Talk:España
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Por que se emprega o termo "Castilla e León" no canto de "Castela e León"?
- Supoño que non será máis ca un erro ;) --Alyssalover(talk) 14:34, 15 Mar 2005 (UTC)
- Estou contigo--Luisinho(fala comigo) 16:04, 15 Mar 2005 (UTC)
[editar] Dúas posibilidades
- Castilla ou Castela (eu prefiro Castela)
- Nome do Rei: Juan Carlos ou Xoán Carlos (ambos os dous aparecen)
- País Valenciano ou Comunidade Valenciana (decántome pola segunda)
- A Rioxa ou La Rioja (coido que vin xa nalgures unha discusión sobre este tema)
Admítense suxerencias ;-) --Luisinho(fala comigo) 19:10, 15 Mar 2005 (UTC)
- O debate debería estar na Taberna, creo que algo se discutiu hai tempo, non sei como quedaron as posicións, en todo caso eu creo que debería ser Castela, o nome dos reis en galego (é política xeral en case todas as linguas traducir os nomes dos reis), Comunidade Valenciana por ser a forma oficial, e de poñermos Castela tamén deberiamos poñer A Rioxa.--Rocastelo 19:54, 15 Mar 2005 (UTC)
- Con respecto ás comunidades e provincias españolas a política de nomes é igual que sobre as cidades do mundo, aparece en Wikipedia:Política e normas:Toponimia, no punto Toponimia de España está explicado. Este punto modificouse, en principio só se admitían os nomes oficiais e logo pasouse á redacción actual. Se aparecen polas páxinas nomes que non seguen a política aprobada e porque non se traballou nesa parte da Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:28, 15 Mar 2005 (UTC)
-
- Todo aclarado. Agora, ¡mans á obra!Saúdos--Luisinho(fala comigo) 21:51, 15 Mar 2005 (UTC)
[editar] Aviso de CommonsTicker
As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.
- ALE! engadido marcador de borrado No license en Image:Flag_of_Portugal.svg: no license(diff);
-- CommonsTicker 14:16, 15 febreiro 2007 (UTC)