Estreleira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A bandeira estreleira é a bandeira que simboliza a loita pola independencia da Galiza. Consiste na bandeira oficial pero cunha estrela vermella no centro, no lugar do escudo.
Esta modalidade da bandeira de fraxa azul é utilizada polo nacionalismo de esquerdas, e por iso ás veces asóciase tamén a estrela vermella do medio coa esquerda política, galeguista ou non. Está hoxe moi extendida na Galiza por mor do espallamento do nacionalismo nos últimos anos. A estrela vermella foi creada por militantes comunistas da UPG (Unión do Povo Galego) polos anos 60 lembrando a estrela vermella da bandeira dos varios países socialistas do leste, aínda que nun artigo de Nova Galiza do 36, Castelao fai mención a unha bandeira galega cunha estrela vermella que lle engadían os galeguistas.
Hoxe úsase coma reclamo na defensa do nacionalismo galego. Todos os partidos políticos nacionalistas de esquerda de Galiza (Nos-UP, FPG, BNG...) úsana coma símbolo. Ademais o BNG ficou con ela no seu logotipo. A xente utilízaa nas manifestacións populares coma reivindicación.
Non ten unhas medidas precisas, xa que a estrela vermella que vai no centro ás veces vai aliñada coa franxa azul, ademais de que habería que recalibrar o ángulo da franxa azul para que a estrela fique no medio e non saia del.
Outro caso de bandeira oficial na que se inclúe unha estrela vermella é a estrelada catalana (Estelada en catalán).