Faro de Candás
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Faro de Candás está situado en Candás, concello de Carreño, Principado de Asturias, (España), no cabo de San Antonio, na marxe occidental do porto de Candás, ó que serve de abrigo dos ventos do oeste.
En funcionamento desde 1917 na súa localización actual, xa que na anterior de 1904 na Peña de los Ángeles, non existía posibilidade de construír unha casa para o fareiro. En 1955 empezou a funcionar a sirena.
O edificio é rectangular de dúas alturas con torre troncopiramidal adosada á cara norte do edificio.
A altura sobre o nivel do mar é de 40 metros e de 12 metros sobre o terreo.
Está construído case ao bordo do rochedo.
O seu alcance é de 15 millas mariñas e as súas coordenadas son: 43º 35,599 N e 05º 45,754 W.