Estreito de Carquinez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O estreito de Carquinez é un estreito situado no norte de California. Forma parte do esteiro dos ríos Sacramento e San Joaquín que drenan na baía de San Francisco. O estreito conecta a baía de Suisun, que recibe as augas deses ríos, coa baía de San Pablo, unha extensión polo norte da baía de San Francisco. Limita a fronteira entre os condados de Solano (ao norte) e Contra Costa (ao sur), e está aproximadamente a 25 quilómetros de Oakland. As cidades de Benicia e de Vallejo sitúanse no lado do norte do estreito, mentres que Martinez sitúase na costa sur. Dúas pontes cruzan o estreito, ponte de Carquinez e ponte de Benicia-Martinez. A canle é navegable e utilízanos navíos comerciais e militares.