884 a 'c' final do seu nome por unha 'k'). Aínda que na súa vida posterior se enorgullecería de publicar sempre os seus traballos co seu nome propio, parece que houbo un corto período ó final da década de 1880 nos que os publicou co pseudónimo 'Virginie Lebeau'.
[editar] Vida e obra
[editar] Primeiros anos
A xuventude de Erik Satie trancorreu entre Honfleur, na baixa Normandía, e París. Cando tiña catro anos, a súa familia mudouse a París, onde ó seu pai Alfred lle ofreceran un traballo de traductor. Trala morte da súa nai (Jane Leslie Anton) en 1872, foi enviado xunto co seu irmán menor Conrad de volta a Honfleur, para vivir alí cos seus avós paternos. Foi aquí onde recibiu as súas primeiras leccións de música por parte dun organista local. Cando a súa avoa morreu en 1878 os dous irmáns reuníronse en París co seu pai, quen se volveu a casar cunha mestra de piano. Dende comezos da década de 1880, Alfred Satie comezou a publicar as súas composicións de salón (compostas pola súa nova esposa e el mesmo, entre outros).
En 1879 Satie entrou no conservatorio de París, onde axiña os seus mestres o etiquetaron como "falto de talento". Tras ser enviado a casa durante dous anos e medio, volveu a ser admitido no conservatorio a finais de 1885, pero non logrou causar mellor impresión ós seus mestres, así que un ano despois decidiu facer o servizo mlilitar; sen embargo, as poucas semanas tratou de saíu do exército.
En 1887 deixou a súa casa para aloxarse en Montmartre. Neste tempo comezou unha gran amizade co poeta romántico Patrice Contamine e coa axuda do seu pai publicou as súas primeiras composicións. Axiña se integrou coa clientela artística do café-cabaret Le Chat Noir e comezou a publicar as súas Gimnopedias. Seguiron as Ogives e as Gnossiennes entre outras. Neste mesmo periodo coñeceu a Debussy. En 1891 converteuse no compositor oficial e mestre de capilla da orde rosacruz liderada por Joséphin Péladan, a Ordre de la Rose-Croix Catholique, du Temple et du Graal. Para esta orde compuso pezas de inspiración mística, coma Salut Dapreau, Le Fils des étoiles, e Sonneries de la Rose Croix.
Satie e Suzanne Valadon, unha artista e amiga de Miguel Utrillo, comezaron unha relación en 1893. Axiña Valadon se mudou a unha vivenda cercana a de Satie na Rue Cortot. Satie obsesiounouse con esta muller, chamábaa a súa Biqui, e escribia apaisonadas notas sobre o seu ser completo, ollos encantadores, mans xentís e pés pequenos. Valadon pintou o retrato de Satie e deullo, pero ós seis meses mudouse, rompéndolle o corazón ó compositor. Durante a súa relación Satie compuso as súas Danses Gothiques, a modo de oración para facer regresar a paz a súa mente. Aparentemente, esta foi a única relación que tivo.
No mesmo ano coñeceu ó xovén Maurice Ravel, en cuias primeiras composicións exerceu unha notable influencia. Unha das composicións de Satie neste periodo, as Vexations, permaneceu descoñecida ata a súa morte. Ó fin do ano fundou a Eglise Métropolitaine d'Art de Jésus Conducteur (Iglexa Metropolitana da Arte de Cristo o Guía). Como o seu único membro n o papel de "Parcier et Maître de Chapelle" comezou unha composición dunha Grande Messe (despois coñecida como a Messe des Pauvres), e escribiu un caudal de cartas, artigos e panfletos mostrando a súa convicción en temas relixiosos e artísticos.
[editar] Ligazóns externas
- Lista completa das composicións de Satie.
- Satie Home page — sitio web enteiramente adicado a Erik Satie, inclúe pezas musicais.
- Partituras de Erik Satie.