Eumetazoa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os Eumetazoos ou (Eumetazoa) son os animais que presentan tecidos propiamente ditos; comprenden a totalidade dos metazoa, coa única excepción dos Parazoa (as esponxas, nas que en lugar de tecidos existe unha organización similar a unha colonia), os extintos Archaeocyatha, os Phagocytellozoa ou Placozoos, e os Mesozoos.
Os eumetazoa caracterízanse por ter capas xerminativas, como son o ectodermo, endodermo e opcionalmente mesodermo, por formar auténticos tecidos a partir da especialización celular, pola posesión de órganos, e por ter unha cavidade dixestiva limitada por un orificio bucal, que pode perderse por adaptación o parasitismo.
Dentro dos eumetazoa, a maioría pertence a rama dos Bilateria. Fora deste só contan dous filos que presentan simetría radial, carecen de órganos propiamente ditos e teñen cavidades dixestivas cunha soa abertura, que cumpre funcións tanto de inxestión como de excreción. Estos son os Cnidaria, (que abarca as anémonas, os corais e as medusas) e os Ctenophora.
Os Bilateria, pola súa banda, presentan simetría bilateral, órganos diferenciados e un corpo triploblástico, coas tres capas xerminativas ben diferenciadas.
[editar] Clasificación
- Eumetazoa
- Radiata, Diblastica, Diploblastica, Coelenterata
- Cnidaria
- Ctenophora
- Bilateralia, Triblastica, Triploblastica
- Protostomia
- Lofoforados
- Deuterostomia
- Radiata, Diblastica, Diploblastica, Coelenterata