Estados Confederados de América
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema: Deo Vindice
("Con Deus como o meu reivindicador") |
|||
![]() |
|||
Idioma | Inglés, núcleos doutras linguas europeas, africanas e ameriindias. | ||
Capital | Montgomery, Alabama 4 de febreiro de 1861–29 de maio de 1861 Richmond, Virxinia 29 de maio de 1861–3 de abril de 1865 Danville, Virxinia 3 de abril–10 de abril de 1865 |
||
Cidade máis grande | Nova Orleans | ||
Presidente | Jefferson Davis | ||
Independencia - Disolución | Dende o 4 de febreiro de 1861 até o 23 de xuño de 1865. | ||
Área Total | 1,995,392 km² | ||
Poboación (est. 1860) | 9,103,332 | ||
Moeda | dolar CSA | ||
Himno nacional | God Save the South (Deus garde o Sul). |

Os Estados Confederados de América foi unha confederación de estados de breve duración que existiu entre 1861 e 1865, durante a Guerra Civil Norteamericana. Situábase en América do Norte, ocupando a porción do sur dos Estados Unidos. Debido a que a súa existencia nunca foi recoñecida, a súa fronteira septentrional é incerta, pero a súa fronteira meridional chegaba até México, o Océano Atlántico e o Golfo de México.
Durante a maior parte da súa existencia, o estado estivo en guerra coa Unión, xeneralmente en situación defensiva. Sen embargo, o exército do norte de Virxinia, baixo as ordes do xeneral Robert E. Lee, fixo algunhas incursións ofensivas no territorio norteño.