Talk:Estreleira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
porque citar iugo-eslavia en particular? a estrela representa o socialismo e por iso figuraba na bandeira dos países ex-socialistas e socialistas, non ao revés... quitei esta parte.
"A estrela vermella foi creada por militantes comunistas da UPG (Unión do Povo Galego) alá polos anos 60 lembrando a estrela vermella da bandeira de Iugoslavia e outros países do leste"
- Eu tan só coñezo a palabra de lela nalgúns foros, de non se achegar unha referencia válida estou de acordo en procurar outro nome para o artigo.--Rocastelo(fálame aquí) 22:12, 28 abril 2006 (UTC)
- A palabra estreleira non atopase en documento oficial algún, pero moita xente utiliza a palabra para referirse a ela e moitas organizacións fan o propio. Non é unha bandeira oficial, polo que non atoparedes a definición do nome, pero se a xente adoita chamala así, penso que debería ficar o nome como está.--Spacorum(fálame aquí) 21:38, 2 maio 2006 (UTC)
- Non se trata de que sexa oficial ou non. Trátase de saber se realmente se emprega a forma, para iso hai que establecer quen a emprega, non abonda dicir moita xente ou algunha xente ou algúns, máis ben que organizacións, en que revistas, medios de comunicación, libros ou algo que sexa comprobable.--Rocastelo(fálame aquí) 19:53, 2 maio 2006 (UTC)
- Galiza Nova fai uso da palabra, e o portal vieiros creo lembar que fixo uso da palabra nun artigo, nom me lembro cal.--Spacorum(fálame aquí) 22:03, 2 maio 2006 (UTC)
- Asocia-las reivindicacións independentistas coa ideoloxía esquerdista pode levar a erro. --Adalbertofrenesi(fala) 16:33, 16 xuño 2006 (UTC)
- É unha bandeira inspirada na bandeira de Cuba. A estreleira ten connotacións esquerdistas. --PortoFaládeme aquí 16:43, 16 xuño 2006 (UTC)
- Refírome a (e cito textualmente): A bandeira estreleira é a bandeira que simboliza a loita pola independencia da Galiza. Pregúntome que diría Vicente Risco diso, --Adalbertofrenesi(fala) 17:00, 16 xuño 2006 (UTC)
- Outro punto, e cito do artigo: Todos os partidos políticos nacionalistas de Galiza (Nos-UP, FPG, BNG...) usan a bandeira coma símbolo, iso non é verdade, xa que o PNG-PG é un partido nacionalista e non a ten como símbolo. Cecais habería que trocar a frase por algo como: Todos os partidos políticos nacionalistas esquerdistas de Galiza (Nos-UP, FPG, BNG...) usan a bandeira coma símbolo. --Adalbertofrenesi(fala) 15:46, 26 xuño 2006 (UTC)
- O PNG-PG está dentro do BNG, polo que acepta a estreleira coma símbolo. --Spacorum(fálame aquí) 20:44, 26 xuño 2006 (UTC)
- O seu símbolo é unha estrela verde cun motivo xeométrico inscrito. A estrela vermella, repito, non representa ó nacionalismo galego, en todo o caso ó de esquerdas (e aínda non estou seguro de se a todo o nacionalismo de esquerdas) :-) --Adalbertofrenesi(fala) 18:55, 26 xuño 2006 (UTC).
[editar] Aviso de CommonsTicker
As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.
- ALE! eliminada Image:Estreleira_bandeira.svg: duplicate image;
-- CommonsTicker 02:16, 12 marzo 2007 (UTC)