Extinción dos dinosauros
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Extinción K-T ou Evento K-T foi unha extinción en masa ocorrida hai máis ou menos 65,5 millóns de anos, que marca o fin do período Cretáceo (K) e o inicio do período Terciario (T). Este evento tivo un enorme impacto na biodiversidade da Terra de entón e acabou cos dinosauros e outros répteis xigantes. O rexistro estratigráfico mostra que o desaparecimento abrupto das formas extintas coincide cun nivel rico en iridio (o nivel K-T), un elemento químico pouco abundante na Terra e xeralmente asociado a corpos extra-terrestres ou a fenómenos volcánicos. Hai varias teorías para explicar a extinción K-T, mais a máis aceptada ata entón é a que xustifica a catástrofe como resultado da caída dun asteroide.
Índice |
[editar] Impacto na biodiversidade
A extinción K-T, a pesar de non ser a maior extinción en masa do rexistro xeolóxico, é a máis coñecida debido ao desaparecimento dos dinosauros. Este evento matou preto do 26% das familias existentes, tanto de organismos terrestres como mariños que desapareceron ao mesmo tempo. Os grupos máis afectados foron os répteis e os moluscos. Seguese unha lista dos grupos que se extinguiron no final do Cretáceo:
- Dinosauros: foron as vítimas máis coñecidas desta extinción; todo o grupo desapareceu da Terra.
- Plesiosauros: répteis prehistóricos mariños; grupo eliminado;
- Pterosauros: répteis prehistóricos voadores; grupo eliminado;
- Mosasauros: répteis escamados mariños; grupo eliminado;
- Aves: extintas as ordes Enantiornithes e Hesperornithiformes; o grupo sobrevive ata os días de hoxe como os únicos descendentes directos dos dinosauros. Mentres a longa escala de evolución que ocorreu nos últimos millóns de anos apagou a maior parte das semellanzas que deberían existir entre as aves actuais e os dinosauros;
- Rudistas: molusco bivalvos construtores de recifes; grupo eliminado;
- Amonites: cefalópodos de concha espiralada; grupo desaparecido;
- Belemnites: cefalópodos con rostrum en forma de bala; grupo desaparecido.
Para alén destes grupos, desapareceron tamén moitas familias de foraminíferos, equinodermos, corais e esponxas. Mais a extinción de animais e vexetais non foi o único impacto deste evento na biodiversidade: estes desaparecimentos posibilitaron a radiación adaptativa dos grupos que sobreviveron nos nichos ecolóxicos que ficaron baldeiros. O mellor exemplo deste fenómeno foi a explosión de diversidade dos mamíferos, que ata entón eran animais de pequeno porte, solitarios e nocturnos.
[editar] Teorías
Existen moitas teorías que tentan explicar a extinción ocorrida hai máis ou menos 65 millóns de anos, mais nengunha foi, ata hoxe, totalmente comprobada.
[editar] Impacto con asteroide
O físico estado-unidense Luis Walter Alvarez foi o primeiro a propor a idea de que os dinosauros terían morrido debido a un grande impacto. Esa idea evoluiu e actualmente a hipótese de que un asteroide teña caído na Terra desponta como a mellor teoría para explicar o fin dos dinosauros. O primeiro indicativo de que esa teoría sería verdadeira surxiu en 1978 coa descoberta dunha fina capa de iridio nas rochas que se formaron no fin do período Cretáceo. O iridio é un elemento raro atopado con frecuencia en asteroides e cometas. O segundo indicativo a favor desa teoría veu coa descoberta dun enorme cráter soterrado en Chicxulub, México, medindo preto de 180 quilómetros de diámetro. Ao que todo indica, o asteroide que caiu no México tiña máis de 10 quilómetros de diámetro e o impacto del coa Terra liberou enerxía equivalente ao de 5 billóns de bombas atómicas como a usada sobre Hiroshima en 1945. Un impacto desas dimensións tería erguido poeira e terra suficientes para tapar a luz do Sol durante anos, matando así a maior parte das especies vexetais. De unha forma simplificada, sen os vexetais os dinosauros herbívoros acabaron morrendo de fame e sen estes para se alimentar, os carnívoros morreron tamén. Esa reacción en cadea tería causado a extinción total dos dinosauros.
Aínda que bastante consistente, a teoría da caída dun asteroide na Terra hai 65 millóns de anos pode non ser correcta: recentes investigacións demostraron que o asteroide que supostamente tería matado os dinosauros caiu 300 mil anos antes do grande exterminio.
Tamén existe a posibilidade de que millares de anos despois da caída do asteroide na América do Norte outro asteroide tería chocado co planeta, mais desa vez o impacto tería sido no océano e, por iso, os seus vestixios aínda non foron atopados. Dependendo do tamaño dese suposto segundo asteroide, o impacto no océano tería causado inmensos tsunamis que terían varrido a costa de varios continentes e concluído co exterminio dos dinosauros. En 1987 atopouse un cráter submarino coñecido como cráter da Nova Escocia, e que a pesar de ser improbable que teña sido responsable da morte dos dinosauros, dá aos científicos unha boa idea do que tería realmente acontecido hai 65,5 millóns de anos.
[editar] Caída de cometa (non de asteroide)
Se o que matou os dinosauros foi unha rocha vinda do espazo, iso non significa que teña sido un asteroide pesado e masivo. Na verdade, pode ter sido unha choiva de cometas. Esa posibilidade deriva da ausencia dun cráter dun impacto no exacto momento en que os dinosauros terían sido extintos. De feito, os cráteres xa atopados están datados de moitos millares de anos antes ou despois da extinción dos dinosauros, o que leva a crer que o que matou os dinosauros non formou un cráter. Se foi un cometa e non un asteroide, existe unha grande posibilidade de que este estoupase violentamente na atmosfera antes de tocar no chan. Esa explosión é suficiente para causar un grande estrago, dependendo directamente do tamaño e da composición do cometa. Sen embargo, ese tipo de fenómeno é moi raro. A última vez que iso aconteceu foi en 1908, cando 18 quilómetros de floresta foron destruídas na Siberia, no que ficou coñecido como Evento de Tunguska.
Se un cometa só é capaz de destruir un bosque enteiro, é probable que unha inmensa choiva deses cometas fose capaz de varrer o mundo enteiro, causando unha devastación equivalente a aquela que matou os dinosauros. A presenza de iridio nas rochas do fin do Cretáceo é facilmente explicada por esa teoría. Xorde, entón, a cuestión da causa de tal choiva de cometas e de onde viñeron eses obxectos, xa que os grandes cometas son relativamente raros e solitarios no Sistema Solar. En todo o espazo arredor do Sol, unha tal concentración de cometas ocorre apenas na Nube de Oort - unha rexión moi afastada do Sistema Solar e con pouca interacción coa gravidade da nosa estrela ou dos demais planetas coñecidos. Nengún fenómeno coñecido actualmente podería ter arremesado tantos millóns de cometas da Nube de Oort contra a Terra. Ese feito, non obstante, pode explicarse por tres teorías menores:
- O Sol pode ter unha escura e pequena estrela compañeira que aínda non detectamos, chamada Némesis, que o circunda nun período de moitos millóns de anos. En algún momento, ao longo da súa órbita, a estrela pasaría pola Nube de Oort enviando billóns de cometas ao Sistema Solar, moitos millóns dos cales acabarian atinxindo a Terra. Mais, é moi improbable que o Sol teña unha estrela compañeira aínda non detectada, por máis escura e pequena que sexa. Existindo, algún vestixio dela xa debería ter sido atopado.
- Outra posibilidade semellante é a existencia dun gran planeta moi distante e aínda non detectado, denominado Planeta X, cuxa órbita variante podería pasar por baixo ou por cima da Nube de Oort a cada moitos millares de anos. Nalgún momento das súas variacións na órbita, el podería atravesar a Nube de Oort, enviando billóns de cometas para o Sistema Solar, moitos (talvez millóns) dos cales poderían atinxir a Terra. A existencia dese planeta, entrementres, aínda non foi comprobada.
- A hipótese máis probable é a de que cometas aparezan en inmensa cantidade no Sistema Solar cando o Sol, no seu percurso ondulante arredor do centro galáctico, atravesa a mediana da Vía Láctea, a rexión que marca a liña recta en relación ao centro. Iso ocorre cada 33 millóns de anos e pode traer problemas. Segundo os científicos, o mediano está cheo de estrelas, asteroides, cometas e poeira interestelar.
O maior problema desta teoría é que non existen probas concretas destes acontecimentos, e moito menos se sabe se eles serían suficientes para exterminar tantas especies diferentes.
[editar] Erupcións volcánicas
Unha outra teoría consistente é a de que grandes erupcións volcánicas teñan ocorrido hai 65 millóns de anos e teñan durado por millares de anos. Nese tempo, mares de lava basáltica terían sido expelidos a través da codia terrestre na faixa de terra que forma hoxe o planalto de Deccan, no centro da India. As erupcións terían liberado gases e poeira suficientes para envenenar toda a atmosfera, impedindo que a luz do Sol alcanzase a superficie do planeta. Esa catástrofe natural tería causado un estrago semellante ao dun asteroide, sendo que a extinción das especies ocorrería na mesma orde da cadea alimentar: primeiro, morren os vexetais, que sen a luz do Sol non conseguen realizar fotosíntese; despois, os dinosauros herbívoros que se alimentaban dos vexetais e, en secuencia, os dinosauros carnívoros que se alimentaban dos dinosauros herbívoros.
Esa teoría tamén é fruto da descoberta de iridio en rochas do fin do período Cretáceo xa que no interior da Terra o iridio está presente en pequenas cantidades e normalmente non sobe á superficie a menos que haxa erupcións vulcánicas.
[editar] Alteracións climáticas
Outra teoría diverxente propón violentas mudanzas no clima, durante as cales houbo unha caída acentuada na temperatura global, terían causado a inundación de longas áreas de terra e a morte súbita de especies vexetais sensibles a esas mudanzas climáticas. Con estas inundacións, centenas de especies tiveron que migrar para novas áreas que, probabelmente, non comportaban condicións para a súa sobrevivencia. Moitos dinosauros nen sequer puderon migrar, pois, os campos onde vivian foron alagados por completo, por todos os lados. A maior parte da vida vexetal foi gravemente afectada, levando os dinosauros que conseguiron escapar das áreas inundadas a morrer por falta de comida.
Esa teoría xeneraliza demais os aspectos da extinción K-T e por iso non ten sido moi aceptada. Non se pode comprobar que tantas especies vexetais morrerían debido a unha mudanza no clima e, mesmo que a maioría morrese, considerase que algunhas especies pudesen sobreviver e continuar servindo de alimento para alguns dinosauros herbívoros que non terían morrido coas alteracións no clima, xa que moitos vivian en rexións altas que non foron alagadas. Outro feito importante é que moitos dinosauros eran grandes dabondo para se protexer do frío e ata mesmo do calor, se fose o caso.
[editar] Dúas catástrofes distintas
A descoberta de que a extinción dos dinosauros tería ocorrido millares de anos despois da caída do asteroide obrigou, con todo, a reconsiderar todas as teorías alternativas anteriormente propostas.
Surxe entón unha nova hipótese, actualmente moito máis aceitada que as demais, segundo a cal o asteroide non tería, só por si, levado ao desaparecimento dos dinosauros , mais tería actuado en conxugación con outro fenómeno distinto, cuxa acción se manifestou apenas millares de anos máis tarde. De feito, é moito probable que despois da caída do asteroide, as alteracións climáticas significativas que se terían verificado teñan concorrido para o desaparecimento das restantes especies animais e vexetais. Esta "nova" hipótese explicativa corresponde de feito á "unión" doutras dúas teorías preexistentes.
[editar] Outras teorías
De entre as teorías que non acusan fenómenos naturais como unha causa para o fin dos dinosauros, a máis probable é a de que pequenos mamíferos omnívoros surxiron no fin do período Cretáceo e proliferaron axiña, como unha praga. Tais mamíferos alimentaríanse de ovos de dinosauro, vexetais, frutas e pequenos lagartos. Á medida que eses pequenos animais ían proliferando e comendo máis ovos e máis vexetais, o crecimento da súa poboación aceleraba, comezando unha devastación sen precedentes. Se iso de feito ocorreu, a multiplicación desa especie tería que ter sido suficientemente rápida para suprir calquer forma de defensa evolutiva dos dinosauros ou dos vexetais do fín do Cretáceo. Eses pequenos mamíferos terían consumido boscos e especies enteiras de vexetais quitandolle aos dinosauros herbívoros boa parte do seu alimento. Como eron omnívoros, ao comeren pequenos animais e ovos de dinosauro, terían terminado por exterminar boa parte das formas de vida daquela época.
Esa teoría non foi moi asimilada porque alguns continentes estaban separados por océanos. Non había, con todo, meio de atravesaren o mar para se proliferar por todas as rexións do globo, a non ser que voasen, mais nese caso terían de ser aves e non mamíferos. Outro detalle importante é que non se atoparon esqueletos fóseis destes animais. Mesmo que fosen moi pequenos para que os seus ósos resistisen ata hoxe, xa terían sido atopados vestixios. As especies mamíferas daquel tempo que xa se coñecen non terían capacidade para exterminar os dinosauros.
Outra teoría menos probable que as anteriores propón que unha estrela próxima tería estoupado e liberado feixes mortais de raios-X que terían atinxido a Terra. Só que esa teoría ten un problema: se feixes de raio-X atinxisen o planeta nesa proporción non teríamos "só" 2/3 da vida na Terra extinta senón moito máis, quizais 3/4 ou 4/5. Ademais, durante décadas de investigacións espaciais non se atoparon vestixios de tal estrela.
[editar] Teorías obsoletas
Outras cinco teorías moito estudadas hai décadas atrás son actualmente consideradas obsoletas:
- Unha outra teoría suxere que a evolución dos dinosauros acabou "producindo" criaturas desaxeitadas demais e moi vulnerables aos perigos do meio. Esa teoría ten como base o surximento de dinosauros con cabezas enormes e golas no pescozo no fín do período Cretáceo. Mentras, os científicos probaron que esas características tiñan a súa utilidade, non tornando o dinosauro máis vulnerable aos perigos. O tiranosauro rex, por exemplo, posuía unha cabeza enorme, o que talvez lle dificultase a locomoción, mais iso permitia que engolise grandes cantidades de carne dunha só vez e matase súas vítimas dunha soa roída.
- A última das teorías consideradas obsoletas podería ata ser considerada verdadeira se os continentes non estivesen separados por océanos: propónse que unha epidemia mundial extinguiu todas as especies de dinosauros. É, sen embargo, pouco probable que unha soa doenza matase tantas especies diferentes. De feito, se houbo unha epidemia que matou todos os tricerátopos non significa que afectara tamén os paquicefalosauros ou outros. De calquer forma, esa teoría non explicaría o desaparecimento conxunto de especies vexetais e outros animais. Alén diso, para se espallar por todo o mundo, o virus ou a bacteria causador da doenza precisaría atravesar o océano para poder infectar máis animais, o que sería extremamente difícil de acontecer.
[editar] Ficción científica e cinema
O cinema e a ficción científica desde sempre que se interesaron por temas de difícil explicación. No caso da extinción ocorrida no fin do Cretáceo, podemos referir filmes como Armageddon e Impacto Profundo que presentan como certa a teoría da caída dun asteroide - a máis probable de todas, como visto anteriormente.
Hai incluso algúns filmes de fantasía que fan referencia ao fin dos dinosauros. Un bon exemplo diso é o filme Reino de Fogo, que conta a historia dunha especie de dragón prehistórico que tería se multiplicado aos millóns no fin do Cretáceo, queimando florestas e continentes inteiros en busca de alimento. Cando, finalmente, as especies animais e vexetais se extinguiron, os dragóns ficaron sen alimento disponible, pasando a comérense uns aos outros ata que uns poucos restantes, adormeceron en cavernas subterráneas en que permaneceron ata hoxe. O filme propón tamén que as cinzas provenientes desa devastación tivesen causado a era glacial e que moitos pobos antigos transformaron os dragóns en mitos e lendas por non saber explicar a face real da súa existencia. O filme non propón, de feito, unha teoría (nen esa é a función dun filme de ficción), ata porque a existencia de dragóns na prehistoria continua sendo ficción, mais a posibilidade dunha especie aínda descoñecida ter exterminado boa parte da vida na Terra hai 65 millóns de anos atrás é unha teoría relativamente consistente.
[editar] Ligazóns Externas
- Site da NASA relacionado (en inglés)
- Lista dos maiores impactos de asteroides coa Terra (en inglés)